Mércores, 01 Agosto 2012 15:16 |
Velaquí tedes o novo vídeo de Suso Ben gravado a pasada fin de semana na praia de Salinas durante o festival de longueirón que se celebra todos os anos coa presenza de moitos riders de nove pes de todo o Estado e estrelas internacionais. Este ano unha boa delegación de riders galegos formada por Roman IM, Néstor, Toni Varela, César e Iago TSP, Juan Patiño, Chusma, Abraham e outros máis viviron a experiencia desta festa do longboard e participaron no interclubes como parte do G.A.L.
|
Ler máis...
|
Martes, 17 Xullo 2012 00:00 |
A semana pasada presentouse a Escola Galega de Longboard da man dun dos mellores riders sobre nove pés da nosa costa, Alberto Mouriño, co obxetivo de formar aos riders interesados en mellorar a súa técnica sobre o longueirón. 
|
Ler máis...
|
Domingo, 24 Xuño 2012 15:51 |
Este domingo celebrouse a proba de longboard en Pantín e tamén de Paddle surf con menos mar que no día de onte pero cun sol espectacular. A primeira hora do día houbo outra sesión ceibe de surf con cuarto metro glassy que aproveitamos os long antes de comezar o evento. Houbo baixa participación e comezou en cuartos, as semifinais e finais foron de seguido rematando coa victoria de Yago Baz (1º), Dani Alvite (2º), Ruffo Navarro (3º) e Alberto Mouriño (4º). Nas semis estiveron na auga tamén Lois Rodríguez, Marcos Pita, Juan Patiño e Néstor Martínez. 
|
Ler máis...
|
Luns, 11 Xuño 2012 00:00 |
Queremos aproveitar pra compartir convosco unha serie de fermosas fotos publicadas en Esnifa Salitre da proba de longueirón celebrada en Nemiña o pasado mes. Moita luz e ondas dun metriño fixeron posibeis estas instantáneas preciosas onde se recolle o bo ambiente neste circuíto galego soamente apto para 9 pés. Fotos: Cristina Montero

Ruffo Navarro |
Ler máis...
|
Martes, 22 Maio 2012 11:08 |
Na web da Federación Galega de Surf xa tedes a crónica do que pasou a pasada fin de semana na praia de Nemiña onde se xuntaron os mellores riders da nosa costa con longs e paddle pra celebrar a segunda proba do circuíto galego nas súas modalidades. Houbo choiva e ondas de medio metro de boa calidade con percorrido e tempo de facer boas manobras. 
|
Ler máis...
|
Martes, 22 Maio 2012 00:46 |
Velaquí tedes o novo vídeo de Carraxe Waves coas imaxes do Campionato de Longueirón e Paddle surf celebrado a pasada finde na praia de Nemiña. En breves publicaremos a crónica e resultados...
|
Martes, 15 Maio 2012 00:00 |

Esta fin de semana celebrarase a 2ª Proba open de Longboard e Paddle Surf no areal de Nemiña no Concello de Muxía. O prazo de inscripción está aberto ate o 16 de Maio. Podes formalizar a tua inscricion en
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Tamén se desenvolverá un campionato paralelo a competición oficial de longboard 100% clásico!!. Os gañadores de longboard e paddle serán premiados con un bono viaxe patrocinado por Ryanair!!
|
Ler máis...
|
Xoves, 10 Maio 2012 01:51 |
Galegos asociados polo Longueirón ven de sacar un comunicado no Facebook do Campionato de Nemiña pra avisar do cambio de datas da proba para a seguinte fin de semana, días 18 e 19 de Maio.
Este é o comunicado: "Una pena pero con todo el dolor de nuestro corazón aplazamos el campeonato de longboard&sup&logger de este domingo en la playa de Nemiña, las razones, la orientación del mar, que no la vemos totalmente clara para realizar un buen evento.
|
Ler máis...
|
Venres, 04 Maio 2012 19:32 |

Este é o cartel do vindeiro evento do Circuíto Galego de Longueirón e Paddle surf que vai ter lugar en Nemiña a mediados deste mes. Xa vos podedes apuntar nesta festa do long galego! |
Ler máis...
|
Xoves, 26 Abril 2012 17:07 |
Fermosa sesión de arquivo rescatada polo blog de Esnifa Salitre de longueirón na Costa da Morte de Tono, Javi e Néstor |
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 9 de 16 |