Xa chega o Jaguai na Lanzada 2011! Outro ano máis vai ter lugar na praia da Lanzada o primeiro de Outubro esta concentración e campionato de Longboard, PaddleSurf e este ano como novidade tamén Surf!!. O evento comezará ás 8:30 h e soamente custa 15 € con bocata e bebida.
Éxito total do primeiro campionato exclusivo de longueirón en Patos. O campionato comezou o sábado co Iron Mountain Noseride Invitacional, esta proba consiste en camiñar polo longueirón e quedar na punta de pe o máximo tempo posible. Día de sol e ondas no que o italiano residente en Vigo Ecttore Burdese impuxo o seu estilo setenteiro sobre o segundo clasificado e local de Patos, Patrick Vilán. Fotos: Julian Foto Surf
Aínda non temos os resultados da proba e do circuito galego de longueirón pero aquí tedes unhas cantas fotos feitas por Nando Bares do evento NoseRide Iron Mountain que tivo lugar esta finde en Patos
Novo vídeo de Suso Ben e The Surfeiros Piratas da segunda proba do Circuito Galego de Longueirón que se celebrou na praia de Nemiña. AS ondas non foron moi boas pero houbo bastante espectáculo na auga e bo ambiente como sempre neste tipo de eventos longueiros.
Se ides estar polas Rías Baixas a vindeira fin de semana non podedes faltar a unha das grandes festas do longueirón galego que vai ter lugar na praia de Patos. A terceira e derradeira proba do circuito de long vai ser todo un espectáculo e vai ter actividades paralelas de longskate.
No capítulo 17º de Ojo de Pez tedes unha boa reportaxe da segunda proba open de longueirón na praia de Nemiña e unha entrevista con Luís Rodríguez, un dos mellores riders de Ferrolterra.
Toni Varela é o novo campión galego de longueirón 2011. Dani Alvite, Alberto Mouriño e Nestor tiveron a súa praza no podio e compartiron con Toni unha final moi desputada. Este evento contou coa participación de 22 inscritos entre homes e mulleres que competiron con boas ondas na praia de Soesto no Concello de Laxe. Na categoría feminina a vencedora foi Carlota Lago.
Xa tedes a crónica completa do Campionato de Longueirón na praia de Nemiña na web da Federación Galega. Dani Alvite foi o vencedor da proba na categoría Open. Ruffo Navarro foi o vencedor en Masters e José Rico en Juniors.