Luns, 10 Febreiro 2014 00:00 |
Velaquí tedes un excelente vídeo de longboard con imaxes do acontecido no Salinas 2013 e con moita presencia galega na auga como Toni Varela, Nacho Saa, Yago Baz, Javi Taladrid e outros... Unha semana de música e moito surf, onde non faltou a queimada para rematar esta gran festa. |
Ler máis...
|
Venres, 07 Febreiro 2014 10:38 |
Xa está convocado o 2ª Malpica Longboard Classic para os días 17 e 18 de Maio coincidindo coa festividade do día das Letras Galegas.
Estades invitados a participar e asistir a este evento de longueirón que vai ter lugar na vila mariñeira de Malpica de Bergantiños. Seguiremos informando... |
Ler máis...
|
Martes, 17 Decembro 2013 00:18 |
O Ondalonga 2013 non defraudou a ningún dos case cen asistentes que participaron no mellor festival de longboard de Galicia. Xa vimos moitos post e fotos publicadas nas Redes Sociais estes días. Nest post noso podedes ver 5 fotos da xornada feitas por Jesús Busto que xa está a preparar o vídeo do evento. 
|
Ler máis...
|
Mércores, 11 Decembro 2013 16:18 |
CONFIRMADO! Este ano temos ONDALONGA esta fin de semana, as previsións son moi boas e esperamos que las condicións sexan clásicas, mañá publicaremos o horario e día, sábado ou domingo. Os que vaiades cear o sábado tedes que confirmar no email do evento. Por fin xa chegou!! 
Horario: Venres 13 ~ quedada de benvida e irmandade no restaurante Pasaxe do Pedrido a partires das 8 da tarde.
Sábado14 ~ check in ás 9:00 da mañá no Centro de Promoción da Autonomía Persoal de Bergondo.
~ Fotona e entrada na agua sobre as 9:45 ata que o corpo resista. ~ Sesión de Longskate pola tarde, recuento de votos e entrega de premios. ~ Ás 8 no restaurante Pasaxe do Pedrido pra picar algo e conversar antes da cea. ~ Festa fin de evento con música de Dj Nando Bares e Alberto Mouriño Mou. Domingo 15 ~ posibilidade de disfrutar dun baño libre na compaña dos amigos! |
Ler máis...
|
Venres, 22 Novembro 2013 12:14 |
Arantza de la Pedraja ven de fichar polo equipo Iron Mountain Longboards avalada polo seu surf e boa progresión na auga.
Esta rider cántabra, residente na Coruña e local de Bastiagueiro, ven de reforzar deste xeito o potente equipo de longueirón de Iron Mountain, unha das millores marcas de longboard de Galiza. |
Ler máis...
|
Luns, 11 Novembro 2013 00:00 |

Xa está todo preparado para que este mes teña lugar unha nova proba do Circuíto Galego de Surf, Longboard e Paddle na praia de Patos. Desta vez surf open será no Pico de Patos e as probas de longueirón e SUP serán na esquerda de Monteferro. O obxetivo deste evento que vai ter tres fin de semana de periodo de espera é pra procurar as mellores condicións posibeis. Organizan: Federación Galega de Surf, o Patos Surf Clube, Galegos Asociados polo Longueirón e Concello de Nigrán. |
Ler máis...
|
Domingo, 20 Outubro 2013 00:00 |
Vídeo profile de Néstor Martínez, rider de Ferrolterra e un dos mellores sobre un 9 pés, con imaxes de varias sesións recientes. Casal dos ovos Productions 2013. Edición de Nordeslizamento.com
|
Ler máis...
|
Domingo, 13 Outubro 2013 19:28 |
O OndaLonga 2013 xa conta con máis de 80 participantes inscritos pra gozar do millor evento de longueirón da nosa costa organizado por Galegos Asociados Polo Longboard. O obxetivo deste ano é superar o cento de longs na auga e pasar un bo día na praia do Pedrido.
|
Ler máis...
|
Luns, 30 Setembro 2013 20:00 |
Nova convocatoria do OndaLonga, o mellor festi galego de longboard, que vai ter lugar na praia de Ponte Pedrido cun periodo de espera de varias findes durante os meses de Outobro, Novembro e Decembre. Agardamos que as condicións este ano sexan boas e poidamos desfrutar dun bo espectáculo na onda máis longa da nosa costa. |
Ler máis...
|
Martes, 17 Setembro 2013 10:05 |
Aboiando.com presente este novo video resumo dunha sesión longueira na praia de Nemiña gravado coa GoPro nun día de sol e bo tempo con ondas de medio metro. |
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 7 de 16 |