Vídeo profile de Néstor Martínez, rider de Ferrolterra e un dos mellores sobre un 9 pés, con imaxes de varias sesións recientes. Casal dos ovos Productions 2013. Edición de Nordeslizamento.com
O OndaLonga 2013 xa conta con máis de 80 participantes inscritos pra gozar do millor evento de longueirón da nosa costa organizado por Galegos Asociados Polo Longboard. O obxetivo deste ano é superar o cento de longs na auga e pasar un bo día na praia do Pedrido.
Nova convocatoria do OndaLonga, o mellor festi galego de longboard, que vai ter lugar na praia de Ponte Pedrido cun periodo de espera de varias findes durante os meses de Outobro, Novembro e Decembre. Agardamos que as condicións este ano sexan boas e poidamos desfrutar dun bo espectáculo na onda máis longa da nosa costa.
Máis de medio cento de riders de toda Galiza, Asturies e diferentes partes do Estado acudiron este pasado sábado a Malpica pra participaren na segunda xuntanza de long na praia de Canido. O evento contou con ondas de medio metro un pouco tocadas polo vento pero con suficiente forza como pra surfear tal e como demostraron os indios e vaqueros disfrazados que entraron xuntos na agua.
Pola noite entrega de trofeos ao mellor bigote e tamén houbo churrasco e boa música do grupo 'Los Simios' xusto diante do Bar Submarino ata ben entrada a noite. Esperamos que este evento teña continuidade e podamos asistir de novo pra pasar un bo día con amigos e sen competición nunha xornada na que o máis importante é pasalo ben.
O vindeiro 7 de Septembro podedes acudir a II Quedada Loggers en Malpica de Bergantiños na que podedes longuear ó estilo Log, xantar productos típicos da Costa da Morte e pola noite churrasco e concerto. Este ano a temática será de vaqueros e indios para os disfraces na sesión de entroido surfeira que terá lugar na praia de Area Maior.
Fermoso vídeo de Long gravado por Mikey Corkey de viaxe pola costa europea e que nesta entrega mostran a beleza de Asturies e Galiza con imaxes de praias como Salinas e Soesto. 100% Longboard.
Fermoso vídeo do pasado Salinas Classic Invitational 2013 que contou con moitos riders da nosa costa entre os asistentes ao evento e a Dani Alvite entre os competidores na auga. Vídeo feito por Suso Ben e TSP - The Surfeiros Piratas