Homenaxe a Fernando Torreiro no Matadero
Surfing - Surfeiros
Venres, 13 Marzo 2009 14:39

Este sábado, 14 de marzo, realizouse esta homenaxe de despedida ao surfeiro Fernando Torreiro "Buitrón" no Matadero. Foto de Kike Aradas.


Ler máis...
 
O Compresal: calidade e potencia!
Bodyboard - Bugueir@s
Xoves, 12 Marzo 2009 12:51

Dende o blog de Dopi chegan estas fotos dunha onda bastante descoñecida pra moitos surfeiros galegos pero que ben merece un respeto mirando as fotos publicadas por Dopi. Segundo comenta Ana Pena esta é unha dereita moi potente e corchera 100% con tubos ocos e longos, rápida e con ramplas para voar que rompe sobre un fondo de area moi variable do que se depende para surfear.

Ler máis...
 
TOURIÑÁN e a COSTA DA MORTE – Chapapote e rochas
Natureza - A Costa
Martes, 10 Marzo 2009 15:44

Tras seis anos do desastre acontecido co petroleiro “Prestige”, aínda se poden ver os efectos da marea negra na Costa da Morte, quizais a máis castigada de toda a xeografía galega. Entón as rochas parecían flotar nun mar ruín que se cebaba na terra, hoxe ese mesmo océano non foi aínda quen de liberala tintura pegañenta e contaminante do chapapote. Calas como a da fotografía feita onte mesmo, manteñen como un verniz os cantos tapizados en negro e ulíndoos se mestura neles o cheiro do petróleo confundido co do mar.

Ler máis...
 
Fernando Torreiro, pioneiro do surf galego...
Surfing - Surfeiros
Martes, 10 Marzo 2009 12:59

Onte marchou pra sempre un dos pioneiros do surf galego, Fernando Torreiro, o "Buitron". Boa viaxe e boas ondas alá onde estés...

 

Foto de Gonzalo Cueto

Ler máis...
 
Doniños: baño do 2 de marzo
Surfing - Outras
Martes, 10 Marzo 2009 12:46

Dende o videoblog de Jandriño chega este video dun baño da semana pasada. Un día gris de vento virado do suroeste pero frouxo, pero os fondos aguantaban aínda. Jandriño filmou o pouco que puido neste caso, ao seu grande amigo Jesus Busto con táboa, Elias Pantin con bugy azul e a Alex Rico con paipo amarelo.

Ler máis...
 
Surfando Foxos...
Surfing - Surfeiros
Luns, 09 Marzo 2009 10:57

Video dun baño en Foxos destes días. Os surfeiros son Iago Chamorro, Felix e Kathi. Boas imaxes practicando surf e paddle up nun día soleado. A música é de Sunday Drivers!

Ler máis...
 
BB Galego! Novas fotos de Suplín
Bodyboard - Bugueir@s
Luns, 09 Marzo 2009 10:18

No foro de ZonaBodyboard atopamos unhas novas fotos de Suplín nas que podedes mirar o mellor do seu traballo polas Rías Baixas. Impresionantes fotos que amosan a calidade dunha costa descoñecida para moitos surfeiros galegos pero que sen dúbida é unha das millores e máis perigosas.

 
Ler máis...
 
Aberto o Concurso de Curtos de Surf: SURFILM FESTIBAL 2009
Surf & Ciencia - Arte
Venres, 06 Marzo 2009 18:25

Xa podes correr a pillar a túa cámara de vídeo, agarra as túas vellas gravacións de surfaris, de paellas familiares, das comunións da túa curmá pequena, fragmentos de falsos docus de Felix Rodríguez de la Fuente, e con todo isto equitación e envíanos o teu súper curto!!

Sabemos que hai un gran director dentro de ti, mil ideas roldan a túa cabeza móntache o teu vídeo de surf e faiche famoso!! O ano pasado -a primeira edición- foi todo un éxito e alegrounos saber que existe unha pequena escena local, con ganas de facer cousas e un público que quere ver as súas ondas na gran pantalla. Sabemos que a xente está xa maquinando as súas propostas para o festi deste ano e cremos que o nivel vai ser aínda mellor; despois de todo din que en época de crise é cando xorden as mellores ideas.

Ler máis...
 
Nova imaxe do Blog de Dopi - Terra de Meigas
Bodyboard - Bugueir@s
Venres, 06 Marzo 2009 18:03

O blog de Dopi estrea unha nova imaxe na rede. Este blog é un dos máis completos da costa norte galega e ten unhas fotos de bodyboard de moita calidade como podedes ver neste artigo.

Dopi xestiona este blog dende Narón na Coruña dende o verán pasado segundo comentou a SurfGZ. "Comecei co blog a raiz de querer ensinar este deporte a xente e sacarnos fotos entre os colegas. Pouco a pouco funme enganchando a esto da fotografía, merquei unha cámara boa coa que empecei a colgar as fotos no blog, un pouco mais en serio."

Ler máis...
 
Bodyboard extremo nas Rías Baixas
Bodyboard - Bugueir@s
Xoves, 05 Marzo 2009 17:43

Atopamos estas fotos no foro de www.zonabodyboard.com feitas por Suplín que amosan unha esquerda moi potente que rompe ao pasar Cabo Silleiro. O boyboarder é Gon.

Ler máis...
 
Alerta Fontenla aprazada
Surfing - Campionatos
Xoves, 05 Marzo 2009 17:28

Dende o OesteSurf recollemos este aviso de aprazamento feito por Dani Rodriguez do Desafío Fontenla. Na seguinte imaxe podes ver que baixou moito o tamaño das ondas previstas pra esta finde polo que non compensa movilizar aos surfeiros invitados.

Dende eiquí aproveitamos pra saudar a toda a xente que traballa na organización deste eveto ;)

Seguiremos informando!

 
Video de Eric Rebiere surfando na praia de Sabón
Surfing - Surfeiros
Mércores, 04 Marzo 2009 11:30

Outra entrega deste excepcional surfeiro na praia de Sabón na Coruña. O video é De Rebrix.

Ler máis...
 
Brutal secret de Bodyboard!
Bodyboard - Bugueir@s
Martes, 03 Marzo 2009 17:25

Dende o blog de Jahgo chegan estas dúas fotos dun secret spot galego preto de Portugal. Esta onda é bastante coñecida pero surfeada por moi poucos valentes por mor da súa complexidade técnica. Creo que estas fotos son das primeiras en publicarse en internet!

 
 O Teahupoo Galego!
Ler máis...
 
Entroido surfeiro en Patos
Surfing - Outras
Luns, 02 Marzo 2009 15:00

Video do Entroido surfeiro na praia de Patos organizado polo Patos Surf Clube. O pasado 24 de febreiro (Martes de Entroido) o Patos Surf Clube organizou unha sesión de surf algo especial. O requisito era ir disfrazados á auga. 

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 Seguinte > Final >>

Páxina 272 de 283
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: