Frontpage Slideshow | Copyright © 2006-2010 JoomlaWorks, a business unit of Nuevvo Webware Ltd.
Segredos Galegos II
Xoves, 22 Xaneiro 2009 11:13

Apresentamos outro segredo galego da man de Rubén Deza "Pincho", unha onda galega que rompe nas Rías Baixas, dereita explosiva e con moita forza.

Ler máis...
 
Praia de Seiruga: unha nova agresión
Mércores, 21 Xaneiro 2009 19:33

"Xa está ben", pensan por Seiruga. "Xa está ben de ser a escombreira de Malpica". Ese é o sentimento de boa parte da vecindade de Seiruga, aldea malpicá da parroquia de Barizo, que cansa ante o continuo goteo de malas novas arredor da zona.

Ler máis...
 
Días de Maretón na Rede Galega
Mércores, 21 Xaneiro 2009 11:32

Estes días de forte vento e mar a blogoesfera surfeira galega non para de publicar fotos nos seus blogs das ondas que alcanzan praias e costa dun xeito impresionante.

Podedes mirar unha foto da praia da Lapa desfasada no blog dos mecos Ogrobesurfing.blogspot.com premendo nesta ligazón. No blog de Begofouz tedes unha boa galería fotográfica do Orzán desfasado.

Ler máis...
 
A Machacona Impresionante!
Luns, 19 Xaneiro 2009 16:19

O blog de Dopi ven de publicar unhas fotos impresionantes da Machacona nunhas condicións fenomenais e soamente apta pra surfeiros experimentados e con moitas ganas de superarse na auga!


Ler máis...
 
Galegos en Indonesia
Luns, 19 Xaneiro 2009 14:35

Dende o blog de Surf na Costa da Morte chegan estas imaxes da xente de Viveiro na augas de Indonesia o ano pasado. No artigo orixinal podedes ler a crónica da viaxe e da súa estancia no barco de King Millenium.

Ler máis...
 
Boas ondas toda esta semana!
Luns, 19 Xaneiro 2009 11:50

Confírmanse as boas previsións e esta vai ser unha boa semana de surf. O windguru da ondas de 8 a 10 metros para estes días! Na imaxe podedes var a previsión actual do FNMOC

 
Xornadas sobre o Medio Mariño en Ferrol
Domingo, 18 Xaneiro 2009 12:52

A Sociedade Galega de historia Natural presenta unha xornadas sobre o medio mariño que se van celebrar en Ferrol durante o mes de Febreiro no salón de actos do Ateneo Ferrolán. Estas xornadas presentan diferentes actos como por exemplo:

- Exposicións fotográficas.

- Presentación de videos.

- Conferencias sobre o estado da Ría de Ferrol e a vida mariña.

 Dende SurfGZ animamos a xente a pasar por estas xornadas pra coñecer mellor o estado actual da nosa costa.

Ler máis...
 
A importancia da limpeza das praias
Venres, 16 Xaneiro 2009 11:43

Publicamos este artigo escrito por Felipe Sar, presidente do clube de surf Os Tombos. Primeiro queremos agradecer o concello de Muxia a súa colaboración nas dúas limpezas que realizamos. Hai xente que inda non sabe porque "Os Tombos" nos xuntamos unhas veces o ano e limpamos unha praia, como o ano pasado Nemiña. Ai xente que nos critica por facelo, increible....

Ler máis...
 
Segredos Galegos I
Xoves, 15 Xaneiro 2009 17:37

Eiquí tedes unha xoia segreda da nosa costa dende o blog de Rubén Deza "Pincho"

Ler máis...
 
Bens impresionante! by Marcos Amor
Mércores, 14 Xaneiro 2009 01:34

Dende o blog de Fiz Bertels chegan unhas preciosas fotos das ondas en Bens feitas por Marcos Amor

Aloia baixando unha boa onda!

Ler máis...
 
Razo Power! by Dani Almeida
Luns, 12 Xaneiro 2009 11:28

 Dende o blog Surfing Life by Dani chegan estas impresionantes fotos dunha das mellores ondas da nosa costa e ben querida por moitos, do mesmo xeito que os bocatas de calamares que podes tomar no bar que leva o mesmo nome que un dos picos da praia. Grazas a Dani por compartir estas fotos! 

Ler máis...
 
Nova entrevista de Gony na TVG
Sábado, 10 Xaneiro 2009 17:10

Dende o blog do Patos Surf Clube chega a nova de que este luns 12 de xaneiro retransmitirase no programa da TVG "Acompáñenos" unha entrevista a Gony Zubizarreta, un dos maiores expoñentes do surf galego.

 

Ler máis...
 
10º aniversario de Surfeiros.com
Venres, 09 Xaneiro 2009 12:47

A principal páxina web galega de info sobre surfing www.surfeiros.com cumpre 10 anos. Parabéns!

Esta web ten noticias e fotografías recollidas dende o ano 1999 e polo tanto é o maior referente informativo sobre surfing galego.

 
Atopada a BONZER de Chusma Surfboards
Venres, 09 Xaneiro 2009 12:42

Despois dunha semana de chamamentos en diferentes blogs e webs surfeiras xa está localizada a táboa do noso shaper blogueiro Chusma. NORABOA!

 
<< Inicio < Anterior 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 Seguinte > Final >>

Páxina 268 de 274
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: