Curso de Adestrador de Surf de Nivel I: Bloque Específico da Federación Galega
Surfing - FGS
Luns, 23 Febreiro 2009 14:51
 

A Federación Galega de Surf convoca o "Curso de Adestrador de Surf de Nivel I: Bloque Específico".

Tal e como se indica no REAL DECRETO 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial. («BOE» 268, do 8-11-2007.) PDF (2007/19326; 16 págs. - 505 KB.) Os cursos de técnicos constan de 3 niveis, cada un destes niveis está formado de tres bloques:

Ler máis...
 
Boas ondas en Foxos
Surfing - Outras
Luns, 23 Febreiro 2009 14:26

Dende o web de Julian Foto Surf chegan estas fotos da xente de Pontevedra surfeando un clásico da zona, a praia de Foxos. 

Ler máis...
 
Bodyboard extremo na Machacona
Bodyboard - Bugueir@s
Xoves, 19 Febreiro 2009 18:39

Atopamos na rede este video do 25 de xaneiro do 2009 de bodyboard na Machacona subido por OrzanBay e producido por Gary Ingelmo. O video ten moita calidade. Disfrutade dos tres minutos do video!

Ler máis...
 
Spot radical by Marcos Amor
Surfing - Campionatos
Mércores, 18 Febreiro 2009 13:50

Dende o blog de Marcos Amor chegan unhas imaxes dunha onda do litoral coruñes sen locais. Unha onda moi radical de baixada moi dificil e pra xente que estea procurando emocións fortes.

Ler máis...
 
Doniños Perfect!!!
Surfing - Campionatos
Luns, 16 Febreiro 2009 20:56

Preciosas imaxes dende o blog de Occy destes días en Doniños, unha das mellores praias galegas, dos surfeiros de Ferrolterra. Nesta foto temos a Occy baixando unha preciosa onda nun día perfecto.

Ler máis...
 
Prado Surf Escola: Novo patrocinador de SurfGZ
Blog - Blog noticias
Luns, 16 Febreiro 2009 11:08

Temos que anunciar que SurfGZ.com empeza a conseguir apoios dentro das organizacións surfeiras galegas. O primeiro sponsor PRADO SURF ESCOLA ven de asinar o seu apoio por un ano dentro do programa "empresa amiga" e deste xeito vai axudar a pagar os custes de mantemento do web facendo posible a continuidade deste proxecto informativo en internet.

Ler máis...
 
DESAFIO FONTENLA: Galician big Waves
Surfing - Campionatos
Venres, 13 Febreiro 2009 10:41

Publicamos un comunicado de Dani Rodríguez sobre un novo evento surfeiro nas Rías baixa: Aínda queda tempo para que entre un maretón, e para os que estean interesados en participar nunha proba amateur con ondas que roldarán os tres metros nace o: " SESION DESAFIO FONTENLA ". O obxectivo é surfear o spot en condicións boas de mar e vento, xa teñen o apoio de MISSION Surf Shop.

Ler máis...
 
Xogándose a vida diante do mar
Surfing - Outras
Xoves, 12 Febreiro 2009 20:23

Impresionante video duns fulanos que se xogan a vida na Coruña diante de ondas enormes.

 
Presentado o IV Curso Nacional de Adestradores
Surfing - Campionatos
Xoves, 12 Febreiro 2009 12:30

A Federación española de surf presenta a IV edición do curso de nivel 1. Este curso, indispensable para subirse ao tren da profesionalización nas escolas de surf, facilita unha titulación aos monitores, técnicos ou adestradores, que será un dos requisitos básicos para que as escolas sexan recoñecidas como centros de ensino oficiais grazas ao seu caracter académico, contemplada dentro do sistema educativo o que a diferenza e desmarca claramente das anteriores titulacións, uns ensinos que estaban reguladas por normativas xeradas polas propias federacións ou escolas de adestradores, e que non tiñan validez académica ou profesional.

Ler máis...
 
A forza do mar de Malpica
Surfing - Outras
Martes, 10 Febreiro 2009 19:58

 Impresionantes fotos da forza do mar golpeando o espigón do porto de Malpica.

Ler máis...
 
Surfeando no porto d'A Guarda
Surfing - Outras
Martes, 10 Febreiro 2009 11:44

Dende o blog de Jahgo chegan outras boas fotos dun spot pouco frecuentado das Rías Baixas. Poucos surfeiros galegos coñecen ben a costa que vai dende Cabo Silleiro ata a foz do Miño mais esta costa garda unhas ondas moi boas de fondos de rocha. Nestas imaxes podedes ver unha onda divertida e bastante surfeable.

Ler máis...
 
Medra o número de visitantes do web
Blog - Blog noticias
Martes, 10 Febreiro 2009 11:31

Aledámonos moito de poder publicar esta noticia xa que rematamos o mes de xaneiro preto das 1.500 visitas e superamos as 4.500 páxinas visitadas. Isto supón un incremento superior ao 50% en tráfico do web respecto ao mes de decembro.

Ler máis...
 
Novo número de BG Mag
Bodyboard - Bugueir@s
Luns, 09 Febreiro 2009 10:52

O equipo de BodyboardGaliza ven de presentar o seu primeiro xornal deste ano con impresionantes contidos e fotos para os amantes do BB!

Este 2009 comenzou dun xeito increible, bos e repetitivos swells chegaron a nosa costa facendo as delicias de todos os que practicamos este deporte. 

Podes mirar directamente a revista premendo nesta ligazón

 

 

 
Sta. Comba Calidade!
Surfing - Outras
Domingo, 08 Febreiro 2009 13:14

Pablo López mándanos dende Ferrolterra unhas fotografías impresionantes de Santa Comba onde podedes mirar tanto a calidade da onda como o calidade do fotógrafo. Estas fotos foron realizadas o mesmo día e amosan unha onda máxica

 
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 Seguinte > Final >>

Páxina 274 de 283
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: