A importancia da limpeza das praias

Publicamos este artigo escrito por Felipe Sar, presidente do clube de surf Os Tombos. Primeiro queremos agradecer o concello de Muxia a súa colaboración nas dúas limpezas que realizamos. Hai xente que inda non sabe porque "Os Tombos" nos xuntamos unhas veces o ano e limpamos unha praia, como o ano pasado Nemiña. Ai xente que nos critica por facelo, increible....

 

Pois xuntamonos e limpámola como forma de protesta,de protesta por como temos o noso litoral,que con cada marea sempre chegan rastroxos as praias e coidos,que mais quixeramos nos que ter o tempo suficiente para limpalo todo enteiro,pero as nosas obrigas propias de toda persoa con traballo nolo impiden.

A limpeza é igual donde sexa,, Nemiña, Rostro ou Mar de Fora. A mensaxe é que aquí estamos nós, que estamos todo ano recorrendo a Costa en busca de ondas, pisando a area das súas praias e rochas dos acantilados!! quen mellor que nós sabe como está!!,limpa ou sucia, e quen mellor para dar exemplo e demostrar que se todos arrimamos o hombro podemos ter un litoral mais limpo sen esforzo.

 

A ver se cunde o exemplo é en vez de criticar veñen e arriman o hombro. Pois si, criticaronnos por limpar as praias, eso é caer moi baixo, non vamos decir quen foi nen importa, inda a ter a conciencia tranquila e todo pero non nos vamos rebaixar ao mesmo nivel e dar seu nome como el si nos nombrou a nos, pero algo si vos vou decir:

Ide collendo animo que este ano volvemos xuntarnos para limpar unha praia, comer un churrasco e tamen coller uns bos tombos, de todo vos informaremos neste noso blog. Espero vervos pronto pola praia, coas sudaderas novas je,je

O voso querido presi Felipe Sar.

 

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.