Ecoloxía A Costa Prácticas mafiosas en Quilmas contra os opositores ás piscifatorías
Prácticas mafiosas en Quilmas contra os opositores ás piscifatorías
Mércores, 03 Setembro 2008 17:27


Este venres ADEGA e veciños de Quilmas denunciaron ante o SEPRONA as obras de tapado da tubería de vertido da Piscifactoría de Quilmas (Carnota). Unha pala mecánica amorea rochas da costa (protexida pola Rede Natura) sobre a tubería de vertido da planta para disimular e facer menos visíbel a auga contaminada procedente da piscifactoría de Stolt. Logo desta denuncia, atentaron por oitava vez en poucos meses contra as propiedades do presidente da Plataforma de Quilmas.
 
Estes actos vandálicos repítense de xeito recurrente sempre que denunciamos actividades agresivas ou vertidos da piscifactoría de Stolt en Quilmas, que o Plano Acuícola vai ampliar de 25.000 a máis de 280.000 m2. Ao noso entender, estas accións tampouco son alleas á recente aprobación dun Plano Acuíola que lexitima e fomenta as práticas contaminantes destas empresas por toda a costa.
O SEPRONA realizou xa unha visita a estas obras, que aparentemente non tivo repercusión xa que os traballos continúan. ADEGA e os veciños descoñecemos as consecuencias desta dilixencia xa que non fomos informados se efectivamente contaban permisos pertinentes para poder obrar na costa protexida do LIC Carnota-Monte Pindo, pertencente á Rede Natura 2000.
 
Hoxe mércores 3 de setembro apareceron por oitava vez en poucos meses danos no invernadoiro propiedade de Xose Manuel Casais, Presidente da Plaraforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas e á súa vez de ADEGA-Costa da Morte. Estes actos vandálicos claramente planificados repítense de xeito recurrente días despois de denunciarmos actividades agresivas ou vertidos realizados pola Piscifactoría de Stolt Sea Farm en Quilmas, que o recén aprobado Plano Acuícola pretende ampliar dende os 25.000 m2 actuais até máis de 280.000 m2. Ao noso entender, estas accións tampouso son alleas á aprobación dun Plano Acuíola que lexitima e fomenta as práticas contaminantes destas empresas por toda a costa. En ocasións anteriores ADEGA denunciou estes feitos reiteradamente ante a Garda Civil de Muros, comunicándollos tamén a AROGA (Asociación de Productores de Rodaballo de Galiza) que se desmarcaron dos feitos e apontaron a iniciativas particulares de operarios da piscifatoría.
 
ADEGA e a Plataforma de Quilmas queren denunciar publicamente estas tácticas mafiosas de acoso e coacción aos veciños, polo feito de vivir e producir nunha costa que queren defender do expolio e contaminación provocada pola acuicultura industrial. Alén de condenarmos estas vergoñentas tácticas intimidatorias, queremos advertir aos seus autores que non van conseguir erosionar a oposición veciñal ás desfeitas das macroplantas acuícolas, nin disuadir a ADEGA de seguir denunciando os seus desmáns. Finalmente, esiximos tamén ás forzas de seguridade que investiguen estas prácticas reiteradamente denunciadas e poñan aos responsábeis a disposición da xustiza.
 
 
0 Votes
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: