Ondas de neve da Prado Surf Escola
Surfing - Viaxes
Sábado, 04 Abril 2009 18:50

Hoxe publicamos unhas fermosas fotos que recibimos da xente da Prado Surf Escola. Estas fotos son dos días 15, 16 e 17 de Marzo na estación de esquí de San Isidro.

Ler máis...
 
David Valladares: The Galician Soul Surfer
Surfing - Surfeiros
Xoves, 02 Abril 2009 21:20

Eiquí tedes unha secuencia do galego David Valladares, un dos máis grandes "soul surfers" galegos. David é local da praia de Patos pero vive entre Indonesia e Fuerteventura e leva máis de 12 anos en Indonesia onde xestiona un par de barcos, os King Millenium

Ler máis...
 
Dentro do tubo...
Surfing - Outras
Mércores, 01 Abril 2009 15:44

Esta foto sacouna Dopi e amosa a beleza do tubo. O obxetivo de todos nós cada vez que entramos na auga é facer un tubo profundo e rápido. Mirade esta foto e usade a vosa imaxinación.

O tubo necesita unha onda oca, é dicir que rompa sobre pouco fondo. As ondas de area, coa marea baixa, son frecuentemente ocas. Outro factor para que unha onda sexa oca, é o vento que sopra de terra (off shore). A diferenza doutras manobras, o tubo non é tanto unha cuestión de movemento, senón de posicionamento na onda.

Ler máis...
 
Nace o Golfiño Surf Clube en Pontevedra
Surfing - Outras
Mércores, 01 Abril 2009 11:46

Temos o pracer de anunciar a creación dun novo Clube de Surf na cidade de Pontevedra, o Golfiño Surf Clube. O seu presidente é José Diego Domínguez Fernández "Pipo", coñecido surfeiro galego que leva moitos anos competindo na auga.

O seu presidente comentounos que desde o ano 1990 que empezou no mundo do surf e cunha longa carreira profesional neste deporte e co fin de fomentar e promocionar o surfing nas costas galegas nas novas xeracións, os seus valores, a súa práctica e a súa cultura creouse o Golfiño Surf Clube.

Ler máis...
 
Ferrol calidade! 100% Doniños!
Surfing - Surfeiros
Martes, 31 Marzo 2009 12:40

Dende o blog de Occy chegan unhas fotazas dos surfeiros máis potentes de Ferrol. Xente nova que vai moi ben en ondas rápidas e con tubos. Disfrutade das fotos!

 
Badals rompendo a onda!
Ler máis...
 
Rodry Añon Profile
Bodyboard - Bugueir@s
Luns, 30 Marzo 2009 14:27

Apresentamos este novo video de BBislife dende a súa canle no Youtube no que podedes ver a un xoven rider coruñes que é unha das promesas máis firmes do bodyboard galego.

Ler máis...
 
Gony acada a 9ª praza no ranking WQS
Surfing - Campionatos
Luns, 30 Marzo 2009 09:30

Tal e como podedes ver no web da ASP e despois da proba de Tasmania na que Gony Zubizarreta chegou ata quinta rolda, o surfeiro galego xa ten 1900 puntos a acada a novena praza por diante de outros surfeiros como Cory Lopez e Patrick Gudauskas.

Gony Zubizarreta logrou un gran resultado chegando atá 5ª ronda realizando un surf moi bo que ven demostrar a súa total recuperación despois da última lesión. Foi eliminado polo xaponés Masatoshi Ohno.

Se queres ver o ranking WQS preme na seguinte ligazón:

Ranking WQS - ASP WORLD TOUR 

Adiante Gony!

Ler máis...
 
Surf & Fotos: Dani Almeida fala con SurfGZ
Surfing - Entrevistas
Sábado, 28 Marzo 2009 10:53

Comezamos esta fin de semana cunha nova entrevista a un dos máis destacados fotógrafos e surfeiros da nosa terra, Dani Almeida. Fixémoslle unhas cantas preguntas pra nos coñecer os seus proxectos actuais e o seu xeito de pensar respecto a práctica do surf nas praias galegas.

Ler máis...
 
Ondas de San Francisco
Surfing - Outras
Venres, 27 Marzo 2009 11:38
Dende o blog de Jahgo chegan unhas imaxes dunha onda moi pouco coñecida do sur da costa galega. Esta onda non é un secret xa que a podes ver romper dende a estrada a uns 200 metros da costa pero é pouco surfeada polos locais da zona e pola xente de Patos. Estou moi contento de publicar estas fotos xa que San Francisco foi un dos meus primeiros spots onde puiden aprender a surfear en tranquilidade.
 
 
Ler máis...
 
Demite o delegado galego da Surfrider Foundation
Surfing - Surfeiros
Venres, 27 Marzo 2009 11:08

Tras 10 anos á fronte da Delegación de Surfrider Foundation en Galicia, Jesús Busto dimitiu do seu cargo con obxecto de dar paso a novas enerxías e ideas na delegación galega da organización ecoloxista.

Deste xeito péchase a etapa de implantación da organización na nosa comunidade. Na próxima Asemblea Xeral da organización, que se celebrará o día 24 de abril en Biarritz (Francia), será posiblemente elixido o novo representante galego da Surfrider Foundation.

Ler máis...
 
As mellores fotos de ondas de Fiz
Bodyboard - Bugueir@s
Xoves, 26 Marzo 2009 13:51

O noso amigo e colaborador Fiz de Surfitdk.blogspot.com ven de publicar unha escolma das súas mellores fotos no foro de Zonabodyboard.com.

 
Ler máis...
 
Oeste Surf Clube
Surfing - Outras
Mércores, 25 Marzo 2009 21:01

Anunciamos a creación dun novo clube galego de surfing, o Oeste Surf Clube, con sede social en Poio (Pontevedra).

Os obxetivos son o desenvolvemento, promoción, realización e organización de todo tipo de eventos relacionados co mundo do surf, así como a defensa dos intereses dos surfeiros.

Ler máis...
 
Hábitos de consumo no mundo do surf
Surf & Ciencia - Tecnoloxía
Mércores, 25 Marzo 2009 13:14

O EuroSIMA Cluster realizou durante os pasados meses de Agosto e Setembro do 2008 (en colaboración coa axencia ARCANE Institut) un estudo de tendencias de consumo de material de deporte de auga (surf/skate/snowboard) baseado nunha mostra representativa de 4.200 persoas entre 15 e 35 anos en sete países Europeos (Francia, Alemaña, Italia, Portugal, España, Suíza, e o Reino Unido).

Ler máis...
 
Vigueses en Indo!
Surfing - Viaxes
Martes, 24 Marzo 2009 14:44

Por fin podemos publicar un par de fotos de dous dos máis destacados bodyboarders das Rías Baixas, Cristian Perez e Roberto "The Box". Estas fotos son dunha viaxe feita a Indonesia en Maio do 2008 no barco King Millenium xestionado polo galego David Valladares.

Roberto entubando en Indo!

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 Seguinte > Final >>

Páxina 280 de 293
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: