Unhas ondiñas nas Rías Baixas
Surfing - Sesións de Surf
Luns, 12 Febreiro 2018 18:59

Mini sesión de surf rápida de Germán Prieto, surfeiro catalán afincado en Vigo, probando a Rocket 6'2'' de Honey Surfboards no sur das Rías Baixas. Imaxes gravadas con GoPro. Edición: Matías Rivas.

Ler máis...
 
De surfari por Canarias
Surfing - Viaxes
Domingo, 11 Febreiro 2018 22:07

Fermoso vídeo dunha viaxe de surf organizada por Surfer Magazine co fotografo Nick Lugo e Ardiel Jiménez coa súa cámara. Jonathan González e Gony Zubizarreta dan un recital de tubos e manobras na compaña doutros grandes surfeiros canarios.

 
Circuíto Surf do Norte: Viana do Castelo
Surfing - Campionatos
Xoves, 08 Febreiro 2018 09:53

O Surf Club de Viana organizou a 1ª etapa do Circuíto Rexional de Surf do Norte, a pasada fin de semana, na praia do Cabedelo, en Viana do Castelo. Con boas ondas e surf de calidade, esta proba volveu rexistrar unha grande afluencia de competidores. Os surfeiros dao clube local destacaron entre os 78 inscritos, ao posicionaren sete surfeiros entre os 16 finalistas, tendo mesmo Benedita Neves vencido en Sub 16. Organización: Surf Clube Viana. Vídeo: André Cardoso.

Ler máis...
 
Some sunny days - Jesurf
Bodyboard - Bugueir@s
Xoves, 08 Febreiro 2018 09:07

Novo vídeo de Jesurf con boas imaxes de surf e bodyboard en diferentes baños pola costa da Coruña.

 
O Ollo que todo o ve - Jorge Touriño
Surfing - Sesións de Surf
Mércores, 07 Febreiro 2018 09:04

Surf Galicia

Velaquí tedes unha escolma das mellores imaxes captadas polo ollo que todo o ve de Jorge Touriño nas Rías Baixas. Días de frío con boas ondas que algúns puideron disfrutar a primeiros de mes.

Surf Galicia

Ler máis...
 
QS Tenerife con Pablo Montero e Nacho Guisasola
Surfing - Campionatos
Luns, 05 Febreiro 2018 13:14

Nacho Guisasola e Pablo Montero estiveron en Tenerife pra competir no QS1500 de Las Américas. Neste vídeo podedes ver un resumo da súa viaxe e tamén varias ondas en competición.

 
Unha ollada ao Centro de Alto Rendimento de Surf de Viana do Castelo
Surfing - Outras
Luns, 05 Febreiro 2018 09:55

Comezamos a semana con este vídeo do Centro de Alto Rendimento en Viana do Castelo pra coñecermos un pouco o seu funcionamento e características. Unha instalación e punteira e que fai de Portugal outro exempo a seguir. Todo moi ben explicado por Chloe Calmon, surfeira e longboarder profesional.

 
Vicente Romero vencedor da Invernal de Laredo
Surfing - Campionatos
Venres, 02 Febreiro 2018 16:34

Vídeo e resumo oficial da III Edición da Invernal de Laredo que rematou coas victorias de Vicente Romero e Ariane Ochoa. Outra vez máis este evento foi un éxito grazas o gran nivel de ondas e surfeiros reunidos en Cantabria.

Ler máis...
 
Aniversario dun bigote - Cormorán surfboards
Surf & Ciencia - Shapeando
Mércores, 31 Xaneiro 2018 20:54

Catro anos dende o nacemento dun obradoiro movido pola paixón do surf puramente clásico na Costa da Morte. Un vídeo intimo dendo o corazón de Cormorán Surfboards, unha marca de táboas feitas a man creada por Toni Varela, que leva xa catro anos dando servizo aos surfeiros que gustan de cousas sinxelas e ben feitas. Longa vida a este proxecto!

 
Convocatoria aberta FGS pra monitor TD1
Surfing - FGS
Mércores, 31 Xaneiro 2018 16:23

O adestrador nacional en surfing nivel I é unha titulación oficial deportiva regrada no BOE, que forma ás persoas para ser adestradores deportivos de surf.

Esta titulación está composta por:

- Proba de acceso.
- Bloque específico.
- Bloque común.
- Período  de prácticas (150 horas).

A proba realizarase o sábado 24 de febreiro na praia de Pantín segundo condicións mobilidade ás praias de Esmelle e Ponzos, na comarca de Ferrolterra. O importe é de 50 euros (xa incluídos no prezo do curso). En caso de non pasar a proba de acceso, devolverase todo o importe pago excepto estes 50 euros da proba de acceso.

Ler máis...
 
Israel con Paul Montana e Ignacio Guisasola
Surfing - Viaxes
Luns, 29 Xaneiro 2018 15:59

A mediados de Xaneiro, Pablo Montero marchou de viaxe a Israel pra competir no QS3000 Netanya con pouca sorte pero moita ilusión. No video tedes tamén varias ondas en competición de Ignacio Guisasola que participou no campionato QS e un baño libre con moi boas ondas e tubos destes dous grandes surfeiros.

 
Surf por Costa Rica
Surfing - Viaxes
Luns, 29 Xaneiro 2018 15:52

Sen dúbida unha experiencia inesquecible, unhas paisaxes encantadoras, animais exóticos, boa compañía e ondas (unhas poucas de todas as da viaxe) incribles.

Ler máis...
 
Surf en Barrañán - Ansesurf
Surfing - Sesións de Surf
Venres, 26 Xaneiro 2018 10:05

Ansesurf presenta este vídeo probando a súa nova cámara Sony alpha 6000 cun obxetivo 55-210mm. Un día de ondas algo malas pero no que podedes ver aproveitou ben o baño en Barrañán

Ler máis...
 
Comunicado da FGS sobre o proxecto Galicia Surfing
Surfing - FGS
Mércores, 24 Xaneiro 2018 13:25

Bos días a tod@s,

A Federación Galega de Surf informa que esta entidade, é unha entidade meramente deportiva. Temos coñecemento do proxecto Galicia Surfing, pero non temos unha participación activa, co cal, rogamos que para calquera dúbida ou cuestión sobre iso diríxanse a Turismo de Galicia. Devandito isto, queremos dicir que apoiamos calquera iniciativa de promoción turística sustentable da nosa terra, e se esta xira en torno ao surfing mostramos o noso ofrecemento a colaborar ou asesorar no que podamos.

Todo isto, así como a recomendación de cambios en certos aspectos xa se fixo chegar á axencia .

Grazas a todos.

Un saúdo

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 278
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: