Estamos na súa época reprodutiva de marzo a xullo. O niño é moi discreto, consistindo unicamente nunha leve depresión na area que ás veces é ornamentada con pequenas cunchas ou restos vexetais. Nel a femia deposita os ovos, xeralmente 3, que serán incubados por ambos proxenitores durante 30 días.
Este costume de aniñar no chan fai que as postas de píllara das dunas sexan moi vulnerables á predación ou á destrución accidental por actividades humanas. Calcúlase que máis do 80% delas fracasan.
Foto grazas + info: https://gnhabitat.org/pillara-das-dunas/
#natureza