3ª Limpeza de Praias Galegas organizada por ADEGA - 6, 7 e 8 de Xuño

ADEGA convoca por terceiro ano consecutivo a limpeza simultánea de praias en toda Galiza. Un referente que xa nos anos anteriores conseguiu que centos de persoas participaran nesta actividade de denuncia e de voluntariado ambiental. A día de hoxe están programadas máis de 25 limpezas que terán lugar o próximo fin de semana do 6, 7 e 8 de xuño en toda Galiza grazas ao compromiso de numerosas persoas, conmemorando o día dos Océanos (domingo 8).

Centros de ensino, escolas de surf, asociacións culturais, concellos, ANPA... e outras moitas entidades que suman un total de 34 convocan limpezas dende A Mariña ata Nigrán. Grandes e pequenos participarán nestas limpezas para reivindicar e dar a ver un grave problema ambiental: os residuos mariños.

Seguindo as indicacións do protocolo para a limpeza de praias, os grupos realizarán limpezas respectuosas cos ecosistemas das praias, contando na maioría dos casos co apoio dos concellos. Ademais varios grupos colaborarán co proxecto Marnoba poñendo en práctica unha nova metodoloxía para a caracterización do plástico mariño.

O lixo mariño é un dos graves problemas ambientais aos que se enfronta o planeta, as principais causas son: a insostibilidade dos modelos de consumo e produción da nosa sociedade, as malas estratexias na xestión dos nosos residuos e a falta de sensibilización da poboación. Todo iso fai que cada ano 10 millóns de toneladas de lixo rematen nos océanos. Moito deste lixo provén da industria do mar (pesca, extraccións...), pero unha grande parte chega a través dos ríos, debido a unha mala xestión en terra. É necesario concienciarse da necesidade de reducir o consumo de plástico, por iso estas limpezas serven tamén como actividades de educación ambiental para a cidadanía.

Aínda estás a tempo de sumarte ás limpezas de praias, busca a limpeza máis cercana no mapa ou organiza  unha na túa praia.

CADRO DAS LIMPEZAS PROGRAMADAS:


Concello

Colectivo

Coordinador/a

Teléfono

PRAIA

1

A Coruña

Grupo Scout Hércules 283

Daniel

675 024 110

Ría do Burgo

2

Abegondo

ADEGA Coruña

Amancio

678 799 376

Gandarío

3

Baiona

Concello de baiona

Marisol

986 38 50 50 - 1

Praias de Baiona

4

Barreiros

North Shore Clube de surf

Fátima

653367357

Lóngara e Balea

5

Boiro

Concello de Boiro e Centros de ensino de Boiro

Marga

982 84 26 35

Boiro

6

Burela

IES Perdouro

Carina

982 57 50 98

Perdouro

7

Camelle

ADEGA

CEMMA

Cofraría de Camelle

Lucía

669 80 69 08

Arou

8

Carnota

Raínha Lupa

Plataforma pola defensa do Patrimonio de Quilmas

ADEGA Costa da Morte

Lucía e Xosé Manuel

981 760 227

Corna Becerra

9

Fene

Aspaneps

Xavier

649 75 71 44

Praia de San Valentín

10

Ferrol

ADEGA Ferrolterra

Surfrider Foundation

Jesús

695493515

Doniños

11

Fisterra

IES Fin do Camiño

Viqui

650 261 283

Mar de Fóra

12

Fisterra

Voluntariado e Veciñanza

Soledad

625 947 945

Praia de Talón

13

Muxía

Programa de voluntariado do Concello de Muxía

José

981 74 20 01

Praia de Nemiña

14

Laxe

IES Maximino Romero de Lema

(Baio-Zas)

Carlos

616 392 396

Traba (Laxe)

15

Mañón

Asociación Nordés

Carlos

679552690

Area longa

16

Nigrán

Prado Surf Escola

+ Colexio Monterrey de Vigo

Adrian

653929347

Praia de Patos

17

O Grove

IES As Bizocas

María Jesús

626 768 826

Areal da Cruz

18

Oleiros

Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña

Lucia

981 167000-5688

633 700 277

Bastaguieiriños

19

Pobra do Caramiñal

ANPA Fernandez Varela

Juana

639 16 85 30

Corna

20

Paderne

GN Hábitat

Andrés

981 13 50 14

A Abeleira

21

Poio

Plataforma veciñal de Samieira

Beatriz

607556982

Areal do Laño

22

Ponte-deume

Colectivo Terra de Pontedeume




23

Valdoviño

CPI Atios

Laura

981 487 700

Frouxeira

24

Vigo

Voces polo litoral de Teis

Pablo

622 071 337

Praia da Lagoa,  P. da Fábrica e P. da Manquiña

25

Vigo

Buceo Balea

Josué

695499561

630437625

Marina Dávila

26

Vilanova de Arousa

IES A BASELLA

Raquel

986554847

Terrón

27

Sanxenxo

Tartaruga Surf School

Arturo

616975237

A lanzada

Máis info sobre as limpezas e mapa: www.adega.info

Persoa de Contacto:

Lucía Parente - 669 80 69 08 - Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

{fcomments}

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.