Non botes o lixo no mar - Surf And Clean [VIDEO]

Non botes o lixo no mar é o novo video do proxecto 'Surf and Clean', un proxecto que impartiu 4 obradoiros o ano pasado na praia de Razo e que chegaron a máis de 1.000 novos surfeiros para transmitirlles o amor polo mar que todos os que practicamos deportes acuáticos deberiamos ter, e xuntos alzamos as voces para cantar en cada taller. Un xesto pequeno que transforma a canción nun gran berro de protesta ante a realidade que viven nuestos mares.

Este ano están a realizar unha nova campaña a prol da NON UTILIZACIÓN DE BOLSAS PLÁSTICAS chamada "Xa non formo parte disto". Cada un de nós utiliza entre 200-300 bolsas ao ano, se os 400.000 surfeiros que vivimos na península non usaramos bolsas plásticas lle ahorarríamos ao medioambiente entre 80 e 120 millóns de bolsas ao ano. Para dar visibilidade á campaña, e un engadido social, producimos unhas bolsas de algodón nos talleres de integración laboral para mozas en risco de exclusión social ART Integrat (Barcelona).

+ info en:

http://surf-and-clean.com

{fcomments}

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.