Longboard
Novo Comunicado Onda Longa 2010
Venres, 12 Marzo 2010 01:00

A  previsión de ondas é moi escasa para a fin de semana polo que non se convocará o festival Onda Longa 2010. Malia isto haberá ondas en outras praias e parece que o sol vainos acompañar uns días así que a surfear moito e a disfrutar do bo tempo. Moitas grazas a todos pola paciencia que tedes, merecerá a pena e atentos aos partes para as seguintes fins de semana.

Saudos e boas  Ondas

Máis info en: www.ondalonga.com

 
Esnaquiza as ondas non a praia [VIDEO]
Martes, 09 Marzo 2010 01:00

Suso Ben - Hai algúns anos tiven unha camiseta que poñía nas costas: “Destroy waves not beaches” (esnaquiza as ondas e non as praias) pois isto ven a conto polo que vai acontecer en Nemiña: unha xuntanza para limpar a praia e despois pillar unhas boas ondas ou tombos, como se di pola zona. Non hai unha data fixa, xa que, segundo teño entendido, queren que se celebre cando haxa boas condicións para o surf. Pois quedamos á espera… ao igual que do Festival Onda Longa de Ponte Pedrido. Mentras aqui vos deixo un pequeno video para ir facendo boca. Boas ondas…

Ler máis...
 
Novidades do Festival OndaLonga 2010
Luns, 08 Marzo 2010 01:00

O Festival Ondalonga Festival vaise realizar durante o mes de Marzo a mellor fin de semana segundo as condicións meteorolóxicas: días 13/14; 20/21 o 27/ 28. Tamén contan cun novo colaborador RAZ.es que vai sortear un neopreno Rip curl entre todos os participantes que entren na auga pra participar no festival.

Nestes intres xa teñen apuntados a uns 80 participantes que van levar os seus longueiróns ás augas da ría de Betanzos

Tedes máis info na súa web: www.ondalonga.com

 
OndaLonga - Comunicado de Marzo
Martes, 02 Marzo 2010 17:16

Os organizadores do Festival Ondalonga acaban de publicar un comunicado onde din que o festival vaise realizar durante o mes de Marzo nunha das fin de semana seguintes: 13/14; 20/21 ou 27/ 28.

Avisarase cuns días de antelación en función dos partes meteorolóxicos. Moitas grazas a todos e que non decaia o espírito no tempo de espera!! Un saúdo e boas ondas!

 
Entrevista con Toni Varela
Luns, 22 Febreiro 2010 01:00

ANTONIO VARELA

Este luns comezamos a semana cunha entrevista ao actual campión do circuito galego de longueirón Jose Antonio Varela "Toni". Nesta entrevista podes ler un pouco sobre o seu estilo de vida e as súas opinións sobre o surf na nosa costa.

Ler máis...
 
Boa acollida do Festival OndaLonga
Sábado, 20 Febreiro 2010 22:28

OndaLonga.com - Dende o G.A.L queremos dar as grazas pola boa acollida que está a ter o festival Ondalonga tanto no noso territorio coma fóra. Chegáronnos solicitudes de Franza, Inglaterra e Portugal, probabelmente non todos acudirán pero o interese foi grande: queremos dicir que o que pretendía ser unha reunión de amigos grazas aos apoios dos colaboradores e dos inscritos estase a converter en algo moi bonito,sendo pequeno e humilde, pero bonito; os que traballamos en Ondalonga estámolo a facer con moito agarimo, tentando que sexa un festival distinto no que prime a cordialidade e o respecto o noso contorno.

Dentro das novidades que están a chegar e que podemos destacar nestes intres é a inclusión de Marejada Surf Shop coma colaborador. Esta tenda asturiana deixaranos testar a todos un longueirón Mayerjjofer, longueiróns un tanto especiais e dignos de surfar con eles.

A segunda novidade, é a chocolatada que se entregará aos surfistas despois da manga.


E a última, é que xa se sabe onde vai ser a cea de confraternización e a entrega de premios; esta será no mesmo Pontepedrido no mesón Anton II, as inscricións para a cea realizaranse no mesmo festival pola mañá pero podemos dicir que o sitio é económico e que se come ben, o prezo acordarémolo nos vindeiros dias.

E nada máis, dicir que os que non vos inscribistes podédelo facer en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , e o resto que xa podedes preparar  a vosa camisa ou atuendo festivaleiro que o espectáculo está a piques de comezar.




 
Long Cruising - Suso Ben [VIDEO]
Sábado, 20 Febreiro 2010 01:00

Hoxe publicamos o novo video de longueirón de Suso Ben, un fermoso video 100% long, esquerdas longas e pequenas nunha praia moi protexida da nosa costa. O xusto pra pasar un bo rato en compañía dos amigos.


Ler máis...
 
Friendship [VIDEO]
Luns, 15 Febreiro 2010 01:00

Apresentámosvos hoxe o novo video do Longueirón Surf Clube feito cun estilo retro dos anos 30. Video de Nacho Rodríguez.

Ler máis...
 
Máis de 35 surfeiros apuntados xa no Onda Longa 2010!
Mércores, 10 Febreiro 2010 01:00

Xa hai máis de 35 surfeiros e surfeiras apuntadas no Onda Longa 2010 que xa está no tempo de espera polo que podemos ter festival dentro de pouco tempo. Xa está asegurada a presenza dos millores riders galegos nesta modalidade como son Daniel Alvite, Jose Antonio Varela e Román Díez. A seguinte foto é da sesión da pasada finde en Ponte Pedrido na Ría de Betanzos.

Ponte Pedrido

Fermosa vista da onda de Ponte Pedrido. Foto: Jahgo e o Surf

Ler máis...
 
Xa está na rede a web do Onda Longa 2010
Martes, 02 Febreiro 2010 20:42

Xa está na rede a web oficial do Onda Longa 2010 Longboard Festival que se vai celebrar entre o 27 de febreiro e o 28 de marzo. Este evento organizado pola xente do G.A.L. (Galegos asociados polo Longueirón) que ten un grupo moi activo no Facebook vai ser o referente do longueirón galego. Podedes visitar a súa web en www.ondalonga.com

ONDA LONGA LONGBOARD FESTIVAL

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 Seguinte > Final >>

Páxina 13 de 15

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: