Longboard Longueirón
Presentado o IV Malpica Longboard Classic
Domingo, 03 Abril 2016 17:01

Xa temos o cartel oficial da nova edición do festival Malpica Longboard Classic que vai ter lugar do 29 de Abril ata o 2 de Maio na praia de Areamaior na Costa da Morte. Esperamos que as ondas acompañen este evento e sexa un novo éxito de participación.

Ler máis...
 
Sesión de Longboard nas Rías Altas [VIDEO]
Luns, 14 Marzo 2016 10:00

Presentámosvos un fermoso vídeo de longboard grazas a Alex D Levin que inmortalizou esta sesión nunha das millores ondas e máis longas da nosa costa que rompe poucos días ao ano pero que deixa a súa pegada grabada na nosa memoria como surfeiros de por vida. Un gran traballo de vídeo que merece o noso recoñecemento.

Ler máis...
 
Rock & Long 2015 [VIDEO]
Luns, 28 Setembro 2015 09:09

Velaquí tedes un vídeo con imaxes do Festival Rock&Long celebrado esta finde na praia de Montalvo e que contou con moitos stands de shapers e fabricantes galegos de material e tamén con máis de 20 riders que competiron polo primeiro título. Vídeo grazas a The FOAM TV.

Ler máis...
 
Gato Crew Galicia Moments [VIDEO]
Xoves, 24 Setembro 2015 09:25

Excelente vídeo de longboard feito pola xente de Gato Crew na compaña de Dani Alvite na súa pasada viaxe pola costa galega. Robin Falxa, Yrwan Garcia Leal, Freddy Bermond,Yan Baldenweck, e Regis disfrutando a tope das praias galegas.

Ler máis...
 
Home Sweet Home [VIDEO]
Venres, 07 Agosto 2015 08:39

Rematamos a semana cun pouco de longboard grazas a Dani Alvite e o seu Bing Surfboards Levitator 9'4 na praia de Areamaior en Malpica. Cámara: Javi Taladrid.

Ler máis...
 
Todo listo para o Festival de Salinas 2015
Martes, 21 Xullo 2015 08:47

Esta fin de semana os amigos do longboard están de sorte xa que un ano máis o festival de Longboard de Salinas presenta campionato, música e moitas actividades. Sen dúbida esta vai ser a cita da semana e moi cerca da nosa costa.

Ler máis...
 
III Malpica Longboard Classic [VIDEO]
Luns, 08 Xuño 2015 08:34

Xa podedes ver un video do acontecido no III Malpica Longboard Classic con Robin Falxa, Dani Alvite, Clovis Donizetti, Eurico Gonçalves, Nico García, Yago Baz, Marisú Fernandez, Iago formosel e moitos máis.. un traballo de weekendislands.com

Ler máis...
 
Timelapse Malpica Longboard Classic III [VIDEO]
Luns, 11 Maio 2015 00:00

Velaquí tedes un fermoso e orixinal timelapse gravado pola cámara de Malpica Surf a pasada fin de semana recollendo nun curto vídeo que mostra moitas horas do Malpica Longboard Classic na praia de Areamaior.

Ler máis...
 
Todo preparado para o Malpica Longboard Classic
Martes, 28 Abril 2015 08:27

A partires do día 1 de Maio tedes a oportunidade de participar na terceira edición do Malpica Longboard Classic. Este ano presenta novidades con moita música na praia de Canido onde haberá unha gran carpa. Baños polas praias da zona que presenten as millores condicións, comida, cea e moita festa grazas ao traballo da organización e todo por 25€. Imaxe superior de Pablo Uriarte.

Ler máis...
 
Presentado o programa do Malpica Longboard Classic e aberto o prazo de inscripción
Martes, 31 Marzo 2015 20:01


Xa temos o programa do Malpica Longboard Classic 2015 que vai ter lugar na vila mariñeira de Malpica os días 1, 2 e 3 de Maio e que vai contar con moitas novidades. Concertos pola noite o venres e o sábado, baños nas praias da zona que teñan millores condicións, proxeccións de vídeo, churrascada e Paella. Mercadillo e sesión vermú o domingo. Todo por 25€ e de regalo unha camiseta oficial para os que se apunten antes do evento.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 5 de 24

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: