Martes, 02 Outubro 2018 09:41 |

Velaquí tedes unha pequena escolma das fotografías feitas por Jorge Touriño a pasada fin de semana no Festival Rock&Long celebrado nas Rías Baixas. Outro ano máis surfeiros de nove pés arrexuntáronse no Kannion Bar pra compartir música e surf e boa comida grazas ao traballo e esforzo de Toño. Debaixo tedes algunhas das imaxes que máis nos gustaron.

|
Ler máis...
|
Mércores, 01 Agosto 2018 10:31 |

A décimo sétima edición de Salinas Longboard Festival tocou ao seu fin e fíxoo cunha última xornada de gran afluencia de público e as finais do Campionato de España de Longboard. Na categoría feminina, que se disputaba por primeira vez, o título foi para a galega María Lafuente, que de esta maneira convértese na primeira campioa de España de Longboard.
|
Ler máis...
|
Domingo, 20 Maio 2018 19:00 |

A pasada fin de semana tivo lugar na praia da Lanzada a primeira proba da nova Liga de Longboard Ultramarinos, unha liga organizada con moita ilusión e agarimo, xa que agora é o momento de realizar un novo formato de "competición" co obxetivo principal de pasalo ben e xuntar aos amantes dos longueiróns da nosa costa nunha xornada festiva.

Uns 30 longueiróns inscritos disfrutaron de ondas de medio metro con vento suave do noroeste nun día fermoso nas Rías Baixas. Puidéronse ver manobras da vella escola coma sarcófagos, pinos, cuasimodos... todo iso coa fantástica elección musical de Edu Cuchimamas e con intervencións ao micro de Sir Martin Rich (todo un speaker ASP).
|
Ler máis...
|
Xoves, 19 Abril 2018 09:36 |

Apresentada a Ultramarinos Longboard League, unha maneira divertida de atoparnos os tabloneiros galegos, trátase dunha liga con tres probas cun formato para todos os públicos onde o de menos vai ser a competición, imos explicarvos por puntos como vai ser o formato: Mangas de 6 persoas de 20 minutos e pasan os 3 primeiros de cada manga, os 3 perdedores pasan á repesca, garantindo a entrada á auga en dúas mangas.
O criterio de puntuación non vai ser ningún, simplemente vai ser algo divertido e que todo o mundo goce dun día de surfing. Permitiranse as saltadas, ondas compartidas, beber cervexa na auga, entrar disfrazado, etc... seremos xustos con aqueles cracks que o fagan incrible polo que puntuaremos ós mais estilosos e ós que tenten desenvolver un longboarding old school, iso si, esperamos que os xuíces estean á altura xa que nalgún caso seredes vós .
|
Ler máis...
|
Sábado, 07 Abril 2018 09:14 |

Xa chega a terceira edición do Clinic de Longboard Ultramarinos, un clinic da man de dous grandes surfeiros Ricardo Palomeque, subcampión de Europa, e Miguel Sampalo Bishop, un dos mellores noseriders do país. Un Clinic é un curso intensivo de aprendizaxe ou perfeccionamento dun deporte e, como tal, imos espremer a fin de semana entre clases e charlas. Da mesma maneira, faremos polo menos dous grupos separados por niveis (iniciación e intermedio, coa posibilidade de engadir un grupo para avanzado/competición). Ao longo do fin de semana impartiranse: - Dúas clases na auga de dúas horas de duración separados por niveis.
- Dous baños libres guiados, onde afianzaremos os coñecementos adquiridos na clase da mañá pero de forma máis relaxada.
- Charlas sobre as modalidades do longboard (clásico/moderno), técnicas e manobras.
- Charla sobre táboas impartida por Román Diez, shaper de Iron Mountain.
- Charla sobre quillas impartida por Luismi Diaz de FOAM fins.
|
Ler máis...
|
Luns, 30 Outubro 2017 15:32 |
Velaquí tedes un novo vídeo da pasada edición do Rock&Long que tivo lugar na praia de Montalvo a principios de Outubro. Un traballo de Mili Ambar.
|
Xoves, 26 Outubro 2017 08:33 |

Aviso a navegantes con embarcacións de 9 pés ou máis, achégase a visita de dous mestres, Ricardo Fdez Palomeque, subcampión de Europa, e Miguel Sampalo Bishop, un dos mellores noseriders do país, os vindeiros días 4 e 5 novembro, e a oportunidade de aprender deles moito, pero moito moito, sobre longboard. Tanto se non tes nin idea de surfear coma se te fas un hangten cos dedos das mans, esta é a túa oportunidade de mellorar. Non te quedes sen praza!! |
Ler máis...
|
Mércores, 25 Outubro 2017 08:43 |

Velaquí tedes as primeiras fotos do Ondalonga 2017 que tivo lugar no Pedrido o pasado sábado e que contou coa asistencia dun cento de surfeiros que acudiron á chamada da organización pra surfar a onda máis longa da costa galega. Todas as fotos de Quique Seijo e Pilar Pita. Sen dúbida un éxito de ondas, bo ambiente e irmanamento da tribo galega dos nove pés.

|
Ler máis...
|
Martes, 12 Setembro 2017 08:42 |

Aquí están as datas da nova convocatoria do OndaLonga Surfing Day 2017, este ano as datas aumentan o máximo posible pra poder ter as máximas posibilidades de contar coas mellores ondas:
- Outubro: 7-8, 14-15 e 21-22.
- Novembro: 4-5 e 18-19.
- Decembro: 2-3 e 16-17.
- Xaneiro: 13-14 e 27-28.
- Febreiro: 10-11 e 17-18.
- Marzo: 3-4, 17-18 e 31- 1 Abril.
|
Ler máis...
|
Luns, 10 Xullo 2017 09:21 |
Resumo oficial da proba de Longboard do Campionato de España celebrado na praia de Doniños e que rematou coa victoria de Alberto Fernández (14,65ptos) pero tivo que esperar na area polas últimas puntuacións pra coñecer se entraría na historia dos Campionatos de España de Surfing co seu quinto título consecutivo, e así foi. O andaluz Juan Villasante (14,35ptos) foi segundo seguido dos galegos Iago Formosel con 14,00ptos e Jesús Busto completaron o pódium en terceira e cuarta posición respectivamente. |
Ler máis...
|
|