Luns, 07 Outubro 2019 09:42 |
Resumo do Festival Rock&Long 2019 celebrado a finais de Setembro na praia de Montalvo. De novo moita música e moito surf nun dos mellores festivais de longboard da nosa terra. |
Ler máis...
|
Venres, 20 Setembro 2019 10:55 |
Soamente falta unha semana para a nova quinta edicion do mítico Rock&Long na praia de Montalvo! Todavía podes participar e inscribirte no mellor festival de longboard das Rías Baixas que vai ter lugar os días 27 ao 29 de setembro.Festa rachada, música e moito surf grazas a Kannion Surf e Zorlak Surfboards.
|
Ler máis...
|
Venres, 26 Xullo 2019 09:44 |
Resumo do Longboard Clinic Camp con Jose Luis Berasaluce celebrado o pasado mes de Xuño en Ferrolterra e organizado por Kazuma Surfboards e El Pasillo Classic Surf Club.
|
Luns, 10 Xuño 2019 08:40 |
Comezamos a semana con algo de longboard pola nosa costa grazas a este fermoso vídeo de Louis Tanguy gravado na súa visita a Galicia.
|
Martes, 16 Abril 2019 09:28 |
Baño divertido de tarde no Pedrido despois do Ondalonga 2019 con Rubén, Anna e Edu na auga. Un vídeo de Eduardo Valenti.
|
Xoves, 28 Febreiro 2019 11:51 |

Por orde do noso señor das mareas a convocatoria do OndaLonga 2019 será este sábado ás 9 da mañá no parking do Centro de Rehabilitación de Bergondo. A esa hora realizaranse as inscricións. Sobre as 10 todos cambiados e listos para entrar á auga.
|
Ler máis...
|
Mércores, 02 Xaneiro 2019 11:16 |
Xa temos o vídeo da derradeira proba da Ultramarinos Longboard League 2018, disputada no Pico e na esquerda de Monteferro, míticas ondas das Rías Baixas galegas. |
Ler máis...
|
Venres, 21 Decembro 2018 09:29 |

Continuamos coa terceira e última proba da Liga Ultramarinos Longboard, unha proba onde coñeceremos ao campión desta liga. Unha maneira divertida de atoparnos os tabloneiros galegos. Esta terceira proba desenvolvésese na Esquerda de Monteferro e trátase da derradeira proba dunha liga cun formato apto para todos os públicos onde o de menos vai ser a competición, imos explicar por puntos como é o formato: Mangas de 6 persoas de 20 minutos, pasan os 3 de cada manga e os 3 perdedores pasan á repesca, garantindo a entrada á auga en dúas mangas.
|
Ler máis...
|
Luns, 03 Decembro 2018 09:32 |
Elixo un único pensamento, un son único, unha sensación térmica. Elixo un lugar para quedarme alí observando, escoitando, sentindo o entorno. Elixo estar lonxe de todo, lonxe da xente, lonxe do tempo. Elixo vivir coma unha ave mariña.
|
Ler máis...
|
Luns, 12 Novembro 2018 20:32 |
Bo baño gravado pola lente de Remi Berthet nas praias de Ferrolterra e con varios longboards na auga. Vento terral e moito noseriding!
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 2 de 16 |