Mércores, 09 Febreiro 2011 00:00 |
Dende o blog de Jahgo e o Surf chégannos as primeiras fotos desta temporada na praia de Ponte Pedrido grazas a Arantxa. Unha boa sesión de long onde os afortunados Yago, Rober, Kike e Juan disfrutaron moito da onda máis longa da nosa costa. 
Long Paradise |
Ler máis...
|
Venres, 04 Febreiro 2011 00:05 |
O festival Onda Longa 2011 ven de chegar aos 90 partipantes inscritos pra esta nova edición e a organización esperar superar a marca de 100 participantes pronto. Deste xeito o OndaLonga consolídase como o festi surfeiro máis popular da nosa costa.
Outra boa nova é a incorporación de novos sponsors que van apoiar este evento con premios e axudas materiais pra organizar o campionato, estes novos sponsors son: Art Surf Camp, Maregalia, Puresurfing.es, ElbuenOasis.com, Lufi Surfboards e Maktub Surf Shop. |
Ler máis...
|
Luns, 17 Xaneiro 2011 00:06 |
Velaquí tedes o video presentación do Onda Longa 2011 feito por Suso Ben. Este evento que vai ter lugar na Ponte do Pedrido, Bergondo, xa ten datas provisionais nos meses de Febreiro e Marzo e vai ser a maior festa longueira galega deste ano.
|
Ler máis...
|
Xoves, 13 Xaneiro 2011 15:01 |

A xente do GAL ven de publicar no seu blog as datas provisionais do Onda Longa 2011, do 12 de Febreiro ao 27 de Marzo (sen confirmar). Se estás interesado en colaborar nesta nova edición do millor festival de longueirón da nosa costa podes contactar por email no enderezo oficial da organización:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Esta nova edición esta patrocinada polo Galegos Asociados polo Longueirón, Federación Galega de Surf, Silfo surfcamp, IronMountain Surfboards, Surf Costa da Morte, SurfGZ.com.
|
Ler máis...
|
Martes, 21 Decembro 2010 00:00 |
O rider Toni Varela acaba de unirse ao equipo de Iron Mountain Surfboards. Toni ten 25 anos e foi o Campión Galego de Longueirón no ano 2009 e Subcampión do Jaguai na Lanzada 2010.Os seus spots habituais son Malpica, Razo e toda a Costa da Morte.
Deste xeito Iron Mountain Surfboards reforza o seu equipo cun dos mellores riders de longueirón da nosa costa e vai dar moito que falar o vindeiro ano. |
Ler máis...
|
Mércores, 15 Decembro 2010 00:00 |
Este é o ranking 2010 feito polo G.A.L. onde puntuaron pra categoría Open as probas de Jaguai na Lanzada(**) e Caldeirada de Malpica 2010 (*), as puntuación das rápazas son en base ás probas de OndaLonga 2010 e Jaguai na Lanzada, e para Noserider OndaLonga 2010.
Os 16 primeiros de Open serán os cabezas de serie pra primeira proba del circuito 2011. |
Ler máis...
|
Xoves, 09 Decembro 2010 00:00 |
O colectivo Galegos Asociados polo Longueirón ven de abrir o seu blog na rede. Este importante grupo de seareiros do longueirón que conta con máis de 60 amigos no seu grupo do Facebook vai publicar as noticias relacionadas coas súas actividades no blog. Estaremos atentos as vosas noticias! 
|
Ler máis...
|
Luns, 15 Novembro 2010 00:56 |
Dende o blog de Jahgo e o surf chégannos estas fotos do martes 9 de novembro, ese día un gran maretón golpeou a costa galega e moitos riders buscaron refuxio en spots protexidos como a a praia coruñesa de Santa Cristina. Este spot estivo rompendo todo o día con ondas e moita xente tivo a oportunidade de darse un bo baño como podedes ver nas fotos.

Santa Cristina o 9 de Novembro |
Ler máis...
|
Martes, 09 Novembro 2010 22:31 |
Este maretón esta a deixar pola rede blogueira galega fermosas fotografías de recunchos protexidos con ondas onde nunca temos a oportunidade de surfar en días normais. Velaquí tedes dúas fotografías destes recunchos dende o blog del abuelo que promete novas fotos pronto. 
Recuncho Galaico |
Ler máis...
|
Xoves, 04 Novembro 2010 00:00 |
O vindeiro sábado 27 de Novembro vai ter lugar en Malpica de Bergantiños unha cea dos Galegos Asociados Polo Longueiron onde se vai falar do futuro da asociación e as actividades do 2011: campionatos, festivais, normativa de competición e outras lerias.
Podedes confirmar a vosa asistencia no Facebook dos G.A.L.
|
|
|
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 Seguinte > Final >>
|
Páxina 11 de 16 |