A ASP reinventa o surf mundial de competición!
Surfing - Campionatos
Martes, 28 Outubro 2008 20:45

A ASP decidiu reformar en profundidade o sistema de competición para o WCT despois de ver como algunhas cousas fallaron e fallan durante esta presente tempada. Primeiras roldas sen interese pero con perfectas condicións e finais interesantísimas pero con ondas penosas, surfeiros que pasan de todo e non van a certas probas porque xa non poden gañar o título mundial ou simplemente por preguiza son algunhas das razóns que levaron á ASP ha reinventar o WCT para o ano que vén.

Nunha carta enviada hai unha semana, a WPS (World Profesional Surfers) anunciaba os cambios aos Top 45 mentres que o pasado domingo a ASP facíao público mediante un comunicado publicado na súa web:

Ler máis...
 
O surf e o ximnasio, camiños paralelos?
Surf & Ciencia - SurfFitness
Sábado, 25 Outubro 2008 21:15
O principal no mundo do surf é ter unha boa forma física. E nela, o fundamental é o que se chama resistencia. A resistencia fai que poidamos ter a capacidade de estar no auga sen nos cansar.
 
Pero, ¿Que ocorre cando temos que remar para coller unha onda? Nese caso o que precisamos é de potencia. A potencia o que fai é darnos a forza precisa para facer algo nun momento dado. Por exemplo, a resistencia fainos estar na auga remando e a potencia fainos apurar a remada no momento de ir facer o take off.

Hai moita xente que soe ir a ximnasios na procura dunha boa forma física, ademais de practicar o seu deporte preferido. É un bo xeito de compaxinar o deporte e tamén podemos evitar o mais temido: as lesións. Canto mais preparados esteamos fisicamente, menos posibilidades temos de lesionarnos.
Ler máis...
 
Oposición ecoloxista ao novo edificio da escola municipal de surf en Doniños
Natureza - Denuncias
Xoves, 23 Outubro 2008 21:05
Verdegaia denuncia a utilización de falsos argumentos por parte dos promotores do proxecto, con respecto ao estado de conservación das dunas, para xustificar a construción do novo edificio. Demanda a redación dun novo proxecto que respecte íntegramente o espazo dunar.

En relación ao "Proxecto de Rexeneración, Restauración Dunar e Dotación de Equipamentos na Praia de Doniños (Ferrol)", promovido polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino, a asociación ecoloxista Verdegaia ven de remitirlle á Dirección General de Calidad y Evaluación Ambiental de dito Ministerio un escrito sobre as consideracións de dita asociación a respeito das diversas actuacións do proxecto, tras someterse a consulta si sería necesario ou non someter o proxecto ao trámite de Avaliación de Impacto Ambiental, dacordo co R.D.L. 1/2008, do 11 de xaneiro.

Ler máis...
 
Resultados de Surf en Patos 08
Surfing - Campionatos
Xoves, 16 Outubro 2008 14:10

Os resultados da proba de surfing do XVIII Trofeo de Surf do Concello de Nigrán celebrado na praia de Patos foron os seguintes:

Ler máis...
 
Gony lesionado!
Surfing - Surfeiros
Martes, 14 Outubro 2008 13:53

Unha verdadeira mágoa saber que Gony Zubizarreta está lesionado. Segundo a web de naturalsurfing.com sabemos que esta lesión produciuse durante a disputa do Nixon Challenge na cidade de San Sebastian de hai apenas un mes.

Ler máis...
 
Xa está na rede o nº 11 de BGMag
Bodyboard - Revistas
Luns, 06 Outubro 2008 10:02

Xa está na rede o número 11 desta revista galega de bodyboard. Neste número de www.bodyboardgaliza.com atoparás fotos espectaculares, reportaxes sobre o campionato de Surfusiom 2008, viaxes e unha entrevista con Jonathan Vega.

Esta revista ten un formato espectacular e conta con máis de 80 páxinas de contidos totalmente de balde.

Se queres mirala pincha sobre esta ligazón!

 
Novo video e fotos do SURFUSIOM 2008
Bodyboard - Campionatos BB
Xoves, 02 Outubro 2008 09:34

 

Xa temos na rede un novo video do Surfusiom 2008 celebrado na praia de Ponzos e tamén novas fotos do campionato na web de Grosso! 

Fonte orixinal: www.bodyboardingbrasil.com.br

Nova enviada por Pablo dende FerrolTerra

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  

 
SurfGZ.com na portada de Chuza.org
Blog - Blog noticias
Martes, 30 Setembro 2008 17:18

Estes días estamos na portada da web da maior rede social galega en Internet, Chuza.org. Chuza! é un sitio de novas galegas que emprega un control editorial non xerárquico. Calquera pode enviar historias e a comunidade de internautas é quen as valora, as comenta e decide se publicalas na páxina principal, de forma que non intervén nunca a figura do editor. Esta rede ten máis de 3.000 usuarios e 4.000 visitas diarias.

Pincha nesta ligazón pra ver a nova chuzada sobre surfGZ.com

SurfGZ en Chuza.org

Ou pincha na imaxe pra ampliala!

 
Atopado un tiburón balea branco nas Galápagos
Natureza - Vida Mariña
Venres, 26 Setembro 2008 13:51

 

Fai un mes un grupo de mergulladores atoparon un tiburón balea branco nas augas das illas das Galápagos. Este exemplar femia duns 11 metros de lonxitude pode ser único na súa especie por mor da falta de pigmetación. Foi atopado nunha excursión de turistas dirixida por Antonio Moreano. El afirma que nesas augas soamente atopan exemplares femia e que non saben onde andan os machos. Estes exemplares de tiburón balea localizanse entre Xuño e Novembro.

Ler máis...
 
Nova sección de webcams en surfGZ.com
Blog - Blog noticias
Luns, 22 Setembro 2008 17:58

Estreamos unha nova sección en probas de surfGZ.com pra vos manter informados do estado do mar nas costas galegas. Pra visitar este novo apartado busca no segundo menú horizontal o botón de WEBCAMS Por favor se coñeces algunha outra webcam de interese ou tedes problemas pra visualiza-las imaxes, facédenolo saber mediante o noso formulario de contacto!

Esta nova sección incorpora as imaxes das surfcams que podemos ofrecer. Por motivos técnicos tedes que acceder a través da ligazón de www.raz.es pra mirar as ondas de Malpica, Caión, Razón, Orzán e Bastiagueiro. Asemade as surfcams de Portugal tamén van mediahte ligazón. 

Esperamos que sexa do voso agrado!

Unha aperta.

O equipo de SurfGZ.com

 
En perigo os mamíferos mariños pola contaminación acústica dos océanos
Surf & Ciencia - O Mar
Mércores, 17 Setembro 2008 09:48

A IFAW fai un chamamento para unha acción internacional urxente contra o ruído nos océanos.

A actual contaminación acústica dos océanos do mundo considera unha ameaza tan seria para os animais marítimos que unha acción internacional urxente debe ser tomada para responder a esta ameaza, segundo un informe alarmante de IFAW.

O informe, Ruído do Océano ( .pdf en inglés): avísanos dun crecente ruído artificial no mar - en particular producido por barcos, radares ultrasónicos e revisións sísmicas - interfire coa comunicación dos mamíferos marítimos, dramaticamente trocando o seu comportamento e perxudicando a súa saúde e ata matando a algunhas baleas e golfiños.

Ler máis...
 
A morte sobre a area galega – Un caldeirón, un sono
Natureza - Vida Mariña
Venres, 12 Setembro 2008 14:39

Chegou vivo coa mínima forza para arribar á praia salvaxe e escondida, rozar a fina pel contra os grans e morrer. Máis de cinco metros dun animal morto sobre a area. Os cetáceos volven á terra da que proceden cando xa non teñen forzas para seguir na mar.

Tivemos que percorrer a pe un longo traxecto ata chegar ata o seu corpo e o atopamos así, como se ve na foto, aparentando durmido baixo o sol nun sono imposible para un mamífero mariño. Sen feridas, sen danos aparentes, canso de vivir soamente.

Ler máis...
 
1ª Proba do Circuito Galego Open de bodyboard, Lariño (Carnota).
Bodyboard - Campionatos BB
Xoves, 11 Setembro 2008 18:51

O fin de semán do 13 e 14 de Setembro terá lugar a primeira proba do Circuito Galego Caixa Galicia de categoría Open Boduboard. As inscripcións xa están abertas. Lembra que o xoves 11 as 13 horas  é o último día para facela inscripción e o pago mediante ingreso ou transferencia bancaria. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo. ¡Se queres competir inscríbete xa!

Ler máis...
 
As orixes do surfing
Surf & Ciencia - Historia
Mércores, 10 Setembro 2008 16:19

No ano 1778, o capitán Cook e os seus barcos, o HMS Discovery e o Resolution, fixeron a primeira visita rexistrada de europeos ás illas de Hawaii. Eles detiveronse na illa máis occidental no seu camiño dende Tahiti cara a costa oeste de Norte América.

Despois de fracasar no seu intento de atopar unha canle que comunicase o pacífico norte e o atlántico, Cook levou os seus barcos ao arquipélago das Hawaii e parou na illa máis grande. alí, na bahía Kealakekua, o capitan Cook atopou a morte cando tentou secuestrar ao xefe local pra forzar a devolución dun barco roubado.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 281 282 283 284 285 286 287 288 289 Seguinte > Final >>

Páxina 287 de 289
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: