Longboard
Malibu_Crew - Nemiña
Domingo, 03 Maio 2009 22:15

Dani Almeida publicou estes días unhas fermosas fotos de Nemiña. Ondas moi pequenas que soamente certas pranchas poden surfear. Locais e surfeiros doutros lares como Rodry, mítico longboarder da praia de Patos, que podedes ver surfeando sentado na foto d'embaixo.

 
Ler máis...
 
"Moito mono" - Longueirón en Bastiagueiro
Domingo, 03 Maio 2009 21:52

Presentamos un novo video de longboard na praia de Bastiagueiro de Dani Alvite. Nesta nova entrega colaborán como cámara Ruffo Navarro e como fotógrafo Jahgo. Estes días de pouco mare temos "moito mono" polas falta de ondas...

Ler máis...
 
Longueirón GZ - Esnifa Salitre
Martes, 28 Abril 2009 19:56

Presentamos dende Esnifa Salitre un fermoso video de Longueirón filmado esta finde pasada nalgunha praia do norte de Galiza. A música e de Fuxan os Ventos.

Ler máis...
 
Noticias do Longueirón Surf Clube!
Luns, 27 Abril 2009 12:32

Dende o Memorias dun 9 pés chega a boa noticia de que a  Asociación Cultural Longueirón Surf Club ven de ser recoñecida polo goberno da Xunta como unha asociación de pleno dereito polo que dentro de pouco van comenzar coas súas actividades.

Ler máis...
 
Chega a primavera a Pantín!
Venres, 24 Abril 2009 21:49

Dende o blog de Tanaka chegan estas fermosas fotos de ondas na catedral do surfing galego: Pantín

 
Ler máis...
 
Video do GOANNA PRO 2009 Longboard Tapia
Domingo, 19 Abril 2009 10:14

Dani alvite ven de publicar no seu blog Longboard-ers un video-resume da proba do Campionato do Mundo de longueirón celebrado na praia de Tapia de Casariego. Se gustades do longueirón seguro que disfrutades deste video.

Ler máis...
 
Ondas, sol e longueiróns....
Mércores, 08 Abril 2009 18:13

Outra nova entrega de Dani Alvite's Productions. Un bo día de ondas, sol e praia....

 

Ler máis...
 
Campionato de Longboard en Tapia 2009
Mércores, 18 Marzo 2009 19:55

Os días 9, 10 e 11 de Abril vaise celebrar na praia de Tapia de Casariego unha proba do Campionato do Mundo da ASP de Longueirón. Esta proba é de 1* estrela.

O galego Dani Alvite vai estar presente na proba e desexamoslle moita sorte nas súas mangas.

Ler máis...
 
Caión, segunda parte...
Mércores, 25 Febreiro 2009 10:30

Nova entrega en formato video de Dani Alvite dun baño na praia de Caión. Boa música e ondas suaves para amenizar a resaca do entroido.

Ler máis...
 
Santa Cristina Sessions
Martes, 27 Xaneiro 2009 13:57

Estase facendo habitual estes días mirar na rede fotos de ondas que soamente rompen estes días de maretón. Atopamos no blog de Fiz unhas boas fotos dunha sesión de longueirón e tamen no blog de Jahgo. No blog de Tanaka tamén tedes boas fotos de Santa Cristiina.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 Seguinte > Final >>

Páxina 15 de 15

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: