Resumo do acontecido a pasada fin de semana na praia de Montalvo con moitas imaxes do Festival Rock&Long 2016. Música Los Pontiaks. Gravación e edición: Mili Ambar
Velaquí tedes as primeiras fotos do Rock&Long 2016 celebrado esta pasada fin de semana na praia de Montalvo e que contou con moitos participantes na competición e marcas na zona de mercadillo. Estas fotos son un traballo de Jorge Touriño.
Presentámosvos este fermoso trailer do vindeiro vídeo de Reef adicado a Galicia con imaxes de surfing en diferentes praias da nosa costa e moito longboard.
Xa está todo listo para unha nova edición do Festival Rock&Long que vai ter lugar na praia de Montalvo esta vindeira fin de semana e que contará co apoio de moitas marcas galegas que estarán presentes na súa zona de mercadillo.
Xa temos as datas oficiais do período de espera para a nova edición do Festival Ondalonga VI propostas pola organización pero con facilidade de modificación en caso de ser necesario. As datas propostas son:
Habemus OndaLonga! Este ano imos ter a sorte de poder participar nunha nova edición do mellor festival de Longboard de toda Europa e surfear a onda máis longa na compaña dun cento de surfeiros de nove pés. Despois dun ano de parón, este evento volverá a reunir aos longueiróns na praia de Ponte Pedrido. Seguiremos informando...
Xa está online un número especial da revista de longboard Hangten adicado aos tres festivais polos que pasaron este ano. Malpica, Cosmic Children e Surf&Wheels son os protagonistas deste novo exemplar.
O surfeiro andaluz Alberto Fernández é o novo campión de España 2016 na modalidade de Longueirón grazas a súa victoria na praia de Doniños con boas condicións e ondas dun metro.