Surfing -
Outras
|
Luns, 17 Novembro 2008 13:55 |
Dende o blog de TANAKA chegannos unha serie de fotos doutra xoia galega. Onda de fondo de rocha e area con pouca xente na auga! |
Ler máis...
|
Surfing -
Surfeiros
|
Domingo, 16 Novembro 2008 19:27 |
Continúa a recuperación de Gony e agora xa temos imaxes do seu surfing sobre fondo de rocas e en augas galegas...
|
Ler máis...
|
Surfing -
Campionatos
|
Domingo, 16 Novembro 2008 11:50 |
Tra-la finalización da derradeira proba do Circuito Nacional de Surf Promesas, a Federación Española de Surf facilita o ranking final provisional nas diferentes categorías. Rafael Dopico fica na terceira posición en surf sub-18 e na segunda praza en surf sub 16. Erika Franco na 3ª praza en surf sub-18. Gonzalo Díez acada a segunda praza en surf sub-14. Na categoría de bobyboard soamente a galega Cristina Fernandez do Grosso Doniños acadou un podio e ocupa a primeira posición en body sub-18! Erika Franco
|
Ler máis...
|
Surfing -
Surfeiros
|
Venres, 14 Novembro 2008 12:02 |
Gony xa está surfeando de novo. Neste video podedes ver o primeiro baño despois duns meses afastado da auga e dos campionatos. |
Ler máis...
|
Natureza -
Denuncias
|
Xoves, 13 Novembro 2008 14:29 |
Hai agora seis anos, un petroleiro cuspindo fuel nas nosas costas convertíase na única referencia informativa do país e provocaba a maior catástrofe ambiental que se lembra.
Foi un mércores 13 de novembro. O temporal azoutaba as nosas costas causando asolagamentos en pobos e cidades, o amarre da flota ou retencións de tráfico. A consecuencia máis grave parecía ser a morte de dúas mulleres pola caída dun guindastre na Coruña. A media tarde, Vieiros facíase eco do perigo de afundimento dunha embarcación cargada de petróleo a 28 millas ao oeste das costas de Fisterra.
|
Ler máis...
|
Surfing -
Circuito Galego
|
Luns, 10 Novembro 2008 22:09 |
Cando xa só queda por disputar unha proba das categorías Surf Open, Infantil e Xuvenil así como de Bodyboard Infantil e Xuvenil, e a falta de dúas probas para finalizar o circuíto de Bodyboard Open aquí tendes todos os rankings actualizados ofrecidos pola Federación Galega: |
Ler máis...
|
|
Surfing -
Campionatos
|
Luns, 10 Novembro 2008 21:36 |
A fin de semana pasada celebrouse na praia da Lanzada a última proba do Campionato Galego Xuvenil con máis de setenta participantes nunha xornada de climatoloxía invernal e duras condicións onde os competidores xogábanse as posicións finais nos rankings Xuvenil e Infantil no Circuíto Galego Caixa Galicia 2008. |
Ler máis...
|
Surf & Ciencia -
Tecnoloxía
|
Mércores, 05 Novembro 2008 18:11 |
Hai moitos sordos ou aficionados ao surf que no saben a linguaxe de signos sobre surf. Atopei no blog de Sordossurfwaves.blogspot.com iste debuxo e pareceume moi interesante. O debuxo foi feito por un australiano Gasch Gaschk que é surfeiro e sordo; é aficionado a debuxar. Nel podes mirar 3 signos diferentes segundo a práctica deportiva; surfing, bodyboard e tablón. |
Ler máis...
|
Surf & Ciencia -
Historia
|
Martes, 04 Novembro 2008 18:23 |
Willy Uribe - En 1990, cando a revista Marejada Surf aínda tiña algo de pulso, solicitei a Carlos Bremón, pioneiro do surf galego, que escribise un texto sobre os seus comezos no surf. Eu sabía que ese texto sería unha descrición da orixe do surf en Galicia, e así foi. Pero o caso é que o texto de Carlos, escrito con elegancia e a máquina nuns folios xa un pouco amarelos, pasou ao meu arquivo... e alí estivo até hoxe mesmo. Transcribo o texto de Carlos tal e como el escribiuno. Creo que é unha pequena xoia da historia do noso surf. Fará xa dezanove anos no próximo verán, cando un asturiano estudante de Náutica, Félix Cueto, trouxo por primeira vez unha táboa a Galicia, á Coruña. Eu, que por aquel entón traballaba nun banco, tiña un compañeiro que empezou a falarme do entusiasmado que estaba cun novo deporte chamado surf. Díxome que coñecía a unha persoa que vivira en Venezuela e que se trouxo de alí unha táboa de surf, que entón repousaba na escuridade dun garaxe. Podemos pedirlla e probar. ¿Que che parece? A circunstancia de que eu fose un bo nadador creo que foi a decisión para elixirme como compañeiro de viaxe. |
Ler máis...
|
Surfing -
Outras
|
Luns, 03 Novembro 2008 21:36 |
Moitos pais pregúntanme si non é mellor que o seu rapaz empece facendo body antes de empezar directamente co surf (normalmente son as nais, preocupadas pola dureza da táboa e os posibles golpes). Moitos surfistas, ante esta pregunta, responden casi sobresaltados con un NON rotundo, como si o body fose causar algún tipo de alerxia crónica nos rapaces. Eu sempre respondo que non é necesario facer body como paso previo a iniciarse no surf.
Peeeero, ninguén pode negar que un bodyboard (máis pequeno e blando que unha táboa de surf) e un par de aletas (nádase mellor en caso de perdela táboa) da moita máis seguridade e confianza na auga. Sobretodo cando alguén está empezando. De feito, cando expertos bodyboarders se pasan ó surf, e durante ese proceso de cambio leva no coche as dúas táboas...cando as olas están grandes ou son moi fortes, collen o body. Porqué? entre outras cousas porque da máis confianza, menos medo. |
Ler máis...
|
Surfing -
Campionatos
|
Xoves, 30 Outubro 2008 10:54 |
 O noso corresponsal vigues Pit Peretas participou neste evento realizado por Volcom na praia de Patos no Concello de Nigrán e mandounos esta pequena crónica do evento. |
Ler máis...
|
Surfing -
Campionatos
|
Martes, 28 Outubro 2008 20:45 |
A ASP decidiu reformar en profundidade o sistema de competición para o WCT despois de ver como algunhas cousas fallaron e fallan durante esta presente tempada. Primeiras roldas sen interese pero con perfectas condicións e finais interesantísimas pero con ondas penosas, surfeiros que pasan de todo e non van a certas probas porque xa non poden gañar o título mundial ou simplemente por preguiza son algunhas das razóns que levaron á ASP ha reinventar o WCT para o ano que vén.
Nunha carta enviada hai unha semana, a WPS (World Profesional Surfers) anunciaba os cambios aos Top 45 mentres que o pasado domingo a ASP facíao público mediante un comunicado publicado na súa web:
|
Ler máis...
|
Surf & Ciencia -
SurfFitness
|
Sábado, 25 Outubro 2008 21:15 |
 O principal no mundo do surf é ter unha boa forma física. E nela, o fundamental é o que se chama resistencia. A resistencia fai que poidamos ter a capacidade de estar no auga sen nos cansar. Pero, ¿Que ocorre cando temos que remar para coller unha onda? Nese caso o que precisamos é de potencia. A potencia o que fai é darnos a forza precisa para facer algo nun momento dado. Por exemplo, a resistencia fainos estar na auga remando e a potencia fainos apurar a remada no momento de ir facer o take off.
Hai moita xente que soe ir a ximnasios na procura dunha boa forma física, ademais de practicar o seu deporte preferido. É un bo xeito de compaxinar o deporte e tamén podemos evitar o mais temido: as lesións. Canto mais preparados esteamos fisicamente, menos posibilidades temos de lesionarnos.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 301 302 303 304 305 Seguinte > Final >>
|
Páxina 303 de 305 |