VII Limpeza de praias - 20 de Outubro

Limpezas Praias Galiza 2018

Un ano máis, e van 7 edicións, ADEGA realizará unha xornada de Limpeza Simultánea de Praias. Será o 20 de Outubro (19 para centros de ensino).

O obxectivo das limpezas de praias é a de eliminar parte dos residuos que están nas praias así como dar unha chamada de atención sobre a problemática do lixo mariño. A insostibilidade dos modelos de consumo e produción da nosa sociedade, as malas estratexias na xestión dos nosos residuos e a falta de sensibilización da poboación están detrás deste importante problema ambiental. Cada ano, 10 millóns de toneladas de lixo rematan nos océanos, lixo que provén da industria do mar (pesca, extraccións...), mais unha grande parte chega a través dos ríos, debido a unha mala xestión dos residuos en terra.

Os residuos vertidos no mar teñen graves consecuencias para a os ecosistemas mariños: máis de 1.000.000 de aves mariñas e 100.000 mamíferos e tartarugas morren cada ano enredados ou por inxesta do lixo mariño. Tamén pode afectar directamente á saúde humana, xa que moitos destes produtos conteñen substancias tóxicas, bioacumulativas e persistentes, que entran na cadea alimentaria. Outro dos problemas asociados a estes residuos, é que provocan perdas económicas importantes, debido a que diminúen a pesca comercial e degradan lugares aptos para actividades recreativas e turísticas, ademais de supoñer un enorme gasto de limpezas de praias.

Sensibilizar sobre a problemática do lixo mariño

Con esta actuación dende ADEGA pretendemos dar visibilidade a esta problemática e concienciar a cidadanía da importancia dunha axeitada xestión dos nosos residuos e do noso consumo. A sensibilización do voluntariado é chave para a realización destas xornadas podendo observar de primeira man a cantidade de lixo a agochan a nosas praias. Facemos un chamamento a todas as entidades, centros de ensino, concellos e persoas a título particular para que participen do obxectivo desta xornada e podermos desfrutar de praias saudábeis.

Se queredes máis información sobre a VII Limpeza Simultánea de Praias podedes contactar con:

Teléfono: 698139913
Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

Non podes faltar! #LimpezaDePraias #MorteAoPlástico

+ info en:

http://www.adega.gal/axenda.php?id=572&idioma=gl&sec=11

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.