Ecoloxía A Costa Colabora na IV Limpeza Simultánea de Praias!
Colabora na IV Limpeza Simultánea de Praias!
Mércores, 27 Maio 2015 17:22

ADEGA convoca de novo a tódalas entidades interesadas a unirse neste evento contra a contaminación mariña. As limpezas poderán celebrarse os días 5, 6, e 7 de xuño coincidindo coa celebración do Día Mundial dos Océanos. Centros de ensino, escolas de surf, centros de mergullo, clubes de piragüismo, vela, pescadores, asociacións de todo tipo, concellos ou grupos de particulares están chamados a limpar as praias e denunciar esta problemática ambiental. Se queres participar contacta con ADEGA.

O lixo mariño é un dos graves problemas ambientais aos que se enfronta o planeta, as principais causas son: a insostibilidade dos modelos de consumo e produción da nosa sociedade, as malas estratexias na xestión dos nosos residuos e a falta de sensibilización da poboación. Todo iso fai que cada ano 10 millóns de toneladas de lixo rematen nos océanos. Moito deste lixo provén da industria do mar (pesca, extraccións...), pero unha grande parte chega a través dos ríos, debido a unha mala xestión en terra.

Se estás interesad@ en participar cantacta con nós: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo tlf: 649 611 508 ou 981 57 00 99

Mapa Limpezas: http://buff.ly/1BqUPty

Máis info sobre as limpezas: http://buff.ly/1BqURBG

Tedes a noticia enteira e máis info sobre esta accón en:

http://adega.gal/web/axenda.php?id=244&idioma=gl&sec=12

{fcomments}

 
5 Votes


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: