Domingo, 20 Maio 2018 19:00 |

A pasada fin de semana tivo lugar na praia da Lanzada a primeira proba da nova Liga de Longboard Ultramarinos, unha liga organizada con moita ilusión e agarimo, xa que agora é o momento de realizar un novo formato de "competición" co obxetivo principal de pasalo ben e xuntar aos amantes dos longueiróns da nosa costa nunha xornada festiva.

Uns 30 longueiróns inscritos disfrutaron de ondas de medio metro con vento suave do noroeste nun día fermoso nas Rías Baixas. Puidéronse ver manobras da vella escola coma sarcófagos, pinos, cuasimodos... todo iso coa fantástica elección musical de Edu Cuchimamas e con intervencións ao micro de Sir Martin Rich (todo un speaker ASP).
|
Ler máis...
|
Mércores, 09 Maio 2018 10:16 |

Convocada a primeira proba da Liga de Longboard Ultramarinos na praia da Lanzada este vindeiro sábado 12 de Maio. O evento vai ter lugar no norte da praia, perto do Sanatorio, e ten como principal obxetivo pasalo ben e xuntarnos nun día diferente con bo ambiente e espectáculo.
|
Ler máis...
|
Xoves, 19 Abril 2018 09:36 |

Apresentada a Ultramarinos Longboard League, unha maneira divertida de atoparnos os tabloneiros galegos, trátase dunha liga con tres probas cun formato para todos os públicos onde o de menos vai ser a competición, imos explicarvos por puntos como vai ser o formato: Mangas de 6 persoas de 20 minutos e pasan os 3 primeiros de cada manga, os 3 perdedores pasan á repesca, garantindo a entrada á auga en dúas mangas.
O criterio de puntuación non vai ser ningún, simplemente vai ser algo divertido e que todo o mundo goce dun día de surfing. Permitiranse as saltadas, ondas compartidas, beber cervexa na auga, entrar disfrazado, etc... seremos xustos con aqueles cracks que o fagan incrible polo que puntuaremos ós mais estilosos e ós que tenten desenvolver un longboarding old school, iso si, esperamos que os xuíces estean á altura xa que nalgún caso seredes vós .
|
Ler máis...
|
Sábado, 07 Abril 2018 09:14 |

Xa chega a terceira edición do Clinic de Longboard Ultramarinos, un clinic da man de dous grandes surfeiros Ricardo Palomeque, subcampión de Europa, e Miguel Sampalo Bishop, un dos mellores noseriders do país. Un Clinic é un curso intensivo de aprendizaxe ou perfeccionamento dun deporte e, como tal, imos espremer a fin de semana entre clases e charlas. Da mesma maneira, faremos polo menos dous grupos separados por niveis (iniciación e intermedio, coa posibilidade de engadir un grupo para avanzado/competición). Ao longo do fin de semana impartiranse: - Dúas clases na auga de dúas horas de duración separados por niveis.
- Dous baños libres guiados, onde afianzaremos os coñecementos adquiridos na clase da mañá pero de forma máis relaxada.
- Charlas sobre as modalidades do longboard (clásico/moderno), técnicas e manobras.
- Charla sobre táboas impartida por Román Diez, shaper de Iron Mountain.
- Charla sobre quillas impartida por Luismi Diaz de FOAM fins.
|
Ler máis...
|
Luns, 19 Febreiro 2018 09:41 |
Sesión de longboard de Yago Baz nunha das súas praias habituais na Coruña co seu Chusma.
|
Luns, 15 Xaneiro 2018 22:35 |

Xa é oficial o novo cartel da IV edición do Festival Rock&Long 2018 que se celebra todos os anos na praia de Montalvo, nas Rías Baixas, e no que se arrexuntan os amantes do longboard da nosa costa. Este ano o cartel é un traballo do artista Carlos Saburido. Seguiremos informando... |
Ler máis...
|
Xoves, 21 Decembro 2017 19:57 |
Novo e divertido vídeo de Yago Baz surfando ondas co seu Chusma na praia de Bastiagueiro, un dos seus spots habituais na zona da Coruña.
|
Ler máis...
|
Xoves, 30 Novembro 2017 18:56 |
As luces da tarde desvanécense rapidamente e o sol afúndese no horizonte. Esta é unha historia mínima sobre un tipo afortunado que se divirte nese instante. Surfer: Dani Alvite. Vídeo de Octavio Mazza.
|
Luns, 13 Novembro 2017 12:09 |
Nova entrega de Dani Alvite e Octavio Mazza nas ondas perfectas de Razo. Longboard, hang tens e maniobras clásicas da man dun dos mellores riders da nosa costa. |
Ler máis...
|
Martes, 07 Novembro 2017 09:39 |
Novo vídeo de Dani Alvite, un dos mellores longboarders da nosa costa, na súa praia favorita en Malpica de Bergantiños. Un vídeo de Octavio Mazza.
|
|