JoniJnm.es
Frontpage Slideshow | Copyright © 2006-2010 JoomlaWorks, a business unit of Nuevvo Webware Ltd.
Girls Surf Day na Lanzada
Venres, 14 Xullo 2017 08:49


Mañán ides poder participar no Surf Girls Day na praia da Lanzada e organizada por Mission Surf Shop con clases e exhibicion de surf, ioga en paddle surf ao solpor, sorteos e regalos e concerto de Cápitall. Todo este sábado 15 de Xullo a partires das 10:00 horas.

Ler máis...
 
Angola Challenge
Mércores, 12 Xullo 2017 14:10


Novo vídeo de La Conservera del Surf coas mellores ondas e imaxes da súa recente viaxe a Angola onde puideron surfear ondas solitarias. Unha expedición en busca de aventura e perfeccionamento de surf con Jorge Arrieta, Alberto Herrera, Rafa Vicente e Iñaki Oyarzábal desde Bilbao, José Imbernón e Jaji Iglesias desde Vigo, Manolo Movellán desde Madrid e Narci Jurado desde Cádiz. Dedicado ao máster Jesús "Txustone" Luzarraga.

Ler máis...
 
Surfeando na Costa da Morte
Martes, 11 Xullo 2017 08:47

Chegá o verán e de novo Manu Lamela, o fundador de Quemalavida.com, regresou de viaxe á Costa da Morte pra disfrutar de sesións veraniegas e da nosa terra.

Ler máis...
 
Campionato de España de Longboard - Doniños
Luns, 10 Xullo 2017 09:21

Resumo oficial da proba de Longboard do Campionato de España celebrado na praia de Doniños e que rematou coa victoria de Alberto Fernández (14,65ptos) pero tivo  que esperar na area polas últimas puntuacións pra coñecer se entraría na historia dos Campionatos de España de Surfing co seu quinto título consecutivo, e así foi. O andaluz Juan Villasante (14,35ptos) foi segundo seguido dos galegos Iago Formosel con 14,00ptos e Jesús Busto completaron o pódium en terceira e cuarta posición respectivamente.

Ler máis...
 
Welcome Kike!
Xoves, 06 Xullo 2017 15:00

Novo vídeo profile de Kike Sanjurjo de benvida ao equipo de Spot Surf Shop. Filmado e editado por @fran_aguilarbb e @f.a.sphoto

Ler máis...
 
Novo vídeo do Campionato de España Junior de Doniños
Martes, 04 Xullo 2017 09:01

Novo vídeo do acontecido en Doniños durante o Campionato de España Junior nas categorías Sub-14, Sub-16 e Sub-18 grazas ao traballo de Sebas Bamonde.

 
Patos Surfing Day 2017
Luns, 03 Xullo 2017 14:38

Resumo oficial do evento Patos surfing day 2017, organizado polo Concello de Nigrán a Federación Galega de Surf e o Patos Surf Clube, máis de douscentos surfeiros celebraron este pasado domingo 25 de Xuño na praia de Patos un día especial con música na praia, cursos gratuítos de surf, probas de táboas, cursos de paddle surf, Flysurf e Hoverboard, Zumba, concurso de baile, gran grellada na praia e como sempre ao finalizar o día nun ultimo acto ecolóxico, realizar unha limpeza da praia.

Ler máis...
 
Ignacio Guisasola novo Campión de España Sub-18
Luns, 03 Xullo 2017 12:47


Noraboa a Ignacio Guisassola (sub 18 masculino) pola súa victoria no Campionato de España en Doniños. A surfeira ferrolá Isa Gundin é a nova subcampiona de España surf sub18 & Open e Iago Formosel 3er posto en Longboard. Tamén felicitar aos surfistas Kai Odriozola (sub 12), Janire González (sub 14 feminino), Nerea Donaire (sub 16 feminino), Moisés Domínguez (sub 14 masculino), Iker Amatriain (sub 16 masculino), Nadia Erostarbe (sub 18 feminino) novos Campións de España individual júnior


Ler máis...
 
Vídeo do Campionato de España de Surfing 2017
Xoves, 29 Xuño 2017 07:43

Velaquí tedes o vídeo oficial co resumo do acontecido estes días na praia de Doniños durante a celebración do Campionato de España de Surf por autonomías. Canarias foi a vencedora deste ano e o noso equipo acadou a segunda praza quedando por diante de cántabros, asturianos, andaluces e murcianos.

Ler máis...
 
The cave session - Martín Cortijo
Mércores, 28 Xuño 2017 15:22

Novo vídeo profile do surfeiro coruñés Martin Cortijo con imaxes dun baño libre estes pasados días de calor e sol. Este mes Martín, despois de gañar o Noroeste Pro, está a probar a súa nova DHD DX1 en diferentes praias con moi boas sensacións como podedes ver no seu flow nas ondas.

Ler máis...
 
Bo ambiente no primeiro día de surf en Doniños
Martes, 27 Xuño 2017 09:32


A ferrolá praia de Doniños deu o pistoletazo de saída a unha semana de surfing nos que se decidirán os novos campións de España. A xornada de onte congregou na area ás seleccións autonómicas de 6 comunidades entre as que este ano debutaba unha nova. Ás xa habituais Andalucía, Asturias, Canarias, Cantabria e Galicia sumouse unha nova competidora, a selección de surf de Murcia.

Ler máis...
 
Arranca o Campionato de Surf de España en Doniños
Luns, 26 Xuño 2017 10:32


Hoxe comeza o Campionato de España por Autonomías 2017 na praia de Doniños e organizado pola FES. As seleccións autonómicas que finalmente competirán no #CESURF2017 son: Galicia, Canarias, Cantabria, Asturias, Andalucía e a nova competidora Murcia.

Ler máis...
 
La Conservera Surf Champ 2017 - 1 de Xullo
Domingo, 25 Xuño 2017 10:56


O vindeiro 1 de Xullo convidámosvos a unha divertida xornada de surf con pranchas brandas Indio Surfboards para os intrépidos surfeiros, tag team por equipos, alumnos, amigos, familia, monitores e Mario Azurza chegado desde Zarautz con ideas frescas. Unha festa do surf que acabará na escola con música, premios e ambiente estival... Espéravos Donald Trump, Pamela Anderson, un ovni e Bodhi!

Ler máis...
 
Clases de Ioga na Praia - Nigrán
Mércores, 21 Xuño 2017 15:48


Xa te podes apuntar nas clases de Ioga na praia que van ter lugar os luns, martes e xoves na comarca do Val Miñor impartidos por Giorgia Bulzacca, surfeira italiana afincada na praia de Patos dende hai varios anos. Se queres asisitir podes contactar por teléfono no 600865579 pra ter máis información de horarios e prezos.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 5 de 272
JoniJnm.es
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: