Todo preparado para o Rock&Long 2017! |
Mércores, 20 Setembro 2017 15:20 | |||
Xa faltan menos de dez días pra que arranque o Festival de Longboard das Rías Baixas e no que todavía estás a tempo de participar. Podes inscribirte ata o día 28 e competir na praia de Montalvo e disfrutar da festa nocturna na compaña do mundillo de amantes do glide e dos nove pés. O evento arrancará o venres 29 de Setembro ás 19:30 coa presentación do evento e as mangas do campionato e un concerto de rock con Los Lombardi e Santos Morcegos O sábado 30 de Setembro terá lugar o comezo da competición ás 9:00 horas. A entrega de premios será ás 20:00 no Kannion Bar acompañdos das bandas Dead Wood e True Mountains. O Domingo 1 de Outubro haberá bautismos de surf para nenos da asociación N.e.en@s, test de pranchas dos shapers presentes no Festival e sesión vermuth con Family Folks. Prezo da inscripción 20€ con bocata e churrasco e camisola do Festival. Este evento está organizado polo Kannion Bar, Zorlak Surfboards e Concello de Sanxenxo. Tedes + info e contacto en: https://www.facebook.com/Rocklong-Festival
|
Novidades:
- Fechado por Obras!
- Dreamy Longboard Surfing Galicia
- Convocada a 1ª Proba da Liga Galega de Bodyboard en Barrañán/Valcobo
- Campionato 30 Aniversario Arealonga Surf - 25 de Xuño
- Eric Rebiere: Sunset surf Ferrol
- Surfeando nas Catedrais con Carrecedo
- Surf e Tapas no Orzán
- Convocado o I Log Jam Festival en Bastiagueiro
- Surfing con Marcos Heinrich