Luns, 09 Maio 2022 09:03 |
Uns días durmindo na furgoneta Volkswagen t3, en Galicia. Ruta en bici, días de praia e surf cando as condicións foron boas con Maryam Portabales.
|
Martes, 03 Maio 2022 17:33 |

Aprazada a 1ª Proba da Liga Galega de Longboard na Praia de Bastiagueiro, no Concello de Oleiros, o vindeiro día 21 de Maio. |
Ler máis...
|
Luns, 06 Decembro 2021 19:18 |
Velaquí tedes o resumo do acontecido o pasado día 13 novembro de 2021 na praia de Areamaior en Malpica de Bergantiños. One Surf Academy realizaba a proba de surfing clásico de longboard nacional. O seu director Toni Varela acabou segundo na categoría máster e dous dos nosos xóovenes debutaron por primeira vez en competición! Un día en comunidade animando aos nosos na nosa praia!
|
Mércores, 06 Outubro 2021 16:38 |

Esta fin de semana vai ter lugar na praia de Montalvo unha nova edición da mítica proba de longueirón galego Rock&Long. Desta vez a proba vai puntuar para a Liga Galega de Longboard e tamén para o circuíto nacional da FES. |
Ler máis...
|
Martes, 21 Setembro 2021 11:14 |
Maryam Santos acaba de publicar un novo traballo con algo de surf e amigos nunha afastada praia da nosa costa. Boas ondas e auga quente pra disfrutar do longboard.
|
Mércores, 14 Xullo 2021 11:35 |

Xa está aberto o periodo de espera da primeira proba da Liga galega de Longboard territorio nacional. Estade atentos a redes sociais da Federación Galega de Surf. |
Mércores, 23 Xuño 2021 16:30 |
Novos dous vídeos coas mellores imaxes do Festival Ferrolog 2021 con Nathan Sadoun, Nicolás García, Diogo Apelton, Adrían López, Jon Garmendia, Robin Falxa, Iago Formosel, Corentin Clech e outros máis grazas ao traballo de Hangten Magazine.
|
Martes, 15 Xuño 2021 08:44 |
Velaquí tedes un vídeo de Robin Kegel, o shaper de Gato Heroi, no II Festival Ferrolog grazas a Hangten Magazine.
|
Xoves, 06 Maio 2021 17:10 |
One Surf Academy, publica un novo proxecto online, pioneiro na súa modalidade, dirixido a persoas que ven o longboard coma unha opción para súa práctica diaria. Persoas que deixaron de ser principiantes e suman os baños precisos coma para definir seu estilo propio, ou novas xeracións de xurden pouco a pouco inspiradas nas tendencias chegadas desde lugares onde o surf está completamente instaurado nas súas sociedades. |
Ler máis...
|
Mércores, 05 Maio 2021 11:33 |

Xa está todo preparado para unha nova edición do Ferrolog Surfing International, un evento de longboard clásico que quere congregar nas augas de Ferrolterra a unha selección internacional de loggers que representen fielmente o estilo e creatividade do surfing no seu modo máis tradicional.
Nesta segunda edición serán convidadas 16 mozas e 16 mozos que competirán por separado. As regras estarán baseadas nas do Duct Tape Invitational, longboards clásicos, single fin, valorarase principalmente o estilo, o glide e como se encadean, de forma fluída, manobras tradicionais. Queremos ver aos surfeiros colgados no nose pero chegando alí de forma relaxada.
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 1 de 16 |