Galería de Fotos do Rock&Long 2017 - Jorge Touriño
Luns, 02 Outubro 2017 19:10

Velaquí tedes unha escolma das mellores fotos realizadas por Jorge Touriño a pasada fin de semana no Rock&Long 2017 na praia de Montalvo. Tres días de festa e boas ondas con moita música e que rematou coa victoria do xoven rider coruñes Iago Formosel, do equipo TSP. Rock and Roll e boa comida no Kannion Bar grazas a Toño. Na praia non faltaron os fotógrafos locais como Jorge Touriño e Benito Oliveira que sempre están presentes neste evento.


Ler máis...
 
Final Surf Sub-18 A Lanzada
Luns, 02 Outubro 2017 08:29

Borja Malvar foi o campión da proba Sub-18 na praia da Lanzada este pasado sábado seguido de Ignacio Guisasola. Foi unha final moi axustada e con boas ondas como podedes ver neste excelente vídeo gravado dende o ar. Seguiremos informando...

 
Live Online! World Bodyboard Championship Viana do Castelo 2017 - Day 3
Venres, 29 Setembro 2017 09:03

World Bodyboard Championship Viana do Castelo 2017 - Day 3

 
As rapazas de Patos Surf de surfari por Ferrolterra
Venres, 29 Setembro 2017 08:57

Resumo da acampada do equipo feminino sub16 de Patos surf club pola costa de Ferrolterra. Un traballo de Keko Vilán

 
Day 1 Highlights Viana World Bodyboard Championship
Xoves, 28 Setembro 2017 08:18

Resumo do primeiro día de competición no Viana World Bodyboard Championship.

 
Leonardo Fioravanti - Galicia Sessions
Martes, 26 Setembro 2017 15:08

Leo Fioravanti, un dos grandes surfeiros europeos do momento, presenta este novo vídeo con imaxes de surf e paisaxes da nosa terra da súa pasada viaxe por Ferrolterra. Leo é un competidor habitual do circuíto mundial e surfea con Bradley Surfboards dende os seus comezos. Sen dúbida unha das grandes referencias do momento.

Ler máis...
 
Martina Álvarez nova campiona Luso Galaica de Surf 2017
Martes, 26 Setembro 2017 14:44

Luso Galaico Surf 2017

Martina Álvarez, a nova promesa do surf galego, proclamouse campiona de surf Luso Galaica 2017 este pasado domingo na praia do Cabedelo, en Viana do Castelo. Este excelente resultado da ferrolá está acompañado do segundo posto de Cristina Rey e terceiro de Alba Love. A surfeira portuguesa Raquel Vale, do Surf Clube Viana, completou o podio.

Luso Galaico Surf 2017

Ler máis...
 
Cristian Pérez novo campión Luso Galaico de Bodyboard 2017
Martes, 26 Setembro 2017 08:14

Cristian Perez Portugal

Gran noticia da victoria de Cristian Pérez no Luso Galaico 2017 de Boyboard nunhas condicións radicais con ondas de máis de dous metros e series pasadas este pasado domingo na praia de Arda en Afife. Deste xeito o rider vigués acada unha wildcard, recibida da man de Iain Campbell, actual líder do rank mundial da APB, pra competir na proba do mundial Viana World Bodybard Championship que comeza este xoves en Afife e que vai contar coa presenza dos grandes bodyboarders mundiais. Este evento foi organizado polo Surf Clube de Viana.

Afife Surf Portugal

Ler máis...
 
Juan Fernández rompe os seus límites nunha onda xigante na Coruña
Luns, 25 Setembro 2017 08:43

surf galicia Juan Fernandez

Onte o surfeiro coruñés Juan Fernández superou os seus límites nunha onda que superaba os oito metros grazas a axuda de Eric Rebiere coa moto de auga e foi recollida pola cámara de Remi Berthet. Deste xeito xa podemos afirmar que Juan é un novo surfeiro de ondas xigantes e abre unha nova etapa na súa carreira e formación. Noraboa a todos os que participaron nesta fazaña e desexarlles moitas novas aventuras. Foto: Remi Berthet

 
Galería de Fotos do II Rufo's Tribute
Domingo, 24 Setembro 2017 21:11

Surf Coruña Rufos Tribute

Velaquí tedes as primeiras fotos do II Rufo's Tribute celebrado onte na praia do Orzán grazas a Quique Otero Seijo que estivo presente nesta homenaxe aos pioneiros do surf na cidade da Coruña. Moita asistencia de surfeiros e pranchas antigas na area, música, amizade moi bo ambiente nun evento diferente e especial grazas á excente organización de Lobos de Mar Surf Club.

Ler máis...
 
Pantín - Circuíto Galego de Surf 2017
Xoves, 21 Setembro 2017 08:51

Vídeo oficial da FGS co resumo do acontecido na praia de Pantín na proba do Circuíto Galego de Surf 2017 con ondas dun metro e con series máis grandes e algo tocado de vento.

 
Todo preparado para o Rock&Long 2017!
Mércores, 20 Setembro 2017 15:20

Xa faltan menos de dez días pra que arranque o Festival de Longboard das Rías Baixas e no que todavía estás a tempo de participar. Podes inscribirte ata o día 28 e competir na praia de Montalvo e disfrutar da festa nocturna na compaña do mundillo de amantes do glide e dos nove pés. O evento arrancará o venres 29 de Setembro ás 19:30 coa presentación do evento e as mangas do campionato e un concerto de rock con Los Lombardi e Santos Morcegos

Ler máis...
 
Training in Pantín - Noe Mar McGonagle
Martes, 19 Setembro 2017 15:42

Unhas ondiñas de Noe Mar McGonagle, surfeiro profesional de Costa Rica, na praia de Pantín...

 
Bruno Martín campión en Sintra na Proba do Mundial Junior de Bodyboard
Luns, 18 Setembro 2017 19:47

Bruno Martin bodyboard

Noraboa a Bruno Martín, bodyboarder ferrolán, que se proclamou novo campión na proba do Mundial Junior de Bodyboard a pasada fin de semana na praia lusa de Sintra. Bruno remontou nos derradeiros 20 segundos da manga cando non parecía que fose unha ameaza para o resto de competidores. Esta excelente onda deulle a puntuación necesaria pra ser o campión. Foto superior: APB World Tour

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 4 de 275
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: