Longboard Festivais
Confirmado o OndaLonga para o sábado no Pedrido
Mércores, 18 Outubro 2017 18:09

OndaLonga Surfing Day

Xa está confirmado o OndaLonga 2017 para este sábado 21 de Outubro no Pedrido, no Concello de Bergondo. A continuación tedes o horario da proba:

Ler máis...
 
Rock&Long 2017 - Octavio Mazza
Mércores, 11 Outubro 2017 16:45

Un novo vídeo do Rock&Long 2017 con imaxes captadas pola cámara de Octavio Mazza con moita calidade. Ritmo, música, ondas, hangtens e moi bo ambiente foron as constantes nun evento de formato pequeno pero moi grande e auténtico no mundo galego do Longboard. Unha oportunidade pra ver os mellores surfeiros de nove pés en ondas rápidas e moi pegados á beira da praia.

Ler máis...
 
Rock&Long 2017 - Foam TV
Luns, 09 Outubro 2017 18:31

Xa tedes o novo vídeo de Foam TV con imaxes e ondas do Festival Rock&Long que tivo lugar a finais do mes de Setembro na praia de Montalvo.

 
Galería de Fotos do Rock&Long 2017 - Jorge Touriño
Luns, 02 Outubro 2017 19:10

Velaquí tedes unha escolma das mellores fotos realizadas por Jorge Touriño a pasada fin de semana no Rock&Long 2017 na praia de Montalvo. Tres días de festa e boas ondas con moita música e que rematou coa victoria do xoven rider coruñes Iago Formosel, do equipo TSP. Rock and Roll e boa comida no Kannion Bar grazas a Toño. Na praia non faltaron os fotógrafos locais como Jorge Touriño e Benito Oliveira que sempre están presentes neste evento.


Ler máis...
 
Todo preparado para o Rock&Long 2017!
Mércores, 20 Setembro 2017 15:20

Xa faltan menos de dez días pra que arranque o Festival de Longboard das Rías Baixas e no que todavía estás a tempo de participar. Podes inscribirte ata o día 28 e competir na praia de Montalvo e disfrutar da festa nocturna na compaña do mundillo de amantes do glide e dos nove pés. O evento arrancará o venres 29 de Setembro ás 19:30 coa presentación do evento e as mangas do campionato e un concerto de rock con Los Lombardi e Santos Morcegos

Ler máis...
 
Rock&Long 17 - Master Class de Miguel Sampalo
Luns, 04 Setembro 2017 19:25

Rock&Long 2017 surf Montalvo

O vindeiro sábado 30 de Setembro, despois da entrega de premios de Festival Rock&Long na praia de Montalvo, Miguel Ángel Sampalo Bishop dará unha charla sobre "erros comúns" e "noserider" e o domingo pola mañá, previa inscrición de 10€, unha Master Class para que poidades perfeccionar o voso surf.

Ler máis...
 
Falta un mes para o Rock&Long 2017
Martes, 25 Xullo 2017 11:17


Xa falta menos para unha nova edición do Festival Rock&Long 2017 que vai ter lugar na praia de Montalvo, nas Rías Baixas, e no que imos poder ver aos mellores shapers da nosa terra e escoitar grandes bandas de rock no Kannion Bar. O evento arrancará o venres 29 de Setembro ás 19:30 coa presentación do evento e as mangas do campionato e un concerto de rock con Los Lombardi e Santos Morcegos.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>

Páxina 2 de 2


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: