Vídeo Open surf Esteiro de Xove
Venres, 09 Xuño 2017 11:56

Xa temos o vídeo oficial do Open surf Esteiro de Xove celebrado a pasada semana na Mariña e con éxito de participación e público.

 
Galería de Fotos do Open de Surf Esteiro de Xove
Xoves, 08 Xuño 2017 20:34


Velaquí temos unha fermosa galería de Fotos do Open de Surf Esteiro de Xove 2017 que foi un éxito de participación e que arrexuntou a moitos míticos surfeiros da Mariña de novo. Moi bo ambiente e organización grazas a Nacho do Surf Café Esteiro e tamén a Federación Galega de Surf. Fotos: Jose Angel Niño Martinez.

Ler máis...
 
Confirmado Orzán para o Nororeste Pro
Xoves, 08 Xuño 2017 18:58

ATENCIÓN IMPORTANTE!

Xa temos praia confirmada para a competición. O campionato Nnoroeste Pro desenvolverase na PRAIA DO ORZÁN e a hora de inicio é o venres ás 10:00 h coa Copa Galicia de Surf. O sábado e o domingo teremos o evento Noroeste Pro con pro surfers de alto nivel como Marlon Lipke, Gony, Vicente Romero, Lucía Martiño e outros..

Tamén festival de música o sábado no Playa Club e zona de mercado no paseo do Orzán.

Ler máis...
 
Hoxe charla con Gony Zubizarreta e Vicente Irisarri na Coruña - Noroeste Pro
Xoves, 08 Xuño 2017 09:13


Lembrade que hoxe ás 19.00h, dentro do programa de actividades do Noroeste Pro, no Salón de Actos de Monelos de A Coruña, Gony Zubizarreta Moya e Vicente Irisarri, mellor surfeiro galego de todos os tiempos e o  fundador do Pantin Classic respectivamente, compartirán as súas experiencias connosco nunha mesa redonda sen precedentes. Esperámosvos!

Ler máis...
 
Greek Surf Mission con Gony e Marlon
Martes, 06 Xuño 2017 08:56

Novo vídeo de Nixon con Gony Zubizarreta e Marlon Lipke surfando ondas perfectas na costa de Grecia na compaña de Yannick De Jager. Aproveitaron un golpe de mar que entrou pra disfrutar de dúas sesións de surf durante nove horas grazas á axuda dun amigo e shaper local e demostrar que tamén hai moi boas ondas no Mediterráneo.

Ler máis...
 
Programa do Noroeste Pro
Luns, 05 Xuño 2017 17:59


Xa temos o programa definitivo do Noroeste Pro que vai contar coa presenza de grandes surfistas europeos pero tamén con charlas e concertos na cidade da Coruña. Kepa Acero, Gony, Vicente Irisarri, Milo Castelo, Victor Iván Pombo. e Aitor Francesena ofrecerán conferencias esta semana en diferentes espazos.

Ler máis...
 
Day 2 Highlights - Outerknown Fiji Pro 2017
Luns, 05 Xuño 2017 17:57

Resumo oficial do segunda día de competición na proba WSL Outerknown Fiji Pro co moi boas ondas e tubos espectaculares durante a ronda 2.


 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 7 de 537
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: