Martes, 17 Marzo 2015 10:27 |

Presentado o cartel da nova edición do Malpica Longboard Classic que vai ter lugar os días 1, 2 e 3 de Maio na vila mariñeira de Malpica de Bergantiños. |
Ler máis...
|
Luns, 02 Marzo 2015 01:00 |
Faltan 30 días para unha nova edición do festival Malpica Longboard Classic que vi ter lugar na praia de Areamaior en Malpica de Bergantiños os días 1, 2 e 3 de Maio e que esperamos que conte con boas ondas. A presentación oficial do evento será o 14 de Marzo no Bar Submarino e contará coa presenza de Dani Alvite, Jose Dourado, Javi Taladrid e Toni Varela. Estades tod@s invitad@s!

|
Ler máis...
|
Luns, 23 Febreiro 2015 00:00 |
Novo vídeo de Yago Baz coas imaxes da sesión do Pedrido na compaña dos seus amigos e que mostra a beleza desta onda que non ten comparación. Ondas interminabeis que converten este spot nun paraiso para o Loggin. Moitas grazas a Yago por compartir este vídeo! |
Ler máis...
|
Xoves, 19 Febreiro 2015 22:52 |
Despois de varias semana sen ondas por fin estamos a ter boas sesións e novas fotos polas Redes Sociais e nos blogs máis importantes da nosa costa como estas publicadas por Yago Baz no seu blog co resumo da súa sesión no Pedrido a pasada fin de semana. A onda máis longa de Galiza ofreceu unha boa sesión aos afortunados riders que optaron por este spot pra surfear como podedes ver nestas fotos feitas por Arantza.

|
Ler máis...
|
Mércores, 26 Novembro 2014 10:29 |
Novo vídeo do Onda Longa 2014 que mostra o punto de vista de Yago Baz, un dos organizadores do evento e tamén gran noserider galego, deste fantástico festivald e longboard que sucede no Pedrido cando chegan as grandes marexadas.
|
Ler máis...
|
Martes, 18 Novembro 2014 12:23 |
Excelente vídeo resumo con todos os riders do Onda Longa 2014 gravado por Andrés Camacho e Marcelo Muiño na praia de Ponte Pedrido o pasado día 8 de Novembro. |
Ler máis...
|
Domingo, 09 Novembro 2014 20:43 |
Xa está na Rede o primeiro vídeo con imaxes do Onda Longa 2014 que recolle as primeiras horas do evento e algunhas imaxes de longboard no Pedrido. Vídeo de Foam TV. Seguiremos informando... |
Ler máis...
|
Domingo, 09 Novembro 2014 11:05 |
Este pasado sábado tivo lugar na praia de Ponte Pedrido no Concello de Bergondo a quinta edición do festival Onda Longa organizado polos Galegos Asociados polo Longboard cunha grande afluencia de público e riders participantes que non se quixeron perder esta cita clásica no panorama do longboard galego. O día comezou moi gris e con choiva constante pero con bastante xente e furgonetas no parking. Pouco a pouco foron chegando os riders e ían facendo o checking na carpa principal. Foto principal: Sebastian Agis.
A primeira hora realizouse unha recollida e limpeza de praia co apoio de Coge3. Perto das doce fixemos a foto de familia na que non estaban todos xa que algún chegaron un pouco máis tarde. Este ano batiuse o record de participación superando os 140 riders. A entrada na onda e a remontada foi épica cunha duración de case 25 minutos até chegar o pico. Logo na auga todo foron risas e bo ambiente. Moitos disfraces peculiares como o de Rubén Prieto e Oti Fernández que destacaron entre a multitude. |
Ler máis...
|
Xoves, 06 Novembro 2014 23:40 |
Habemus Ondalonga este sábado na praia de Ponte Pedrido no Concello de Bergondo. Máis dun cento de riders van asistir a este evento. Ide preparando a parafina e sacando os nove pés das funda que vai comezar o festival. Horarios do Sábado:
10.30 CHEKING LIMPEZA DE PRAIA POR COGE3 12.00 FOTO DE GRUPO E ENTRADA Á AUGA
FINALIZADA A SESION FIOLLADA E ENTREGA DE VOTOS
19:00 ENTREGA DE PREMIOS NO MESON "O PEDRIDO" 21.00 CEA 23.00 CONCERTAZO DE "ALFEIZAR" GRANDIOSO GRUPO DE MUSICA LIRICA COMARCAL
Non vos olvidedes do voso disfraz, camiseta, atuendo distintivo...
Esto É ONDALONGA V PARTE |
Ler máis...
|
Xoves, 06 Novembro 2014 23:10 |
Presentámosvos o documental sobre o Festival Ondalonga 2013 realizado por Jesús Busto e que xusto coincide coa convocatoria para esta fin de semana. A millor maneira de quentar motores pra prepararnos para as ondas que se aveciñan. Este documental recolle as millores imaxes e momentos do ano pasado. Un gran traballo dun gran amigo. |
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 6 de 24 |