Longboard Festivais Confirmado o OndaLonga para o sábado no Pedrido
Confirmado o OndaLonga para o sábado no Pedrido
Mércores, 18 Outubro 2017 18:09

OndaLonga Surfing Day

Xa está confirmado o OndaLonga 2017 para este sábado 21 de Outubro no Pedrido, no Concello de Bergondo. A continuación tedes o horario da proba:

Horario Ondalonga 2017:

12:00 inscricións, aquí á hora de inscribirvos tedes que dicir que ides levar de modo que se vos distinga na auga para os premios.
12:30 Aperitivo a cargo da empresa de alimentación "Ya te Comeré".
13:30 Cambiámonos.
14:00 Fotiña
14:15 Inicio do baño
18:00 Saída da auga e votacións
20:00 Entrega de premios no bar do Pedrido
21:30 Cea IMPORTANTÍSIMO!! todos aqueles que quededes á cea é importante que vos inscribades por privado no Facebook do Ondalonga, 13€ o prato.
23:00 Romaría a cargo do noso DJ residente Mr Coke Makaha

Que Neptuno cóllanos confesados

Boas e Longas Ondas!!!

 
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: