Luns, 06 Decembro 2021 19:18 |
Velaquí tedes o resumo do acontecido o pasado día 13 novembro de 2021 na praia de Areamaior en Malpica de Bergantiños. One Surf Academy realizaba a proba de surfing clásico de longboard nacional. O seu director Toni Varela acabou segundo na categoría máster e dous dos nosos xóovenes debutaron por primeira vez en competición! Un día en comunidade animando aos nosos na nosa praia!
|
Mércores, 06 Outubro 2021 16:38 |

Esta fin de semana vai ter lugar na praia de Montalvo unha nova edición da mítica proba de longueirón galego Rock&Long. Desta vez a proba vai puntuar para a Liga Galega de Longboard e tamén para o circuíto nacional da FES. |
Ler máis...
|
Mércores, 23 Xuño 2021 16:30 |
Novos dous vídeos coas mellores imaxes do Festival Ferrolog 2021 con Nathan Sadoun, Nicolás García, Diogo Apelton, Adrían López, Jon Garmendia, Robin Falxa, Iago Formosel, Corentin Clech e outros máis grazas ao traballo de Hangten Magazine.
|
Martes, 15 Xuño 2021 08:44 |
Velaquí tedes un vídeo de Robin Kegel, o shaper de Gato Heroi, no II Festival Ferrolog grazas a Hangten Magazine.
|
Mércores, 05 Maio 2021 11:33 |

Xa está todo preparado para unha nova edición do Ferrolog Surfing International, un evento de longboard clásico que quere congregar nas augas de Ferrolterra a unha selección internacional de loggers que representen fielmente o estilo e creatividade do surfing no seu modo máis tradicional.
Nesta segunda edición serán convidadas 16 mozas e 16 mozos que competirán por separado. As regras estarán baseadas nas do Duct Tape Invitational, longboards clásicos, single fin, valorarase principalmente o estilo, o glide e como se encadean, de forma fluída, manobras tradicionais. Queremos ver aos surfeiros colgados no nose pero chegando alí de forma relaxada.
|
Ler máis...
|
Venres, 20 Setembro 2019 10:55 |
Soamente falta unha semana para a nova quinta edicion do mítico Rock&Long na praia de Montalvo! Todavía podes participar e inscribirte no mellor festival de longboard das Rías Baixas que vai ter lugar os días 27 ao 29 de setembro.Festa rachada, música e moito surf grazas a Kannion Surf e Zorlak Surfboards.
|
Ler máis...
|
Xoves, 28 Febreiro 2019 11:51 |

Por orde do noso señor das mareas a convocatoria do OndaLonga 2019 será este sábado ás 9 da mañá no parking do Centro de Rehabilitación de Bergondo. A esa hora realizaranse as inscricións. Sobre as 10 todos cambiados e listos para entrar á auga.
|
Ler máis...
|
Martes, 30 Outubro 2018 11:12 |

Presentado o cartel da nova edición do Festival Ondalonga que vai ter lugar no Pedrido, no Concello de Bergondo, cando as condicións sexan adecuadas e veñan boas ondas. As datas elixidas son:
- Outubro: 13-14, 20-21 e 27-28.
- Novembro: 10-11, 24-25 .
- Decembro: 22-23.
- Xaneiro: 19-20.
- Febreiro: 2-3 e 16-17.
- Marzo: 2-3, 9-10 e 23-24.
|
Ler máis...
|
Xoves, 04 Outubro 2018 15:19 |
Resumo do acontecido no Festival Rock&Long 2018 grazas ao traballo de Mili Ambar. Moita néboa, música, ondas e comida no mellor festival de longboard das Rías Baixas!
|
Martes, 25 Setembro 2018 00:00 |

Xa temos as datas do Ondalonga Surfing Day 2018/2019, en breve cartel... Imos!!!!!
- Outubro: 13-14, 20-21 e 27-28.
- Novembro: 10-11, 24-25 .
- Decembro: 22-23.
- Xaneiro: 19-20.
- Febreiro: 2-3 e 16-17.
- Marzo: 2-3, 9-10 e 23-24.
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>
|
Páxina 1 de 3 |