Summer Kids en Patos!
Martes, 20 Xuño 2017 11:44

Pra festexarmos a chegada do verán damoslle a benvida con este vídeo de La Conservera del Surf con Paul Boneil, Greta, Bruno Pereira, Nico Borrás e Aleixo Da Silva o pasado verán do 2016 na praia de Patos xunto ao monitor Alex Díez. Filmado por Juan Luis Zubizarreta.

Ler máis...
 
Vídeo Oficial Noroeste Pro 2017
Luns, 19 Xuño 2017 19:34

Xa temos o vídeo oficial do Noroeste Pro realizado durante a pasada fin de semana na Coruña, nas praias de Razo e ORzán, con motivo do 20 aniversario da Federación Galega de Surf. Edición e realización: Matías BBK

Ler máis...
 
Atlantic - Nico Carpio
Luns, 19 Xuño 2017 08:29

Novo vídeo profile de Nico Carpio con moitos tubos e olazas na Costa e no Faro grazas ao traballo de Pocholo e a colaboración de Ángel Fotosplino e mailo apoio da nova marca de roupa Sondomar.

Ler máis...
 
Montalvo Summer Session - Jorge Touriño
Venres, 16 Xuño 2017 10:12

Velaquí tedes unha escolma das fotografías publicadas por Jorge Touriño este mes dunha sesion espectacular na praia de Montalvo nas Rías Baixas. Coma sempre os habituais da praia puideron desfrutar de ondas rápidas e potentes con tubo pero desta vez observados por deceas de persoas que foron a pasar un día de praia e sol en familia.

Ler máis...
 
Wilko vence en Fiji
Xoves, 15 Xuño 2017 08:55

Matt Wilkinson foi o vencedor do Fiji Pro despois de gañar a final ante Connor O'Leary. Un campionato cheo de sorpresas e eliminacións que rematou cunha final inédita e moi disputada.

Ler máis...
 
Addiction - Artic Surf Project
Mércores, 14 Xuño 2017 09:38

Addiction é un proxecto de foto e vdeo sobre surf, unha viaxe no Ártico en busca de Ondas, aventura e incribles paisaxes nun dos lugares máis fríos de Europa. Seis amigos de diferentes lugares, diferentes idades e diferentes habilidades xuntáronse para vivir unha experiencia brutal e con este vídeo queren mostrar o lonxe que pode chegar a paixón polo que fan.

Ler máis...
 
#GoAritz - Not Too Far
Luns, 12 Xuño 2017 08:59

Novo vídeo de Aritz Aranburu con sesións de surf pola nosa costa na compaña de amigos como Pablo Montero e tamén imaxes de surf noutros baños no Cantábrico e Francia.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 6 de 538
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: