Surf & Ciencia -
Arte
|
Martes, 02 Decembro 2008 15:17 |

Juan Carlos Dominguez é un pintor canario que leva dende finais dos anos 90 anos vivindo na comarca de Ferrolterra onde surfea e pinta o mar galego. El naceu nas Palmas de Gran Canaria fai uns 40 anos. Comeza o seu andadura pictorica aos 9 anos de idade animado pola escola Lujan Perez. Durante a súa infancia pinta por lecer e cada vez engánchase máis a pintar, chegando a ser case unha necesidade a partir da súa mocidade. |
Ler máis...
|
Surfing -
Surfeiros
|
Luns, 01 Decembro 2008 18:19 |
Dende o blog de Occy chegan voando unhas fotos de Paul Canning en Penencia. Surf potente e extremo que eleva o noso deporte a súa máxima categoría. Tamén podes ver outras fotos da xente de Doniños rompendo en mil pedazos as ondas! |
Ler máis...
|
Surfing -
Outras
|
Luns, 01 Decembro 2008 13:21 |
No blog de Maika Boquete atopamos unha boas fotos da Machacona feitas o 10 de novembro e que amosan a calidade de unhas das millores ondas galegas. No seu blog podedes ver máis fotos desta boa sesión! |
Ler máis...
|
Surfing -
Campionatos
|
Sábado, 29 Novembro 2008 23:12 |
Federación Galega de Surf - Tras tres intentos fallidos, e malia os grandes esforzos do clube Hola Ola!, dende a FGS vémonos obrigados a suspender definitivamente a proba de Os Catros. Unha vez máis por culpa da climatoloxía adversa. Esta vez o causante da suspensión é o temporal que afecta a toda a península e que impedía aos competidores chegar ao lugar onde se celebraba a proba. O pago da inscripción seralle reembolsado a todas as persoas que o realizaron. |
Ler máis...
|
Longboard -
Longueirón
|
Mércores, 26 Novembro 2008 13:37 |
 O blog Longboard-ers.blogspot.com/ de Dani Alvite renova a súa imaxe na rede. Unha nova sobreplanta e unha foto de awakate no cabeceiro son as novidades deste blog que ofrece noticias variadadas sobre o mundo dos longueiróns. Tamén poder ler noticias galegas, estatais e internacionais sobre os 9 pés. Comprar longboards de segunda man e estar completamente informado das novidades do tablón! |
Ler máis...
|
Surf & Ciencia -
Shapeando
|
Martes, 25 Novembro 2008 13:33 |
Comezamos unha nova xeira de artigos sobre fabricación de tablas de surf cun video de laminación con color feito por Lulen dende a factoría de AHAU.
|
Surfing -
Outras
|
Luns, 24 Novembro 2008 20:09 |
A International Surfing Association ISA-, Corpo Gobernante do Surfing no mundo recoñecida polo Comité Olímpico Internacional, se enorgullece de anunciar que para o 2009 ampliou o seu Programa de Bolsas Individuais, de 20 a 40 gañadores. O período de aplicacións xa se abriu e finaliza o 12 de decembro.
O fondo de bolsas deste ano é de 20.000 dólares que serán entregados de forma íntegra aos máis necesitados e inspiradores surfeiros de até 18 anos do planeta. |
Ler máis...
|
|
Bodyboard -
Campionatos BB
|
Domingo, 23 Novembro 2008 12:28 |
Unha vez máis, grazas á colaboración do Concello de Arteixo, as súas praias acollen unha proba do Circuíto Galego Caixa Galicia con moi boas condicións para a práctica do bodyboard. Tras un breve atraso comezaban as primeiras mangas en torno ás 11:00 da mañá con olas dun metro con moita forza e picos múltiples que facían que a correcta selección de olas e a forma física fosen determinantes á hora de pasar cada manga. |
Ler máis...
|
Surfing -
Circuito Galego
|
Venres, 21 Novembro 2008 11:56 |
A pesar do tempo invernal e as duras condicións, os surfistas e bodyboarders galegos non defraudaron na Lanzada onde deron un recital de bo surf. Cabo destacar o gran nivel dos competidores xuvenís e infantís galegos que veñen pisando forte e con ganas de tomar o relevo nas categorías superiores. Aquí tendes os resultados:
|
Ler máis...
|
Natureza -
A Costa
|
Mércores, 19 Novembro 2008 10:41 |

A costa de Galiza abrangue uns 1.195 quilómetros de lonxitude, máis do 30% de toda a costa da península Ibérica. Conta con acantilados de até 600 m de altura, na Serra da Capelada, os maiores da Península; rasas mariñas e numerosas illas e illotes. Arredor dun 35% do litoral, uns 600 km, son de praias e outros areais, incluíndo as áreas dunares. Combínanse e coexisten meios de elevada produtividade (rías, lagoas…) con outros de condicións extremas para a vida (areais, acantilados…). O litoral galego conta cunha riqueza paisaxística, biolóxica e etnográfica única no mundo e fai parte imprescindíbel da nosa identidade cultural, das nosas referencias emocionais e do noso futuro colectivo. |
Ler máis...
|
Surfing -
Outras
|
Luns, 17 Novembro 2008 13:55 |
Dende o blog de TANAKA chegannos unha serie de fotos doutra xoia galega. Onda de fondo de rocha e area con pouca xente na auga! |
Ler máis...
|
Surfing -
Surfeiros
|
Domingo, 16 Novembro 2008 19:27 |
Continúa a recuperación de Gony e agora xa temos imaxes do seu surfing sobre fondo de rocas e en augas galegas...
|
Ler máis...
|
Surfing -
Campionatos
|
Domingo, 16 Novembro 2008 11:50 |
Tra-la finalización da derradeira proba do Circuito Nacional de Surf Promesas, a Federación Española de Surf facilita o ranking final provisional nas diferentes categorías. Rafael Dopico fica na terceira posición en surf sub-18 e na segunda praza en surf sub 16. Erika Franco na 3ª praza en surf sub-18. Gonzalo Díez acada a segunda praza en surf sub-14. Na categoría de bobyboard soamente a galega Cristina Fernandez do Grosso Doniños acadou un podio e ocupa a primeira posición en body sub-18! Erika Franco
|
Ler máis...
|
Surfing -
Surfeiros
|
Venres, 14 Novembro 2008 12:02 |
Gony xa está surfeando de novo. Neste video podedes ver o primeiro baño despois duns meses afastado da auga e dos campionatos. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 291 292 293 294 295 296 297 298 Seguinte > Final >>
|
Páxina 295 de 298 |