Longboard Longueirón
Jaguai na Lanzada - 2 Parte [VIDEO]
Xoves, 07 Outubro 2010 00:00

Velaquí tedes o segundo vídeo do "Jaguai na Lanzada" gravado e editado por Dani Alvite. Neste video tedes todas as mangas de longueirón dende oitavos de final ata a final. Podedes ver como as condicións empeoraban e as ondas eran máis complicada de surfar.

Ler máis...
 
Nemiña a contralús [VIDEO]
Martes, 05 Outubro 2010 00:00

Fermoso video de longueirón de Dani Alvite gravado na praia de Nemiña o pasado mes de setembro. O cámara é Toni Varela. A sesión é de ondas pequenas e vento terral, Dani aproveitou para probar o seu novo Origin 9´2 de Exxite Surfboards.

Ler máis...
 
Salinas "The Dance" [VIDEO]
Sábado, 02 Outubro 2010 00:00

Novo video de longueirón de Suso Ben, un dos mellores creadores de vídeos-surfeiros galegos na rede. Desta vez, Suso acaba de publicar un vídeo filmado no Festival de Salinas de Longboard 2010 celebrado en Asturies. Nel podedes ver moitas ondas do equipo galego que se desprazou para participar nesta concentración de surfeiros e 9 pés.

Ler máis...
 
Resultados e fotos do "Jaguai na Lanzada"
Mércores, 29 Setembro 2010 17:29

Xa están na rede as fotos de Julian Foto Surf do primeiro Jaguai na Lanzada celebrado a pasada fin de semana. O Campión da proba de Longueirón foi Yago Baz, segundo posto para Antonio Varela, terceiro foi Alberto Mouriño e cuarto Dani Alvite. As ondas foron bastante boas con series potentes dun metro. Este evento foi un éxito de participación e público e ten moitas posibilidades de se converter nun evento clásico dentro do panorama do surf galego nas Rías Baixas.

Un participante remontando cara o pico.

Ler máis...
 
Un día nos confíns do bravo mar.. [VIDEO]
Venres, 17 Setembro 2010 00:00

Néstor publicou no seu blog Respirando Salitre un novo video de longueirón gravado en Pantín nun día gris e con pouca xente na auga.

Ler máis...
 
Resultados do Campionato Galego de Longueirón 2010
Martes, 07 Setembro 2010 06:16

Daniel Alvite é o novo campión galego de longueirón 2010. O campionato galego de longueirón de Soesto celebrouse cun nivel excelente de participantes. Estiveron presentes todos os longboarders máis destacados das últimas tempadas do long galego, poidendo contar este ano coa participación dos campións e subcampións das pasadas edicións.

Dani Alvite en Neñima - Foto do seu Facebook

Ler máis...
 
Maravillosa Rutina [VIDEO]
Venres, 20 Agosto 2010 00:00

Velaquí tedes os dous primeiros videos feitos por Gruby López e publicados no blog de LumeBoo. O primeiro dos videos está feito en Ferrolterra e amosa unha sesión de verán de longueirón e SUP con Jota, Eric e Carlos Vázquez como protagonistas.

Ler máis...
 
Días de Longueirón - Pablo Romero "Occy"
Luns, 16 Agosto 2010 00:00

Fermosas fotos feitas por Pablo Romero "Occy" o pasado mes de xullo na catedral do surf galego. Ondas pequenas pero consistentes e aptas pra longueirón. Surfeiros locais e visitantes foráneos fan deste spot unha mistura de personaxes e cultura surfeira que soamente podes ver no verán.

Ler máis...
 
I love this beach - Suso Ben [VIDEO]
Martes, 10 Agosto 2010 14:00

Novo video de Suso Ben feito na Costa da Morte no que saen míticos do longueirón galego como Mou, Román, Tanaka e outros mais. Aínda o que Suso de verdade quixo reflexar no video foi o paraíso que temos en Galiza.

Ler máis...
 
LumeBoo - Blog de Shape dende Ferrolterra
Venres, 06 Agosto 2010 00:00

Navegando pola rede atopamos un novo e interesante blog feito pola xente de LumeBoo. Este blog leva na rede dende o nadal do 2009 e ten como principal tematica o shape de longueiróns e pranchas clásicas pero tamén ten bastante info e fotos de sesións en Ferrolterra: longueirón, SUP, surf e bodyboard. Outra vaca no millo surfeiro da nosa costa que xa ten a súa benvida na nosa web no apartado de ligazóns e por suposto na nosa portada.

LUMEBOO

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 17 de 24


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: