Ecoloxía A Costa 5ª Marcha a Pé: Ferrol > Mugardos - 22 de Xullo
5ª Marcha a Pé: Ferrol > Mugardos - 22 de Xullo
Venres, 15 Xullo 2011 01:17

Aquí tedes 10 boas razóns pra defender a Ría de Ferrol e as súas xentes e marchar a pé dende Ferrol até Mugardos:

1ª Porque almacena o equivalente a mais de 12 millóns de bombonas caseiras, o que no caso dun accidente, provocaría unha devastación de difícil cuantificación. No accidente de "Els Alfacs", que matou a 243 persoas, e fireu a máis de 300, a cantidade de gas equivalía tan só a 2000 bombonas.

2ª Porque os gaseiros só poden entrar e saír na ría cando se dan as axeitadas condicións meteorolóxicas (vento e visibilidade) e marea diúrna. No caso de accidente nun buque, durante a manobra de entrada, atraque ou descarga, sería imposíbel aparta-lo da planta e das zonas poboadas.

3ª Porque Reganosa colle da Ría, esteriliza e verte, clorada e a baixa temperatura, perto de 300.000 toneladas de auga ao día. Ademais, promove xunto á Autoridade Portuaria, un proxecto para dragar os fondos da Ría, que pertencen á Rede Natura pola súa riqueza en vida mariña. Aínda dragando a Ría, os gaseiros cargados con LNG, seguirían a ter dificultades para entrar e saír.

4ª Porque os 40 postos de traballo que crea Reganosa, non son comparábeis aos 400, da actividade marisqueira e pesqueira, que pon en perigo esta instalación, tanto polo tratamento da auga como pola súa intención de dragar a Ría.

5ª Porque ten pegado un complexo petroquímico, Forestal do Atlántico, e  Imegasa, que almacenan 280.000 m3 de produtos tóxicos e perigosos que no caso dun accidente, pode provocar un efecto dominó de consecuencias devastadoras.

6ª Porque, como ven denunciando o Comité Cidadá de Emerxencia, desde o inicio do proxecto no ano 2000, Reganosa supón o caso de maior corrupción político-empresarial da nosa comunidade, porque só responde á cobiza dos seus promotores, o Grupo Tojeiro, que obtiveron pola venda dos terreos e a concesión portuaria,  perto de 30 millóns de euros de beneficio.

7ª Porque incumpre todas as normativas que se lle esixen a unha instalación destas características, Directiva Europea 96/82/CE - Lei Seveso II, NFPA 59 A, Regulamento 2414/1981 Raminp, UNE-NE 1532, R. D. 6/2001 do 8 de maio sobre Evaluación de Impacto Ambiental, Directiva europea 97 /11 /CEE, R.D. Lexislativo 1302/1986 do 28 de xuño, Directiva europea 85/337/CEE.

8ª Porque existen tres sentencias condenatorias, e moitas causas abertas por denuncias, en distintas institucións xudiciais e no Parlamento Europeo.

9ª Porque é unha instalación innecesaria e deficitaria, funciona só a un 40% da súa capacidade e encarece o recibo do gas. Reganosa presionou para fechar o gaseoducto que viña de Tui, que viña suministrando gas, que era suficiente para cubrir a demanda de gas.

10ª Porque, como se demostrou en Xapón, os accidentes existen, e as condicións improbábeis suceden. Polo tanto a única medida efectiva é apartar as instalacións perigosas dos núcleos de poboación. Exemplos existen: Cleveland, Les Alfaques, Aoxaca, Shanghai, Skikda, Houston, Gaoqiao... Non permitamos que a nosa comarca aumente esta tráxica lista!

Nunca é tarde para loitar pola Ría, a nosa Seguridade e a nosa Vida.

Artigo completo en:

http://artabra21.blogspot.com/2011/07/que-boa-noticia-non-podiamos-agardar.html

 
7 Votes


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: