Defende as Nosas Rías - 5 de Xuño en Muros

ADEGA - Este ano, no Día Mundial do Medio Ambiente varios colectivos ecoloxistas galegos decidimos reivindicar, xunto con plataformas cidadás e o sector pesqueiro-marisqueiro ó coidado polas nosas rías e denunciar as ameazas e agresións ás que están sometidas: salmonicultura, piscifatorías, recheos, verteduras, infraestruturas agresivas, portos deportivos...

Pedímosvos que participedes na manifestación do domingo 5 de xuño ás 12h en Muros. Todas as reivindicacións que teñen a ver coa conservación do noso litoral teñen cabida e, como sabedes ademáis, a cuestión acuícola vai voltar a estar de actualidade este verán cando a Xunta apresente o contido do Plano Director de Acuicultura.

Dende ADEGA, en colaboración coas confrarías da ría, pretendemos facer do día 5 unha xornada reicindicativa pero tamén festiva. Estamos a organizar un xantar polular con sardiñas, broa e millo (e música, por suposto) para lle dar un toque de troula á xornada, xunto con actuacións musicais, polo que será benvida calquera axuda que nos poidades achegar.

ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza)
Travesa dos Basquiños 9, baixo
15740 Santiago de Compostela
Tel. e fax: 981 570099
www.adega.info
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.