7 días de boas ondas en Lago
Bodyboard - Bugueir@s
Domingo, 01 Febreiro 2009 21:20

Recibimos unhas fotos dende o Blog de Dopi da praia de Lago en Valdoviño que leva funcionando unha semana seguida en condicións moi boas.


Ler máis...
 
Novas instalacións do Grosso Surf Camp!
Surfing - Outras
Domingo, 01 Febreiro 2009 14:04

O equipo de www.grossosurfcamp.com convídache a que coñezas as novas instalacións que fan o noso proxecto realidade. Un centro de adestramento específico para 8 surfeiros e especialmente creado para o traballo en equipos dun máximo de oito deportistas.


A combinación de días de surf polas praias de Ferrolterra desde Doniños a Pantín, xunto co goce das nosas instalacións, fan deste Centro de Adestramento de Surf, o mellor para os Surfcamps as concentracións e clinics de equipos e seleccións de Surf e Bodyboard.
Ler máis...
 
Samuel Salgueiro: promesa do BB galego
Bodyboard - Bugueir@s
Domingo, 01 Febreiro 2009 13:16

Eiquí tedes un video de Samuel Salgueiro en diferentes ondas de Ferrolterra producido pola xente do Grosso Surf Camp de Ferrol para un dos seus alumnos máis espilidos deste trimestre.

Ler máis...
 
Rubén Deza ficha por Pride e Stealth
Bodyboard - Bugueir@s
Domingo, 01 Febreiro 2009 12:58

Rubén Deza "Pincho", o noso campión galego de Bodyboard, ven de asinar novos contratos para este ano con dúas marcas potentes no mundo do BB, Pride Bodyboard e Stealth de aletas.


Ler máis...
 
Razó espectacular en branco e negro
Surfing - Outras
Venres, 30 Xaneiro 2009 14:45

Impresionante fotografía feita por Dani Almeida na praia de Razó estes días!


Ler máis...
 
Xa pasou o maretón en Ferrol
Surfing - Campionatos
Venres, 30 Xaneiro 2009 11:05

Despois de ter que surfear durante dúas semanas pola ría de Ares (Cirro, Miño e Perbes), onte, xoves 29 de xaneiro, saíron boas ondas en Lago (Valdoviño). Eiquí tedes unhas fotos da nosa campiona Flavia Braña surfeando esta onda.

Ler máis...
 
Proxecto Alaia: o surf antigo volta as praias
Surf & Ciencia - Historia
Mércores, 28 Xaneiro 2009 13:33

Seica o surf en alaia, antigo xeito hawaiiano de surfear está regresando ás costas de Australia e California. Neste vídeo publicado ai uns días mírase ben a dificultade de surfear con este tipo de prancha.

Ler máis...
 
Recuperar a cor da nosa costa
Surf & Ciencia - Arte
Mércores, 28 Xaneiro 2009 13:16

Pintar as casas dunha vila marítima con cores rechamantes. Azul, vermello, amarelo, verde... Nun tempo no que o concepto de feísmo está a introducirse con forza no imaxinario galego, a proposta pode semellar estraña. No entanto, o proxecto, creado polo artista César Lombera, está en vías de se facer realidade. Os veciños de Cabo de Cruz, en Boiro, xa acolleron positivamente esta proposta que recupera a policromía tradicional da nosa costa.

Ler máis...
 
Pro surfers no ArtSurfCamp
Surfing - Outras
Martes, 27 Xaneiro 2009 20:10

Surfeiros do equipo nacional de Oxbow e Nike 6.0 impartirán este vrao os cursos de surf do Art Surf Camp. Pablo Solar, Miriam Imaz do equipo Oxbow e Borja Agote do equipo Nike 6.0 compartirán as súas experiencias da competición profesional do surf cos alumnos do Art Surf Camp.

Ler máis...
 
Santa Cristina Sessions
Longboard - Longueirón
Martes, 27 Xaneiro 2009 13:57

Estase facendo habitual estes días mirar na rede fotos de ondas que soamente rompen estes días de maretón. Atopamos no blog de Fiz unhas boas fotos dunha sesión de longueirón e tamen no blog de Jahgo. No blog de Tanaka tamén tedes boas fotos de Santa Cristiina.

Ler máis...
 
O quecemento dos océanos creará “zonas mortas”
Surf & Ciencia - O Mar
Martes, 27 Xaneiro 2009 13:38

image

O Quecemento Global está a afectar gravemente á vida dos océanos. Dous estudos déronse a coñecer hoxe nos cales implican a súbaa da temperatura global e ao cambio climático asociado tanto no perigo de desaparición dos arrecifes de coral como aparición de zonas mortas no océano.

Os arrecifes de coral son moi importantes xa que albergan o equivalente a unha selva tropical no océano, ou sexa rexións onde a biodiversidade está no seu tope, e hai innumerables especies animais e vexetais que dependen deles.

Ler máis...
 
Campionato Local na Lanzada o 7 de febreiro
Surfing - Campionatos
Luns, 26 Xaneiro 2009 16:45

Este campionato local vaise celebrar o día 7 de febreiro as 10:00 h na Praia da Lazanda coas seguintes modalidades Surf Open, Longueirón Open e Bodyboard Open. O evento é organizado polo Rapas Corcho Clube, Oestesurf.com e Zorlak SurfBoards.

Ler máis...
 
Boa sesión este domingo en Ribeira
Surfing - Outras
Luns, 26 Xaneiro 2009 13:40

Estes días de forte mare os spots máis protexidos son os que funcionan en mellores condicións. Chegannos estas fotos feitas no Barbanza dunha onda de moita calidade da man de Gitos, un local da zona, que disfrutou este domingo dunha boa sesión ao carón da súa casa.

Ler máis...
 
O noso fotógrafo fotografiado!
Surfing - Surfeiros
Sábado, 24 Xaneiro 2009 18:13

Eiquí tedes unha foto dun dos mellores e máis activos surfeiros e fotógrafos galegos, Daniel Almeida. Esta foto tomouna Anahí e demostra que pra sacar boas fotos de surfing tes que ser bo surfeiro e saber vivir no mar.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 Seguinte > Final >>

Páxina 275 de 282
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: