Domingo, 16 Novembro 2014 10:31 |
Cando chegan os maretóns aparecen certas ondas onde o mar sempre está en calma, unha destas ondas é a dereita da praia da Ladeira en Nigrán que temos a sorte de disfrutar nas Rías Baixas. Foam TV presenta este pequeno vídeo coa primeira sesión do Outono nesta onda pequerrecha que pode dar sesión divertidas con moito mar. |
Ler máis...
|
Domingo, 09 Novembro 2014 20:43 |
Xa está na Rede o primeiro vídeo con imaxes do Onda Longa 2014 que recolle as primeiras horas do evento e algunhas imaxes de longboard no Pedrido. Vídeo de Foam TV. Seguiremos informando... |
Ler máis...
|
Domingo, 09 Novembro 2014 11:05 |
Este pasado sábado tivo lugar na praia de Ponte Pedrido no Concello de Bergondo a quinta edición do festival Onda Longa organizado polos Galegos Asociados polo Longboard cunha grande afluencia de público e riders participantes que non se quixeron perder esta cita clásica no panorama do longboard galego. O día comezou moi gris e con choiva constante pero con bastante xente e furgonetas no parking. Pouco a pouco foron chegando os riders e ían facendo o checking na carpa principal. Foto principal: Sebastian Agis.
A primeira hora realizouse unha recollida e limpeza de praia co apoio de Coge3. Perto das doce fixemos a foto de familia na que non estaban todos xa que algún chegaron un pouco máis tarde. Este ano batiuse o record de participación superando os 140 riders. A entrada na onda e a remontada foi épica cunha duración de case 25 minutos até chegar o pico. Logo na auga todo foron risas e bo ambiente. Moitos disfraces peculiares como o de Rubén Prieto e Oti Fernández que destacaron entre a multitude. |
Ler máis...
|
Xoves, 06 Novembro 2014 23:40 |
Habemus Ondalonga este sábado na praia de Ponte Pedrido no Concello de Bergondo. Máis dun cento de riders van asistir a este evento. Ide preparando a parafina e sacando os nove pés das funda que vai comezar o festival. Horarios do Sábado:
10.30 CHEKING LIMPEZA DE PRAIA POR COGE3 12.00 FOTO DE GRUPO E ENTRADA Á AUGA
FINALIZADA A SESION FIOLLADA E ENTREGA DE VOTOS
19:00 ENTREGA DE PREMIOS NO MESON "O PEDRIDO" 21.00 CEA 23.00 CONCERTAZO DE "ALFEIZAR" GRANDIOSO GRUPO DE MUSICA LIRICA COMARCAL
Non vos olvidedes do voso disfraz, camiseta, atuendo distintivo...
Esto É ONDALONGA V PARTE |
Ler máis...
|
Xoves, 06 Novembro 2014 23:10 |
Presentámosvos o documental sobre o Festival Ondalonga 2013 realizado por Jesús Busto e que xusto coincide coa convocatoria para esta fin de semana. A millor maneira de quentar motores pra prepararnos para as ondas que se aveciñan. Este documental recolle as millores imaxes e momentos do ano pasado. Un gran traballo dun gran amigo. |
Ler máis...
|
Luns, 03 Novembro 2014 00:00 |
O Festival OndaLonga anunciou a semana pasada que xa tiñán 117 riders inscritos para este evento de longboard que xa está en periodo de espera. Este ano van superar o record de inscritos de anos pasados e deste xeito mostrar a boa saude deste festival para os amantes do nose rider que xa está consolidado como un dos millores eventos de long de Europa. Este mes teñen a convocatoria aberta para a vindeira fin de semana 8 e 9 e tamén os días 22 e 23.
Estade atentos se queredes asistir á sesión de longboard máis longa da nosa costa. |
Ler máis...
|
Domingo, 26 Outubro 2014 10:37 |
Ben Skinner proclamouse o novo 'King of the Longboard' na praia Cántabra de Somo nunha nova modalidade de competición Performance e Clásico. Excelentes condicións de ondas e bo tempo axudaron ao equipo organizador da Escuela Cántabra de Surf. Este evento ASP é a primeira vez que ten lugar e esperamos que se repita e conte con riders galegos nas vindeiras edicións. |
Ler máis...
|
Luns, 20 Outubro 2014 08:29 |
Velaquí tedes un fermoso vídeo de longboard con imaxes do verán nunha das praias máis fermosas da Costa da Morte e con boas dereitas. Vídeo de Yago Baz. |
Ler máis...
|
Mércores, 15 Outubro 2014 08:14 |
Se estades pensando en participar no OndaLonga 2014 tedes que estar atentos ao seu Facebook xa que pode ser convocado esta fin de semana xa que as previsións son bastante boas. De momento xa hai máis de 50 riders apuntados. Seguiremos atentos a esta convocatoria pra vos ter informados en todo momento.
|
Ler máis...
|
Venres, 03 Outubro 2014 07:07 |
Xa temos a convocatoria da 5ª edición do Festival Ondalonda de Longboard que vai ter lugar de novo na praia de Ponte Pedrido e con datas abertas para os meses de Outubro, Novembro e Decembro. Outro ano máis a festa do longueirón vai encher a onda máis longa da nosa costa de centos de riders de nove pés. Seguiremos informando...
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 6 de 16 |