Longboard
Un día nos confíns do bravo mar.. [VIDEO]
Venres, 17 Setembro 2010 00:00

Néstor publicou no seu blog Respirando Salitre un novo video de longueirón gravado en Pantín nun día gris e con pouca xente na auga.

Ler máis...
 
Resultados do Campionato Galego de Longueirón 2010
Martes, 07 Setembro 2010 06:16

Daniel Alvite é o novo campión galego de longueirón 2010. O campionato galego de longueirón de Soesto celebrouse cun nivel excelente de participantes. Estiveron presentes todos os longboarders máis destacados das últimas tempadas do long galego, poidendo contar este ano coa participación dos campións e subcampións das pasadas edicións.

Dani Alvite en Neñima - Foto do seu Facebook

Ler máis...
 
Maravillosa Rutina [VIDEO]
Venres, 20 Agosto 2010 00:00

Velaquí tedes os dous primeiros videos feitos por Gruby López e publicados no blog de LumeBoo. O primeiro dos videos está feito en Ferrolterra e amosa unha sesión de verán de longueirón e SUP con Jota, Eric e Carlos Vázquez como protagonistas.

Ler máis...
 
Días de Longueirón - Pablo Romero "Occy"
Luns, 16 Agosto 2010 00:00

Fermosas fotos feitas por Pablo Romero "Occy" o pasado mes de xullo na catedral do surf galego. Ondas pequenas pero consistentes e aptas pra longueirón. Surfeiros locais e visitantes foráneos fan deste spot unha mistura de personaxes e cultura surfeira que soamente podes ver no verán.

Ler máis...
 
I love this beach - Suso Ben [VIDEO]
Martes, 10 Agosto 2010 14:00

Novo video de Suso Ben feito na Costa da Morte no que saen míticos do longueirón galego como Mou, Román, Tanaka e outros mais. Aínda o que Suso de verdade quixo reflexar no video foi o paraíso que temos en Galiza.

Ler máis...
 
LumeBoo - Blog de Shape dende Ferrolterra
Venres, 06 Agosto 2010 00:00

Navegando pola rede atopamos un novo e interesante blog feito pola xente de LumeBoo. Este blog leva na rede dende o nadal do 2009 e ten como principal tematica o shape de longueiróns e pranchas clásicas pero tamén ten bastante info e fotos de sesións en Ferrolterra: longueirón, SUP, surf e bodyboard. Outra vaca no millo surfeiro da nosa costa que xa ten a súa benvida na nosa web no apartado de ligazóns e por suposto na nosa portada.

LUMEBOO

Ler máis...
 
Entre a Fragata e o Vilar [VIDEO]
Mércores, 04 Agosto 2010 00:00

Novo video de longueirón de Jesús Busto grabado nas rochas entre a praia da Fragata e o Vilar os días 4 y 7 de julio de 2010 e con Carlos Vázquez como surfeiro protagonista. Música: Spoon - The Fitted Shirt.

Ler máis...
 
Novas fotos da Xuntanza dos G.A.L
Luns, 19 Xullo 2010 22:50

Yago Baz ven de publicar no seu blog unha nova entrega das fotos da I Xuntanza do G.A.L., o colectivo galego de longueirón. Fermosas fotos nunha das millores praias da nosa costa que nos fan lembrar os bos momentos que pasamos moitos de nós neste maravilloso spot. Velaquí tedes un resumo das fotos publicadas...

Yago

Ler máis...
 
Fotos da I Xuntanza dos G.A.L.
Luns, 12 Xullo 2010 00:00

A pasada fin de semana houbo unha xuntanza de longueiróns galegos na Costa da Morte, esta primeira xuntanza dos G.A.L. tiña como obxetivo pasar un bo rato, coller ondas e disfrutar da compañía dos amigos. Foi todo un éxito de participación e de surf como podedes ver nas seguintes fotos publicadas no blog de Jahgo e o Surf.

Ler máis...
 
Ó sur de Touriñan [VIDEO]
Luns, 12 Xullo 2010 00:00

Dende o blog de Mou chéganos este video dunha boa sesion ó sur do Cabo Touriñañ feito con secuencias da cámara de fotos de Fernando Campanario. Nel tedes a moitos dos longueiróns máis coñecidos da nosa costa surfando unhas ondas de medio metro bastante bo.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 Seguinte > Final >>

Páxina 12 de 16


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: