Comeza o despece da 'Yamburg' en Corrubedo

Anosaterra.org - Comezan os traballos de despezamento da gabarra Yamburg, varada durante dez meses nas Cobas, nas inmediacións da praia de Balieiros en Corrubedo, Ribeira. A embarcación encallou o 19 de xaneiro duante un temporal cando era remolcada dende o porto grego do Pireo cara a Tallín (Estonia).

O patrón maior de Aguiño, ademais de Francisco Jorquera (BNG), entre outras persoas, denunciaron está situación e reclamaron a retirada urxente da embarcación, por estragar unha zona rochosa de cría de percebe, ocasionar manchas de óxido e esparexer restos de madeira, metal, plásticos... ademais de constituír un atentado paisaxístico.

Durante o verán foi lugar de peregrinación de curiosos e turistas.

Agora a empresa adxudicataria da súa retirada ensanchou a pista de acceso e iniciou os traballos de despezamento.

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.