Surfing -
Campionatos
|
Xoves, 25 Decembro 2008 19:53 |
Un ano máis, e xa van catro, os Patos Surf Club celebrou o Nadal ao grande cos seus Papa Noeles surferos. Máis de 50 surfeiros do Club Patos reuníronse o 24 de decembro para celebrar xuntos o nadal. As ondas e o sol acompañaron polo que puideron gozar ao máximo. |
Ler máis...
|
Surfing -
Outras
|
Mércores, 24 Decembro 2008 11:48 |
Dende o blog de Jahgo chegan estas fotos de Cantos. Un dos spots máis potentes e solitarios da nosa costa que soamente a xente brava da costa sul galega acostuma a surfear. Esta onda non é para principiantes e precisades entrar na auga con algún local pra vosa maior seguridade. Se tedes un casco non dubidedes en empregalo! |
Ler máis...
|
Bodyboard -
Revistas
|
Martes, 23 Decembro 2008 20:59 |
Presentamos un novo blog galego de BB Orzanbay.blogspot.com onde tedes noticias internacionais, estatais e galegas sobre bodyboard. Info sobre material e neoprenos de última xeración e proxectos en internet de bugueiros profesionais. Visitadeo e disfrutade da calidade deste novo proxecto informativo. |
Ler máis...
|
Surf & Ciencia -
O Mar
|
Martes, 23 Decembro 2008 19:46 |
Eiquí tedes A Memoria do Mar un novo proxecto de dixitalización de fotografías sobre o mar e as súas xentes. A cultura marítima galega é, sen dúbida unha das máis ricas de Europa. Nela converxen tanto o saber máis tradicional, onde a pesca, o marisqueo e a cabotaxe costeira conforman os seus principais alicerces, como as vinculacións marítimas con outros pobos e as navegacións transoceánicas. |
Ler máis...
|
Bodyboard -
Entrevistas
|
Martes, 23 Decembro 2008 13:35 |
 Cristina Fernández responde ás preguntas de SurfGz na súa primeira entrevista en internet despois do seu exitoso ano nas competicións de BB! |
Ler máis...
|
Surfing -
Outras
|
Martes, 23 Decembro 2008 00:56 |
Dende que comezamos este novo proxecto informativo a principios de setembro SurfGZ.com leva máis de 3.100 visitas e 13.200 páxinas visitadas e por iso queremos rematar este ano dando as gracias a toda a xente que pasou algún intre pola web e adicou algo de tempo a pulular polos contidos de SurfGZ. |
Ler máis...
|
|
Surfing -
Outras
|
Venres, 19 Decembro 2008 14:29 |
O vindeiro día 24 de decembro a partires das 11:00 preparaivos pra recibi-lo Nadal surfeando na praia de Patos. Como cada ano o Patos Surf Clube organiza o seu principal evento navideño surfeando vestidos todos de Papa Noël. Tamén haberá uns aperitivos navideños para recobrar forzas. |
Ler máis...
|
Bodyboard -
Bugueir@s
|
Martes, 16 Decembro 2008 14:42 |
Cristina Fernandez, a mellor bodyboarder galega deste ano, sumou tres novos premios a súa carreira deportiva na gala do deporte galego celebrada en Vigo esta finde pasada:
- Campiona Galega xuvenil 2008 - Subcampiona Circuíto Galego Xuvenil2008 - Campiona Circuíto Galego Open2008 Despois de finalizar na cuarta posición no Europeo Junior 2008 celebrado en Agadir este é o mellor xeito de remata-lo ano pra Cristina. Podes ler a noticia do Eurojunior pinchando nesta ligazón. Parabéns Cris! |
Ler máis...
|
Surfing -
Outras
|
Martes, 16 Decembro 2008 14:23 |
O pasado sábado 13 de decembro de 2008 celebrouse na sede da Federación Galega de Surf a Gala do deporte galego onde foille entregado ao Patos Surf clube o galardón como Mellor Clube Galego do ano 2008.
Na páxina web do Clube podes atopar info sobre as súas actividades e tamén no seu novo blog http://patosurfclub.blogspot.com/ Noraboa dende SurfGZ! |
Surfing -
Surfeiros
|
Martes, 16 Decembro 2008 11:38 |
Esta pasada fin de semana (13 de decembro) celebrouse en Vigo a gala do surf galego 2008. A surfeira de só 16 anos, Flavia Braña Arrondo, natural de Vigo e residente en Ferrolterra,foi premiada cos seguintes trofeos: - Subcampiona Galega Open 2008 - Campiona Circuíto Galego Xuvenil - Subcampiona Circuíto Galego Open
|
Ler máis...
|
Bodyboard -
Bugueir@s
|
Xoves, 11 Decembro 2008 11:07 |

A galega Cristina Fernández acadou a cuarta posición de Bodyboard Sub 18 no Eurojunior 2008 celebrado en Agadir este mes. Cristina contounos que pra ela foi seleccionada por Kako Garcia polos seus éxitos nos campionatos españois e galegos. Esta xoven competidora do Grosso Club de Ferrol soamente leva un ano competindo con excelentes resultados e é unha das grandes promesas do deporte galego. |
Ler máis...
|
Surfing -
Surfeiros
|
Martes, 09 Decembro 2008 18:37 |

Dende o blog de Occy chegan novas fotos das ondas de Ferrolterra e un dos surfers máis potentes da nosa terra, Paul Canning! |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 291 292 293 294 295 296 297 298 Seguinte > Final >>
|
Páxina 294 de 298 |