Pipo Dominguez, novo campión galego!
Surfing - Surfeiros
Venres, 19 Decembro 2008 14:41

Segundo a información publicada no blog de Tanaka, Pipo Dominguez é o novo campión galego de Surf.

Parabéns Mr. Pipo!

 
Ler máis...
 
Festa do Nadal en Patos!
Surfing - Outras
Venres, 19 Decembro 2008 14:29

O vindeiro día 24 de decembro a partires das 11:00 preparaivos pra recibi-lo Nadal surfeando na praia de Patos. Como cada ano o Patos Surf Clube organiza o seu principal evento navideño surfeando vestidos todos de Papa Noël. Tamén haberá uns aperitivos navideños para recobrar forzas.

 
Ler máis...
 
Cristina Fernandez gaña 3 premios na Gala do Surf Galego 2008
Bodyboard - Bugueir@s
Martes, 16 Decembro 2008 14:42

Cristina Fernandez, a mellor bodyboarder galega deste ano, sumou tres novos premios a súa carreira deportiva na gala do deporte galego celebrada en Vigo esta finde pasada:

- Campiona Galega xuvenil 2008
- Subcampiona Circuíto Galego Xuvenil2008
- Campiona Circuíto Galego Open2008

Despois de finalizar na cuarta posición no Europeo Junior 2008 celebrado en Agadir este é o mellor xeito de remata-lo ano pra Cristina. Podes ler a noticia do Eurojunior pinchando nesta ligazón.

Parabéns Cris!

Ler máis...
 
Patos Surf Clube "Mellor Clube Galego 2008"
Surfing - Outras
Martes, 16 Decembro 2008 14:23

O pasado sábado 13 de decembro de 2008 celebrouse na sede da Federación Galega de Surf a Gala do deporte galego onde foille entregado ao Patos Surf clube o galardón como Mellor Clube Galego do ano 2008.

Na páxina web do Clube podes atopar info sobre as súas actividades e tamén no seu novo blog

http://patosurfclub.blogspot.com/

Noraboa dende SurfGZ!

 
Flavia Braña arrasa na Gala de Surf Galego!
Surfing - Surfeiros
Martes, 16 Decembro 2008 11:38

Esta pasada fin de semana (13 de decembro) celebrouse en Vigo a gala do surf galego 2008. A surfeira de só 16 anos, Flavia Braña Arrondo, natural de Vigo e residente en Ferrolterra,foi premiada cos seguintes trofeos:

- Subcampiona Galega Open 2008

- Campiona Circuíto Galego Xuvenil

- Subcampiona Circuíto Galego Open

Ler máis...
 
Cristina Fernández, cuarta no Eurojunior 2008
Bodyboard - Bugueir@s
Xoves, 11 Decembro 2008 11:07

A galega Cristina Fernández acadou a cuarta posición de Bodyboard Sub 18 no Eurojunior 2008 celebrado en Agadir este mes. Cristina contounos que pra ela foi seleccionada por Kako Garcia polos seus éxitos nos campionatos españois e galegos. Esta xoven competidora do Grosso Club de Ferrol soamente leva un ano competindo con excelentes resultados e é unha das grandes promesas do deporte galego.

Ler máis...
 
Mr. Canning e os tubos de Ferrol!
Surfing - Surfeiros
Martes, 09 Decembro 2008 18:37

Dende o blog de Occy chegan novas fotos das ondas de Ferrolterra e un dos surfers máis potentes da nosa terra, Paul Canning!

Ler máis...
 
Bodyboard Galiza Nº12 na rede!
Bodyboard - Revistas
Xoves, 04 Decembro 2008 18:43

 
Fortes críticas pra Federación Galega de Surf
Surfing - Campionatos
Mércores, 03 Decembro 2008 11:16

Dende o Oeste chegan fortes críticas pra FGS por mor da súa actuación da semana pasada ao convocar unha proba do circuito galego o mércores as 13:45, finalizar o prazo de inscripción o xoves ás 13:00 pra suspendela o sábado polas fortes condicións meteorolóxicas.

Ler máis...
 
Surf & Arte en Ferrol - Entrevista con Juanca
Surf & Ciencia - Arte
Martes, 02 Decembro 2008 15:17

Juan Carlos Dominguez é un pintor canario que leva xa 12 anos vivindo na comarca de Ferrolterra onde surfea e pinta o mar galego. El naceu nas Palmas de Gran Canaria fai uns 30 anos. Comeza o seu andadura pictorica aos 9 anos de idade animado pola escola Lujan Perez. Durante a súa infancia pinta por lecer e cada vez engánchase máis a pintar, chegando a ser case unha necesidade a partir da súa mocidade.

Ler máis...
 
Paul Canning voa en Penencia!
Surfing - Surfeiros
Luns, 01 Decembro 2008 18:19

Dende o blog de Occy chegan voando unhas fotos de Paul Canning en Penencia. Surf potente e extremo que eleva o noso deporte a súa máxima categoría. Tamén podes ver outras fotos da xente de Doniños rompendo en mil pedazos as ondas!

 
Ler máis...
 
Machaca Power! Novas fotos!
Surfing - Outras
Luns, 01 Decembro 2008 13:21

No blog de Maika Boquete atopamos unha boas fotos da Machacona feitas o 10 de novembro e que amosan a calidade de unhas das millores ondas galegas. No seu blog podedes ver máis fotos desta boa sesión!

Ler máis...
 
CANCELADA! Os Castros
Surfing - Campionatos
Sábado, 29 Novembro 2008 23:12
Federación Galega de Surf - Tras tres intentos fallidos, e malia os grandes esforzos do clube Hola Ola!, dende a FGS vémonos obrigados a suspender definitivamente a proba de Os Catros. Unha vez máis por culpa da climatoloxía adversa. Esta vez o causante da suspensión é o temporal que afecta a toda a península e que impedía aos competidores chegar ao lugar onde se celebraba a proba.

O pago da inscripción seralle reembolsado a todas as persoas que o realizaron.

 
Ler máis...
 
Longboard-ers lanza unha nova imaxe en Internet!
Longboard - Longueirón
Mércores, 26 Novembro 2008 13:37
O blog Longboard-ers.blogspot.com/ de Dani Alvite renova a súa imaxe na rede. Unha nova sobreplanta e unha foto de awakate no cabeceiro son as novidades deste blog que ofrece noticias variadadas sobre o mundo dos longueiróns.
 
Tamén poder ler noticias galegas, estatais e internacionais sobre os 9 pés. Comprar longboards de segunda man e estar completamente informado das novidades do tablón!
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 281 282 283 284 285 Seguinte > Final >>

Páxina 281 de 285
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: