Longboard Longueirón
Clinic de Longboard na Lanzada - 22 e 23 de Abril
Luns, 03 Abril 2017 08:56

Por fin podemos presentarvos un novo evento que tiñamos moitas ganas de facer, un Clinic de Longboard da man de dous grandes Ricardo Palomeque (subcampión de Europa) e Miguel Sampalo Bishop (un dos mellores noseriders do país). Un Clinic é un curso intensivo de aprendizaxe ou perfeccionamento dun deporte e, como tal, imos espremer a fin de semana entre clases e charlas. Da mesma maneira, faremos polo menos dous grupos separados por niveis (iniciación e intermedio, coa posibilidade de engadir un grupo para avanzado/competición).

Ler máis...
 
Alive / Alive - Galicia
Domingo, 26 Febreiro 2017 20:18

Fermoso vídeo de Jord Fortman con imaxes da súa viaxe de dúas semanas pola costa galega e o mar Cantábrico coñecendo novas ondas, atopando vellos amigos e surfeando auga fría que te fai sentir vivo.

Ler máis...
 
Novas datas de espera para o Ondalonga
Luns, 26 Decembro 2016 09:36

Por petición popular e porque nos peta, aumentamos o periodo de espera do Ondalonga Surfing Day a 6 fines de semana máis:

Xaneiro 14 e 15 ; 28 e 29
Febreiro 11 e 12 ; 25 e 26
Marzo 11 e 12 ; 25 e 26

Ler máis...
 
IV Malpica Longboard Classic [VIDEO]
Luns, 12 Decembro 2016 09:14

Video resume da 4ª edición do festival Malpica Longboard Classic 2016 con Dani Alvite, Robin Falxa, Eurico Gonçalves, Niko Dora, Javi Taladrid, Yrwan Golden, Jesús Busto e moitos máis...

Ler máis...
 
Presentado o cartel do Ondalonga Surfing Day
Martes, 27 Setembro 2016 07:45

Xa temos o cartel da nova edición do Ondalonga Surfing Day coas datas do periodo de espera e unha foto de Jesús Busto. Esta nova edición organizada polo G.A.L. conta coa colaboración do Concello de Bergondo, Novalbos, TSP, Ultramarinos e Pure Surf vai reunir a máis dun cento de surfeiros na onda máis longa da nosa costa se as condicións son as adecuadas.

Ler máis...
 
Festival Rock&Long 2016 [VIDEO]
Venres, 23 Setembro 2016 08:15

Resumo do acontecido a pasada fin de semana na praia de Montalvo con moitas imaxes do Festival Rock&Long 2016. Música Los Pontiaks. Gravación e edición: Mili Ambar

Ler máis...
 
Galería de Fotos Rock&Long - Jorge Touriño
Luns, 19 Setembro 2016 16:58

Velaquí tedes as primeiras fotos do Rock&Long 2016 celebrado esta pasada fin de semana na praia de Montalvo e que contou con moitos participantes na competición e marcas na zona de mercadillo. Estas fotos son un traballo de Jorge Touriño.

Ler máis...
 
Two feet at Razo [VIDEO]
Xoves, 15 Setembro 2016 09:05

Novo vídeo de longboard gravado na praia de Razo con Michael Lay, Troy Mothershead e Dani Alvite grazas ao cámara Octavio Mazza.

Ler máis...
 
A road through Galicia [VIDEO]
Martes, 13 Setembro 2016 08:43

Presentámosvos este fermoso trailer do vindeiro vídeo de Reef adicado a Galicia con imaxes de surfing en diferentes praias da nosa costa e moito longboard.

Ler máis...
 
Todo preparado para unha nova edición do Rock&Long en Montalvo
Luns, 12 Setembro 2016 17:58

Xa está todo listo para unha nova edición do Festival Rock&Long que vai ter lugar na praia de Montalvo esta vindeira fin de semana e que contará co apoio de moitas marcas galegas que estarán presentes na súa zona de mercadillo.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 24

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: