OrzanBay novo blog de BB coruñes
Martes, 23 Decembro 2008 20:59

Presentamos un novo blog galego de BB Orzanbay.blogspot.com onde tedes noticias internacionais, estatais e galegas sobre bodyboard. Info sobre material e neoprenos de última xeración e proxectos en internet de bugueiros profesionais.

Visitadeo e disfrutade da calidade deste novo proxecto informativo.

Ler máis...
 
A Memoria do Mar
Martes, 23 Decembro 2008 19:46
 
Eiquí tedes A Memoria do Mar un novo proxecto de dixitalización de fotografías sobre o mar e as súas xentes.  A cultura marítima galega é, sen dúbida unha das máis ricas de Europa. Nela converxen tanto o saber máis tradicional, onde a pesca, o marisqueo e a cabotaxe costeira conforman os seus principais alicerces, como as vinculacións marítimas con outros pobos e as navegacións transoceánicas. 
Ler máis...
 
Entrevista a Cristina Fernández
Martes, 23 Decembro 2008 13:35
 
Cristina Fernández responde ás preguntas de SurfGz na súa primeira entrevista en internet despois do seu exitoso ano nas competicións de BB!
Ler máis...
 
Boas festas e boas ondas no 2009!
Martes, 23 Decembro 2008 00:56

 

 

Dende que comezamos este novo proxecto informativo a principios de setembro SurfGZ.com leva máis de 3.100 visitas e 13.200 páxinas visitadas e por iso queremos rematar este ano dando as gracias a toda a xente que pasou algún intre pola web e adicou algo de tempo a pulular polos contidos de SurfGZ.

Ler máis...
 
Pipo Dominguez, novo campión galego!
Venres, 19 Decembro 2008 14:41

Segundo a información publicada no blog de Tanaka, Pipo Dominguez é o novo campión galego de Surf.

Parabéns Mr. Pipo!

 
Ler máis...
 
Festa do Nadal en Patos!
Venres, 19 Decembro 2008 14:29

O vindeiro día 24 de decembro a partires das 11:00 preparaivos pra recibi-lo Nadal surfeando na praia de Patos. Como cada ano o Patos Surf Clube organiza o seu principal evento navideño surfeando vestidos todos de Papa Noël. Tamén haberá uns aperitivos navideños para recobrar forzas.

 
Ler máis...
 
Cristina Fernandez gaña 3 premios na Gala do Surf Galego 2008
Martes, 16 Decembro 2008 14:42

Cristina Fernandez, a mellor bodyboarder galega deste ano, sumou tres novos premios a súa carreira deportiva na gala do deporte galego celebrada en Vigo esta finde pasada:

- Campiona Galega xuvenil 2008
- Subcampiona Circuíto Galego Xuvenil2008
- Campiona Circuíto Galego Open2008

Despois de finalizar na cuarta posición no Europeo Junior 2008 celebrado en Agadir este é o mellor xeito de remata-lo ano pra Cristina. Podes ler a noticia do Eurojunior pinchando nesta ligazón.

Parabéns Cris!

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 521 522 523 524 525 526 527 528 529 530 Seguinte > Final >>

Páxina 529 de 538
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: