Surfing -
Entrevistas
|
Luns, 02 Febreiro 2009 12:47 |

Eiquí tedes a entrevista realizada ao actúal campión galego de surf. Nesta entrevista falamos con Pipo sobre os seus plans para o ano 2009 e algunhas cousas máis sobre a súa vida diaria. |
Ler máis...
|
Surfing -
Outras
|
Domingo, 01 Febreiro 2009 14:04 |
O equipo de www.grossosurfcamp.com convídache a que coñezas as novas instalacións que fan o noso proxecto realidade. Un centro de adestramento específico para 8 surfeiros e especialmente creado para o traballo en equipos dun máximo de oito deportistas. A combinación de días de surf polas praias de Ferrolterra desde Doniños a Pantín, xunto co goce das nosas instalacións, fan deste Centro de Adestramento de Surf, o mellor para os Surfcamps as concentracións e clinics de equipos e seleccións de Surf e Bodyboard. |
Ler máis...
|
Bodyboard -
Bugueir@s
|
Domingo, 01 Febreiro 2009 13:16 |
Eiquí tedes un video de Samuel Salgueiro en diferentes ondas de Ferrolterra producido pola xente do Grosso Surf Camp de Ferrol para un dos seus alumnos máis espilidos deste trimestre.
|
Ler máis...
|
Bodyboard -
Bugueir@s
|
Domingo, 01 Febreiro 2009 12:58 |
Rubén Deza "Pincho", o noso campión galego de Bodyboard, ven de asinar novos contratos para este ano con dúas marcas potentes no mundo do BB, Pride Bodyboard e Stealth de aletas. |
Ler máis...
|
Surfing -
Campionatos
|
Venres, 30 Xaneiro 2009 11:05 |
Despois de ter que surfear durante dúas semanas pola ría de Ares (Cirro, Miño e Perbes), onte, xoves 29 de xaneiro, saíron boas ondas en Lago (Valdoviño). Eiquí tedes unhas fotos da nosa campiona Flavia Braña surfeando esta onda. |
Ler máis...
|
|
Surf & Ciencia -
Historia
|
Mércores, 28 Xaneiro 2009 13:33 |
Seica o surf en alaia, antigo xeito hawaiiano de surfear está regresando ás costas de Australia e California. Neste vídeo publicado ai uns días mírase ben a dificultade de surfear con este tipo de prancha.
|
Ler máis...
|
Surf & Ciencia -
Arte
|
Mércores, 28 Xaneiro 2009 13:16 |
Pintar as casas dunha vila marítima con cores rechamantes. Azul, vermello, amarelo, verde... Nun tempo no que o concepto de feísmo está a introducirse con forza no imaxinario galego, a proposta pode semellar estraña. No entanto, o proxecto, creado polo artista César Lombera, está en vías de se facer realidade. Os veciños de Cabo de Cruz, en Boiro, xa acolleron positivamente esta proposta que recupera a policromía tradicional da nosa costa. |
Ler máis...
|
Surfing -
Outras
|
Martes, 27 Xaneiro 2009 20:10 |
Surfeiros do equipo nacional de Oxbow e Nike 6.0 impartirán este vrao os cursos de surf do Art Surf Camp. Pablo Solar, Miriam Imaz do equipo Oxbow e Borja Agote do equipo Nike 6.0 compartirán as súas experiencias da competición profesional do surf cos alumnos do Art Surf Camp. |
Ler máis...
|
Longboard -
Longueirón
|
Martes, 27 Xaneiro 2009 13:57 |
Estase facendo habitual estes días mirar na rede fotos de ondas que soamente rompen estes días de maretón. Atopamos no blog de Fiz unhas boas fotos dunha sesión de longueirón e tamen no blog de Jahgo. No blog de Tanaka tamén tedes boas fotos de Santa Cristiina. |
Ler máis...
|
Surf & Ciencia -
O Mar
|
Martes, 27 Xaneiro 2009 13:38 |

O quecemento global está a afectar gravemente á vida dos océanos. Dous estudos déronse a coñecer hoxe nos cales implican a súbaa da temperatura global e ao cambio climático asociado tanto no perigo de desaparición dos arrecifes de coral como aparición de zonas mortas no océano. Os arrecifes de coral son moi importantes xa que albergan o equivalente a unha selva tropical no océano, ou sexa rexións onde a biodiversidade está no seu tope, e hai innumerables especies animais e vexetais que dependen deles. |
Ler máis...
|
Surfing -
Campionatos
|
Luns, 26 Xaneiro 2009 16:45 |
Este campionato local vaise celebrar o día 7 de febreiro as 10:00 h na Praia da Lazanda coas seguintes modalidades Surf Open, Longueirón Open e Bodyboard Open. O evento é organizado polo Rapas Corcho Clube, Oestesurf.com e Zorlak SurfBoards. |
Ler máis...
|
Surfing -
Outras
|
Luns, 26 Xaneiro 2009 13:40 |
Estes días de forte mare os spots máis protexidos son os que funcionan en mellores condicións. Chegannos estas fotos feitas no Barbanza dunha onda de moita calidade da man de Gitos, un local da zona, que disfrutou este domingo dunha boa sesión ao carón da súa casa. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 291 292 293 294 295 296 297 298 Seguinte > Final >>
|
Páxina 291 de 298 |