Surfing -
Sesións de Surf
|
Mércores, 18 Agosto 2021 18:38 |
Boas ondas con Eric Rebiere estreando a súa nova fish feita por Bugarski Surfboards na praia de Bastiagueiro.
|
Surfing -
Sesións de Surf
|
Luns, 16 Agosto 2021 08:44 |
Un pouco de surfing con @Ansesurf e @Lawtips dende a praia de Campelo coas novas Honey Surgarbag un día de condicións pequenas pero perfectas. Disfrutade con este novo vídeo feito con moitas ganas e con bos consellos. |
Ler máis...
|
Surfing -
Circuito Galego
|
Mércores, 04 Agosto 2021 15:02 |

Esta fin de semana temos campeonato da liga galega de surf! Xa estan abertas as inscripcións na nosa web pra competir no Trofeo de Surf e Paddle Surf "Diego Bello Lafuente" no que van ter lugar a 1ª Proba Liga Galega Open e 2ª sub18 Barrañán - La Duna que terá lugar o vindeiro sabado 7 e domingo 8 de agosto na Praia de Barrañán, Concello de Arteixo (A Coruña). |
Ler máis...
|
Surf & Ciencia -
Arte
|
Mércores, 04 Agosto 2021 11:57 |

Xa podes pasar por Mission Surf Shop e ver a nova exposición fotográfica de Maryam Santos e de paso comprar algunha das súas obras. Todo na rúa da Peregrina nº 40 en horario comercial.
|
Surfing -
Campionatos
|
Xoves, 29 Xullo 2021 10:07 |

A Federación Española de Surfing xa ten abertas as inscripcións para un dos campeonatos nacionais mais esperados do ano. O Campionato de España de Surfing 2021 vai ter lugar na praia da Frouxeira os días 30 de Agosto ata o 5 de Setembro en Valdoviño. |
Surfing -
Sesións de Surf
|
Mércores, 21 Xullo 2021 16:34 |
Novo vídeo de Maryam Portabales con imaxes dunha viaxe inesperada ao norte de Portugal na compaña dos seus amigos.
|
Surfing -
Campionatos
|
Martes, 20 Xullo 2021 12:29 |

Convocados os Triais Galegos Pro Junior Surf na praia de Doniños, no Concello de Ferrol, con catro Wildcards (2 feminino e 2 masculino) para o evento principal.
|
Ler máis...
|
|
Longboard -
Longueirón
|
Mércores, 14 Xullo 2021 11:35 |

Xa está aberto o periodo de espera da primeira proba da Liga galega de Longboard territorio nacional. Estade atentos a redes sociais da Federación Galega de Surf. |
Surfing -
Sesións de Surf
|
Xoves, 08 Xullo 2021 16:00 |
Sesión de surf e bodyboard en Doniños o pasado mes de Xuño con boas ondas de tres cuartos e bastante xente na agua.
|
Surfing -
Sesións de Surf
|
Mércores, 30 Xuño 2021 16:56 |
Vídeo resumo destes meses pasados de surfing en diferentes praias e ondas da Costa da Morte con Toni Varela e Carlos Fernández de One Surf Academy.
|
Surfing -
Circuito Galego
|
Luns, 28 Xuño 2021 10:42 |
Resumo da 3º Proba da liga Galega Junior de Surf 2021 na Praia de Caión, organizada por Prado Surf e a Federación Galega de Surf. Esta terceira proba da liga Galega Junior Surf era puntuable para o circuíto nacional, polo que durante o sábado e o domingo atopáronse na auga máis de 180 surfeiros chegados de toda España. |
Ler máis...
|
Longboard -
Festivais
|
Mércores, 23 Xuño 2021 16:30 |
Novos dous vídeos coas mellores imaxes do Festival Ferrolog 2021 con Nathan Sadoun, Nicolás García, Diogo Apelton, Adrían López, Jon Garmendia, Robin Falxa, Iago Formosel, Corentin Clech e outros máis grazas ao traballo de Hangten Magazine.
|
Natureza -
Denuncias
|
Venres, 18 Xuño 2021 09:11 |

A chegada da fábrica de CELULOSAS a Lourizán, supuxo a destrución ambiental, económica e urbanística da comarca. Imposta pola forza militar en terreos gañados ao mar mediante recheos, sepultou o mellor banco marisqueiro da Ría e as praias urbanas de Pontevedra, e provocou a desaparición de moitas especies e a perda dun importante número de postos de traballo. O incumprimento sistemático da lexislación ambiental, tanto coas emisións á atmosfera como cos vertidos ao mar, permitido polos sucesivos gobernos do Partido Popular na Xunta e no Estado (que antepoñen sempre os intereses empresarias ao interese xeral) motivou a condena, en novembro de 2002, por delito ecolóxico continuado e danos á saúde das persoas. |
Ler máis...
|
Surfing -
Circuito Galego
|
Xoves, 17 Xuño 2021 11:46 |

Convocada para esta fin de semana, 19 e 20 de Xuño na praia de Caión, a 3ª Proba Liga Galega Junior de surf e bodyboard organizada pola Federación Galega de Surf, Prado Surf Club e o Concello de A Laracha. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 5 de 305 |